XORNADA DO 25 E 26 DE OUTUBRO

28 de Outubro de 2008 por furiaac

EQUIPO AFECCIONADOS: FURIA-CARCACÍA

Como xa saberedes, o partido que se debía disputar en Carcacía entre o equipo local e o Furia, suspendeuse debido ó tráxico acontecemento da morte do fillo do presidente do Carcacía, Adán, nun accidente de circulación. Dende tódolos estamentos do noso clube (directiva, xogador@s, afecccionad@s, e masa social) queremos mostrarlle o noso apoio a toda a masa social deste clube amigo, e sobre todo á súa familia. A próximo domingo ás 4 da tarde os nosos mozos xogarán en Campaña contra o Rois.

FÚTBOL SALA FEMININO

Esta semana descansamos, pero o vindeiro sábado, ás 6 da tarde enfrontaranse nun interesante partido fronte ó Sada F.S.F., no Pavillón Municipal de Beiro.

XUVENÍS: MILLADOIRO-FURIA (7-3)

As baixas de Brais e Clá, condicionaron o choque. A pesar de que os nosos mozos marcaron tres goles a domicilio; saíron goleados nun partido tolo. Temos un moi bo equipo, pero parece que aínda non lle colleron ó ritmo á competición. Confiamos neles. O próximo sábado ás 4 da tarde enfróntanse ó Escravitude en Campaña, e esperemos que sexa o punto de inflexión para comezar a ascender postos na tabla e para coller moral e gañas para o que queda de temporada, xa que isto acaba de comezar.

CADETES: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-5)

Non puido ser. Non puido chegar a primeira victoria dos cadetes. A pesar do resultado o partido foi moi igualado. Pero a maior pegada dos de Bertamiráns acabou co resultado abultado. Sen embargo este próximo domingo pola mañán, en Cesures, ás 11 da mañán, os pupilos de Suso e Roni, terán outra oportunidade para demostrar a súa valía.

INFANTÍS

Xornada de descanso esta última. O próximo sábado, ás 11 da mañán, en Campaña, enfróntanse nun difícil compromiso. Chega o Dubra; uns dos equipos favoritos da competición, pero tamén unha pedra de toque para saber os verdadeiros obxetivos de Yupi, Lucas e compañía. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-AMES (0-10)

Primeira xornada de Liga e primeiro traspés dos nosos pequeniños. O equipo visitante era moi superior, pero os nosos fixeron todo o que puideron. Non importan os resultados nestas categorías, e o importante é que xoguen e disfruten do deporte. O próximo sábado, ás 3 da tarde enfróntanse en Pontecesures ós nosos veciños. Moitísima sorte a tódolos “pitufiños”.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.4/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

EQUIPO CADETE: FURIA-BERTAMIRÁNS

28 de Outubro de 2008 por furiaac

De pé (de esquerda a dereita): Cacharís-Presidente da Asociación de Peñas de Beijin-, Toño Carou- Presidente e non fai máis que chupar cámara-, Pó, David, Miquelino, Iván, Titovic, Gabriel, Suso B.-Adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Lucas, Serxio, Alex Barreiro, Paco, Alex Rial, Gasito, Noé, Adrián Casal.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 4.1/10 (7 votes cast)

Posteado enResultados | 2 Comments »

EQUIPO BENXAMÍN: FURIA-AMES

28 de Outubro de 2008 por furiaac

De pé (de esquerda a dereita): Anxo, Antonio, Borja, Lois, Brais Galán.

Aniñados (de esquerda a dereita): Jonathan, Xabi, Serxio, Brais Martínez, Ricardinho.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.3/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan