XORNADA DO 25 E 26 DE OUTUBRO

XORNADA DO 25 E 26 DE OUTUBRO

EQUIPO AFECCIONADOS: FURIA-CARCACÍA

Como xa saberedes, o partido que se debía disputar en Carcacía entre o equipo local e o Furia, suspendeuse debido ó tráxico acontecemento da morte do fillo do presidente do Carcacía, Adán, nun accidente de circulación. Dende tódolos estamentos do noso clube (directiva, xogador@s, afecccionad@s, e masa social) queremos mostrarlle o noso apoio a toda a masa social deste clube amigo, e sobre todo á súa familia. A próximo domingo ás 4 da tarde os nosos mozos xogarán en Campaña contra o Rois.

FÚTBOL SALA FEMININO

Esta semana descansamos, pero o vindeiro sábado, ás 6 da tarde enfrontaranse nun interesante partido fronte ó Sada F.S.F., no Pavillón Municipal de Beiro.

XUVENÍS: MILLADOIRO-FURIA (7-3)

As baixas de Brais e Clá, condicionaron o choque. A pesar de que os nosos mozos marcaron tres goles a domicilio; saíron goleados nun partido tolo. Temos un moi bo equipo, pero parece que aínda non lle colleron ó ritmo á competición. Confiamos neles. O próximo sábado ás 4 da tarde enfróntanse ó Escravitude en Campaña, e esperemos que sexa o punto de inflexión para comezar a ascender postos na tabla e para coller moral e gañas para o que queda de temporada, xa que isto acaba de comezar.

CADETES: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-5)

Non puido ser. Non puido chegar a primeira victoria dos cadetes. A pesar do resultado o partido foi moi igualado. Pero a maior pegada dos de Bertamiráns acabou co resultado abultado. Sen embargo este próximo domingo pola mañán, en Cesures, ás 11 da mañán, os pupilos de Suso e Roni, terán outra oportunidade para demostrar a súa valía.

INFANTÍS

Xornada de descanso esta última. O próximo sábado, ás 11 da mañán, en Campaña, enfróntanse nun difícil compromiso. Chega o Dubra; uns dos equipos favoritos da competición, pero tamén unha pedra de toque para saber os verdadeiros obxetivos de Yupi, Lucas e compañía. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-AMES (0-10)

Primeira xornada de Liga e primeiro traspés dos nosos pequeniños. O equipo visitante era moi superior, pero os nosos fixeron todo o que puideron. Non importan os resultados nestas categorías, e o importante é que xoguen e disfruten do deporte. O próximo sábado, ás 3 da tarde enfróntanse en Pontecesures ós nosos veciños. Moitísima sorte a tódolos «pitufiños».

EQUIPO CADETE: FURIA-BERTAMIRÁNS

EQUIPO CADETE: FURIA-BERTAMIRÁNS

De pé (de esquerda a dereita): Cacharís-Presidente da Asociación de Peñas de Beijin-, Toño Carou- Presidente e non fai máis que chupar cámara-, Pó, David, Miquelino, Iván, Titovic, Gabriel, Suso B.-Adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Lucas, Serxio, Alex Barreiro, Paco, Alex Rial, Gasito, Noé, Adrián Casal.

EQUIPO BENXAMÍN: FURIA-AMES

EQUIPO BENXAMÍN: FURIA-AMES

De pé (de esquerda a dereita): Anxo, Antonio, Borja, Lois, Brais Galán.

Aniñados (de esquerda a dereita): Jonathan, Xabi, Serxio, Brais Martínez, Ricardinho.

XORNADA DO 18 E 19 DE OUTUBRO

XORNADA DO 18 E 19 DE OUTUBRO

EQUIPO AFECCIONADOS: FURIA-ESTUDIANTIL (2-1)

Gran victoria e gran partido do noso equipo fronte a un dos equipos que por presuposto e fichaxes vai loitar polo ascenso. Os dous equipos amosaron un fútbol que posiblemente sexa dunha categoría superior. O partido foi moi igualado, pero si algún equipo buscou a victoria con máis fé, ese foi o Furia. Na primeira metade o Estudiantil quedouse cun home menos ó ser expulsado o seu porteiro, despois de derrubar de maneira clara a «Perreta» dentro da área (aínda que o colexiado o sacou fora), cando se dirixía a marcar. Sen embargo o Furia, a pesar de dominar só dispuxo de dúas ocasións claras nos pés de «Paja» e Rubén. Na segunda metade o Furia meteu unha marcha máis, e froito desta presión chegou o golazo de Rubén, logo dun maxistral saque de falta que lle sirveu para estrenarse como goleador no noso clube. Pero despois nun minuto tolo o colexiado expulsou rigurosamente a Manolito, e na xogada seguinte a «Nena» despois de que éste parara coa man un balón que se dirixía a gol. O Furia quedábase con nove xogadores e o Estudiantil empataba de penalti; co que rompía tamén a imbatilidade de «Peixe» e do Furia. Pero o Furia, votoulle casta e consigueu marcar logo dun penalti clarísimo cometido polo porteiro camerunés dos visitantes cando «Perreta» se dirixiá a marcar, coa conseguinte expulsión do meta. O penalti foi transformado por Tito. Logo o colexiado expulsaría aínda a outro xogador do equipo rival, por doble cartón marelo. O final foi agónico xa que o árbitro descontou de forma incomprensible 9 minutos. Ó final o Furia levouse os tres puntos que o colocan como líder da categoría. O próximo domingo, temos outro partido vital; xa que visitamos ó Carcacía, outro dos candidatos a loitar polo ascenso e pola liga esta temporada. Moita sorte.

XUVENÍS: FURIA-A GOLADA(3-2)

Partido extraño o celebrado o sábado pola tarde polos nosos mozos en Campaña. Si na primeira parte déronlle un bandexo ó equipo rival; marcando tres goles e podendo facer moitos máis (goles de Ferro, Adriansinho e Pablo Busto), na segunda saíron tan relaxados que case lles costa perder os tres puntos en xogo. De tódolos xeitos a primeira victoria subíu ó noso casilleiro, o que lles debe dar un impulso moral importante. O próximo partido os Xuvenís xogan a domicilio fronte ó Milladoiro. Imos a pola victoria.

FEMININO FÚTBOL SALA: FURIA-BOQUEIXÓN (1-5)

A pesar do que poida parecer polo resultado, o partido foi bastante igualado. Logo dun retraso de case 1 hora por culpa do retraso dos colexiados, as nosas rapazas demostraron ante un dos galiños da categoría que cada día van a máis e que pouco a pouco lle van collendo o aire á categoría. Pronto chegarán máis resultados positivos. O gol das nosas foi moi fermoso e marcado por Vanesa. O equipo acusou a baixa da porteira «Sheila»; pero todas as que saltaron á pista fixeron un gran papel. A próxima xornada toca descanso

CADETES (Descansaron)

Esta semana o equipo de Titovic e compañía descansaron. O vindeiro sábado xogarán o seu segundo encontro de liga en Campaña, as 12 da mañán fronte o difícil Bertamiráns. Moita Sorte.

INFANTÍS (Descansaron)

Os Infantís volven a descansar a vindeira xornada.

BENXAMÍNS

O vindeiro sábado ás 3 da tarde en Campaña, comeza a liga dos nosos pequechiños. Esperemos que o pasen moi ben e que se divirtan; que en eso consisten as competicións nestas categorías

EQUIPO AFECCIONADO: PARTIDO CONTRA O ESTUDIANTIL

EQUIPO AFECCIONADO: PARTIDO CONTRA O ESTUDIANTIL

De pé (de esquerda a dereita): Toño Carou-presidente e delegado-, Martín-adestrador-, Tito, Nino, Moncho,Rubén «polinho», Martín Carou, Patxi, Liluuu, Micky, Manolitinho, Peixe.

Aniñados (de esquerda a dereita): Roberto «Paja», Perreta, Cassano, Nena, Rañó, Rañosinho, Dudú-polaco-, Flores, Nevero.

Enquisa

Enquisa

Sorry, there are no polls available at the moment.
EQUIPO XUVENIL DO SÁBADO 18 DE OUTUBRO

EQUIPO XUVENIL DO SÁBADO 18 DE OUTUBRO

De pé(de esquerda a dereita): Toño Carou-presidente-, Carlinhos o Bicho, Klá, Poíño, Pablo Busto, A. Ferro, Xoan Carlos, Ovitú, Polo-adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Kike Rosío, Pepe, Malekinho, Borja, Pipe, Adriánsinho, Pascolo.

Portada

Portada

Xornada do 11 e 12 de Outubro

Xornada do 11 e 12 de Outubro

EQUIPO AFECCIONADOS: 3ª AUTONÓMICA

Chegou a primeira victoria do equipo de maiores na segunda xornada da Liga. Foi a domicilio fronte ó Lestedo por cero goles a 1. O equipo de Mac deu mostras durante todo o encontro da súa superioridade. Así xa na primeira metade contou polo menos con cinco ocasións claras de gol nos pés de «Flores», «Polinho» e tamén «Rañosinho» que rematou ó longueiro. Sin pasar apuros en defensa, o Furia con paciencia sigueu buscando o gol na segunda parte. O gol non chegaba e comezaban a chegar os nervos; pero no minuto 75, unha xogada polémica na que «Lilu» loitou o balón, o rexeite chegoulle a «Casano» que rematou a porta baleira, conseguindo o gol que valeu os tres puntos. Dende ese momento ata o final nervos e máis nervos, pero a boa defensa e o bo facer de «Peixe» (que continúa coa súa porta a cero), conseguiron manter o resultado. Hai que destacar de tódolos xeitos o desastroso labor do colexiado para os dous equipos, e nun partido sen ningún problema expulsou a cinco xogadores. Dous por parte do Lestedo e tres por parte do Furia: «Lilu», por doble cartón marelo; «Nevero», por facer unha falta sendo o último home; e «Alvaro», por encararse cun contrario. É esta a única pega do partido. Hai que destacar os debuts de «Polinho» e de «Rañó» que causaron unha moi boa impresión, ó igual que todo o equipo; aínda que siguen sen estar finos de cara ó gol. Fixo un moi bo partido tamén Tito que loitou moito e púxolle a nota de calidade. Tamén comentar que Manolito retirouse lesionado no minuto 20 por unha forte dor no seu nocello dereito. O próximo partido do Furia será en Campaña o vindeiro domingo ás 4 e media da tarde, contra o líder nestes momentos da categoría: O Estudiantil. Un equipo que ten o maior presuposto da categoría e que vai loitar ó igual que o Furia polo ascenso de categoría. É o partido destacado da xornada, e esperemos que sexa positivo para o Furia, porque é moi importante.

XUVENÍS: 2ª AUTONÓMICA

Non puido ser, o equipo xuvenil colleitou unha nova derrota en Bastavales. A pesar de que xogaron un bo partido, a mala sorte impediu que o equipo sacara algo positivo. O gol de «Pó», non impediu a derrota por 2 a 1. Este resultado non fai que os ánimos dos rapaces decaia que intentarán comenzar a remontar postos na clasificación derrotando no próximo encontro a A Golada; que visita Campaña o vindeiro sábado ás 4 e media da tarde. Ánimo e sorte.

CADETES: 2ª AUTONÓMICA

Comezou a Liga de Cadetes. Os nosos tiñan unha difícil visita ó equipo do Milladoiro. Isto unido ás innumerables baixas coas que contaba o equipo fixo que o equipo dirixido por Suso e «Ronaldinho», colleitara unha derrota. O resultado final de 5 a 0, é enganoso, porque o partido foi bastante igualado, pero as contras sorprenderon á defensa do Furia. Seguro que non perderán á moral por este contratempo, e que no próximo partido o resultado será outro. Sen embargo haberá que esperar para sabelo, xa que este fin de semana os cadetes descansan.

INFANTÍS: 2ª AUTONÓMICA

Mal inicio para os infantís. No partido celebrado o pasado sábado pola mañan, o Bastavales deu boa conta do equipo do Furia. O resultado de 0 a 4, fala ben as claras da superioridade do equipo visitante. Sen embargo, o Furia tivo as súas oportunidades, aínda que non soubo aproveitalas. Seguro que as cousas cambiarán no futuro. Tamén descansan este fin de semana.

FÚTBOL SALA FEMININO: 1ª PROVINCIAL

Este fin de semana, as nosas mulleres descansaron. O vindeiro sábado xogarán outra vez como locais no Pavillón Municipal de Cordeiro, fronte a un difícil rival: o Boqueixón; que está nos postos altos da clasificación. Pero ó ánimo do equipo e dar a primeira alegría a afección na casa. O partido xogarase ás 7 da tarde. Sorte.

Equipo Infantil 2008-2009

Equipo Infantil 2008-2009

.

De pé (de esquerda a dereita): Xosé Manuel, Josiño, Yonis, Casano-adestrador-, Alex, Adrían, Lucas Campaña.

Aniñados (de esquerda a dereita): Melanie, Manu Busto, Curros, Samuel, Yupi, Lucas Lestido, Noé.