XORNADA DO 25 E 26 DE OUTUBRO

EQUIPO AFECCIONADOS: FURIA-CARCACÍA

Como xa saberedes, o partido que se debía disputar en Carcacía entre o equipo local e o Furia, suspendeuse debido ó tráxico acontecemento da morte do fillo do presidente do Carcacía, Adán, nun accidente de circulación. Dende tódolos estamentos do noso clube (directiva, xogador@s, afecccionad@s, e masa social) queremos mostrarlle o noso apoio a toda a masa social deste clube amigo, e sobre todo á súa familia. A próximo domingo ás 4 da tarde os nosos mozos xogarán en Campaña contra o Rois.

FÚTBOL SALA FEMININO

Esta semana descansamos, pero o vindeiro sábado, ás 6 da tarde enfrontaranse nun interesante partido fronte ó Sada F.S.F., no Pavillón Municipal de Beiro.

XUVENÍS: MILLADOIRO-FURIA (7-3)

As baixas de Brais e Clá, condicionaron o choque. A pesar de que os nosos mozos marcaron tres goles a domicilio; saíron goleados nun partido tolo. Temos un moi bo equipo, pero parece que aínda non lle colleron ó ritmo á competición. Confiamos neles. O próximo sábado ás 4 da tarde enfróntanse ó Escravitude en Campaña, e esperemos que sexa o punto de inflexión para comezar a ascender postos na tabla e para coller moral e gañas para o que queda de temporada, xa que isto acaba de comezar.

CADETES: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-5)

Non puido ser. Non puido chegar a primeira victoria dos cadetes. A pesar do resultado o partido foi moi igualado. Pero a maior pegada dos de Bertamiráns acabou co resultado abultado. Sen embargo este próximo domingo pola mañán, en Cesures, ás 11 da mañán, os pupilos de Suso e Roni, terán outra oportunidade para demostrar a súa valía.

INFANTÍS

Xornada de descanso esta última. O próximo sábado, ás 11 da mañán, en Campaña, enfróntanse nun difícil compromiso. Chega o Dubra; uns dos equipos favoritos da competición, pero tamén unha pedra de toque para saber os verdadeiros obxetivos de Yupi, Lucas e compañía. Moita sorte.

BENXAMÍNS: FURIA-AMES (0-10)

Primeira xornada de Liga e primeiro traspés dos nosos pequeniños. O equipo visitante era moi superior, pero os nosos fixeron todo o que puideron. Non importan os resultados nestas categorías, e o importante é que xoguen e disfruten do deporte. O próximo sábado, ás 3 da tarde enfróntanse en Pontecesures ós nosos veciños. Moitísima sorte a tódolos “pitufiños”.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *