Inicio da temporada 2008-2009

Este ano contamos outra vez con 7 equipos en competición.

3ª REXIONAL

O equipo de Afeccionados de 3ª Rexional comeza a súa andaina este próximo domingo ás 4 e media da tarde no Campo Municipal de Campaña contra o equipo do Ribasar. Moita sorte nesta nova tempada.

XUVENIL

Tamén o equipo Xuvenil adestrado por “Polo” e “Cacharrito” debutará este sábado as 4 e media da tarde en Campaña, contra o Val do Ulla. Imos a pola Liga.

FUTBOL SALA FEMININO: PROVINCIAL

O Fútbol Sala Feminino de categoría provincial comezou a competición fai dúas semanas. Debutaron diante do Sobrado dos Monxes, colleitando unha derrota por 8 a 1 (gol de Bibiana), que se lle pode atribuir a inexperiencia. Sen embargo no segundo partido disputado en Esteiro contra o Esteirana as nosas rapazas colleitaron a súa primeira victoria cun bonito gol de Chus por 0-1. O ambiente nas gradas foi espectacular, cunha gran afluencia de público valgués que animaron o choque. A defensa “en cuña” ideada en conxunto polas xogadoras e o adestrador Peke funcionou ás mil maravillas, contando ademais cunha gran actuación da porteira Sheila.  No próximo partido o Furia debutará como local no Pavillón de Beiro, o sábado 4 ás 7 da tarde ante un difícil rival como é o Brión que é o 2º clasificado. Animamos a afección a acudir a este encontro.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

2 thoughts on “Inicio da temporada 2008-2009

  1. Primicia para o próximo Marca q se publique. “El ex-jugador del Furia Dani D intenta conseguir el record guiness de dominadas en la modalidad de vigueta de la viña”

    Por certo, informanme da axencia Efe desta primicia : ” Ovi Two pide paso en el centro del campo del Furia “

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *