Noticia de última hora: ¿Será Manuel Lafuente o próximo central do Real Madrid?

Xornada do 22 e 23 de Novembro

Xornada do 22 e 23 de Novembro

AFECCIONADOS: (DESCANSO).

A próxima semana volven a actividade. Xogan contra o último clasificado: o Urban. Un equipo novo, pero que os nosos non deben infravalorar, e saír a gañar o partido dende o inicio. O partido será o domingo ás 4 da tarde no Campo Municipal de Santa Isabel en Santiago.

FÚTBOL SALA FEMININO: FISOBER-FURIA (9-0)

Non puido ser. O 3º clasificado da Liga arrollou ás nosas sobre todo na primeira metade (6-0). Ademáis diso o Furia non fixo un bo partido e iso notouse. O próximo sábado teñen unha boa oportunidade para darlle unha alegría a afección xa que xogan ante as últimas clasificadas: O Pino. Pero ó igual que os seus homónimos masculinos, non se poden fiar e teñen que saír a por todas. O encontro disputarase no Pavillón de Beiro, o sábado ás 7 da tarde. Sorte.

XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (5-4)

Non puido ser. Os nosos tiveron moi mala sorte. A un inicio de partido esperanzador poñéndose por diante no marcador seguíronlle uns minutos desastrosos e de descontrol onde o equipo contrario aproveitou para poñerse 4-1 arriba no marcador. Pero coa garra e as gañas dos nosos conseguiron empatar o encontro. Os goles de Ferro (2), Klá e Diego Fernando daban chance ós chavales, que buscaron con valentía a victoria. Así na penúltima xogada do encontro, unha internada de Ferro; que foi cortada en falta moi clara; acabou nunha falta mal executada; e no conseguinte contragolpe xa nos minutos de desconto o San Mamede conseguía o gol da victoria que non facía xustiza ó visto no terreo de xogo. Pero o fútbol é así; e os nosos mozos teñen que aprender destes xogadas da fortuna futbolística. O próximo sábado, ás 4 da tarde tentarán resarcirse, no partido que os enfrentará ó Dodro, no campo de Campaña.

CADETES: FURIA-VAL DO ULLA (0-3)

Enormes. Un partidazo dos chavales de Suso B. e Roni. Fixéronlle fronte ó líder de maneira asombrosa. Gran partido de todos os xogadores: David, Gasito, Titovichenko, Adrían Casal, Pó, Gabriel e compañía, deron unha auténtica lección de pundonor e de que poden facer moitas cousas esta temporada si siguen así e si a sorte e os arbitraxes os acompañan. Porque iso é outra. Logo de ir ó descanso con 0-0, e de incluso ter varias oportunidades claras por medio de Yupi, e Gasito no inicio da segunda metade; o árbitro encargouse de desnivelar o choque. Primeiro pitou unha falta inexistente ó borde da área do Furia, que convirteu maxistralmente, eso si; o Val do Ulla.  O Furia sigueu atacando, o que sorprendía ó líder, e incluso Pó lanzou un tiro maxistral ó pau. Máis tarde, o colexiado volveuse erixir en protagonista, ó non asubiar o clarísimo fora de xogo no segundo gol do equipo visitante. Isto non rompeu a moral dos nosos, que seguiron loitando. Xa nos últimos minutos, e logo dunha falta de escándalo dun atacante sobre Quique Rosío, o árbitro acabou pitando penalti, o que supuxo o definitivo 3-0. A guinda da mala actuación arbitral, púxoa o colexiado pitando o final do encontro con 10 minutos de antelación para sorpresa de propios e extraños. Un día malo teno calquera. Ademáis esto último, fixo que Gabriel non dispuxera dos minutos necesarios para demostrar as súas cualidades como dianteiro. Ademáis e según rumores, puideron ser os últimos minutos do «Pelé da Devesa», xa que parece que ten un pre-contrato co Lobelle de cadetes. De tódolos xeitos e según as nosas fontes, a directiva en pleno está intentando que Gabriel poida continuar no equipo, compaxinando ámbalas dúas actividades. Gabriel merece este esforzo.  O próximo encontro será en Cacheiras, posiblemente o domingo ás 11 da mañá; aínda que este extremo está sen confirmar.

INFANTÍS: ESCLAVITUDE- FURIA (1-11)

Están en racha. O equipo capitaneado por Lucas Campaña «o da Montaña» (rima e todo), parece que lle colleu o tono á categoría e tamén ós plantexamentos modernistas de Cassano. Non tiveron rival no floxo Esclavitude e golearon sen piedade ós colistas da categoría. Cinco goles de Yupi (ou como xa o comezan a coñecer nos ambientes futboleros o «Raúl de Serneira»), catro do capitán do Rejenco, e outro de Alex Barreiro, e tamén outro de Samuel Castiñeiras; redondearon o marcador. Hai que destacar a enorme actuación da liña defensiva liderada por Adrián Casal e tamén con Yonis, Alex «Casa Vella» e Manu Busto; pero non podemos olvidar a enorme labor de todo o equipo: Josiño, Noé, Lucas Lestido, Samuel Curros, Melanie e Xosé Manuel. O próximo enfrontamento teñen un difícil compromiso ante o Bertamiráns, o sábado  en Campaña, as 11 da mañá; pero co estado de forma no que están todo é posible.

BENXAMÍNS: FURIA-CORDEIRO (2-6)

Desta volta o derbi foi favorable ós nenos do Cordeiro. Pese á gran actuación dos nosos «chilíns» non puideron nin co arbitraxe nin co rival. A pesar dos goles de Lois e Serxio Rico, a maior envergadura do rival fixo imposible outro resultado. Moi bo partido de todos e en especial do porteiro Borja Seco, que cada vez máis parece que sigue os pasos do seu proxenitor na portería. Tamén destacou a actuación de Anxo e de Xabi Martínez. A próxima semana descansan que ben merecido o teñen.

Xornada do 15 e 16 de novembro

Xornada do 15 e 16 de novembro

XUVENÍS: FURIA-CORDEIRO (2-1)

De pé (de esquerda a dereita): Cacharrito-adestrador, Ferro, Klá, Mambis, Rubén, Pó, Pablo Busto, Xoan, Borja, Polo-adestrador.

Aniñados (de esquerda a dereita): Pascolo, Carlos Potel, Diego Fernando, Pepé, Malekinho, Brais, Pipe, Adrián.

Enorme. Un partidazo. Un día precioso, afeccionados no campo, dous equipos entregados e o mellor: o resultado. Nun derbi como o do sábado quedámonos moi a gusto de gañarlle ó eterno rival. O Furia comezou perdendo, pero dous golazos de Pablo Busto déronlle a volta  ó marcador, xa na primeira metade. Na segunda o partido foi menos vistoso e a expulsión moi cedo de Rubén, déronlle folgos ó Cordeiro, pero os nosos aguantaron o resultado. Tres puntos importantísimos. Houbo algunhas incidencias extradeportivas, como que o árbitro tivo que votar fora do banquiño local a un grupo da coñecida peña «Os radicais da cantina». Tamén algúns incidentes por parte do adestrador e xogadores do Cordeiro, ó finalizar o encontro, contra o colexiado; porque non lles gustou a súa labor. Como diría alguén: hai que saber estar as duras e as maduras.  O próximo encontro en San Mamede, o sábado ás 6 e media da tarde. Unha oportunidade para tirar ata arriba.

AFECCIONADOS: DESCANSARON.

Tamén descansarán a próxima xornada.

CADETES: DESCANSARON.

Próximo domingo 23, xogarán as 11 da mañán en Campaña, contra o Val do Ulla. Esperemos que Gabriel e Titovichenko resolva o encontro.

INFANTÍS: FURIA-PONTECESURES (9-1)

Superioridade manifesta dos pupilos de Cassano e Flores. Xa se empeza a notar o seu traballo. Conseguen a primeira vitoria dunha maneira contundente. Tres goles de Lucas Campaña, dous de Lucas Lestido, dous de Yupi, e un de cada un dos irmáns Castiñeiras: Josiño e Samuel; deixaron claro o marcador final. O próximo sábado, ás 11 da mañá teñen outra oportunidade de conseguir un bo resultado na Esclavitude, ante o equipo local.

BENXAMÍNS: DODRO-FURIA (7-0)

A pesar do gran partido do porteiro Borja Seco, o Furia de pequeniños non puido arrancar nada positivo de Dodro. Tiveron varias ocasións pero a mala sorte impideu que marcaramos algún gol. Tampouco funcionou o cambio táctico de poñer a Ricardinho de lateral esquerdo como se esperaba. O próximo sábado haberá outra vez un gran derbi contra o Cordeiro, o sábado ás 3 da tarde en Campaña. Hai que animar ós pequechos, para conseguir a primeira victoria.

Fútbol sala feminino:Furia-Fame Negra (1-5)

Fútbol sala feminino:Furia-Fame Negra (1-5)

De pé (de esquerda a dereita): Sheila, Laura «Tapi», Laurinha, Lucía, Pili, Vanesa.

Aniñadas (de esquerda a dereita): Cristina, Peixinha, Bea, Mari. Faltan Chus e Bibi.

Unha mágoa. O resultado non indica a igualdade que houbo ó longo de todo o encontro. Tanto é así que o resultado no descanso era de empate a 1. E a falta de 6 minutos, co resultado de 1-2, Bea nunha gran xogada de todo o equipo, mandou un tiro ó pau. Unha xogada que puido poñer o empate no marcador, e que no contragolpe, supuxo o 1-3 para o equipo visitante. Logo as nosas foron á desesperada e foi así como encaixaron dous goles máis ó contraataque nos últimos minutos. Foi un pau moi duro que baixou a moral das nosas xogadoras; pero que si siguen así os resultados non tardarán en chegar. Destacar á actitude antideportiva dalgunha das xogadoras do Fame Negra que ante a falta de calidade, utilizaron a violencia no terreo de xogo. Unha violencia que debeu terminar con algunha delas na caseta. O próximo encontro será en Vimianzo contra o Fisober (3º clasificado), o sábado pola tarde a unha hora aínda sen confirmar. Moita sorte.

Fotos Furia-Cordeiro xuvenís

Fotos Furia-Cordeiro xuvenís


Afeccionad@s e xogadores do Furia no partido contra ó Cordeiro. Podedes ver máis na sección Fotos.

Fotos Praíña-Furia

Fotos Praíña-Furia


Afeccionad@s e xogadores do Furia no partido en Praíña: 9-11-08. Podedes ver máis na sección Fotos.

XORNADA DO 8 E 9 DE NOVEMBRO

XORNADA DO 8 E 9 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS: PRAÍÑA-FURIA (2-2)

Enorme o partido que se vivíu o domingo pola tarde no campo de Reis. Dous equipos entregados, nun terreo de xogo moi enlamado, que fixeron vibrar ós siareir@s dos dous equipos. O Furia dominou durante todo o encontro facendo un xogo moi ofensivo e con moitísimas ocasións de gol. Pero en dúas xogadas puntuais (unha a balón parado e outra nun fallo da defensa garrafal- debido en parte ó estado do campo-) fixeron que o Praíña fose ó descanso cunha vantaxe de dous goles a cero. O Furia dispuxo nesta primeira metade de polo menos catro ocasións clarísimas de gol, pero non as materializou. Lonxe de desanimarse, os nosos saíron con gañas e en só un minuto, primeiro Manolito (cun auténtico golazo) e Rubén cunha gran xogada de todo o equipo puxeron as táboas no marcador ós 15 minutos. O Furia veuse aínda máis arriba e tivo innumerables ocasións para adiantarse, ( e incluso houbo polo menos dous penaltis claros que o colexiado non veu ou non quixo pitar), pero o resultado de 2 a 2 foi definitivo. Tamén hai que destacar o xogo do Praíña que demostrou que o de estar nos últimos postos da clasificación é circunstancial porque teñen un bo equipo e tamén puideron gañar o partido no último minuto pero Peixe fixo unha parada espectacular nun man a man co que se plantou o dianteiro dos locais, logo dunha contra. Hai que destacar a loita, a entrega e o bo xogo de todo o equipo; pero si temos que destacar a alguén sería a Micky, que fixo un partido inconmensurable. Esta semana o equipo descansa na liga; e estamos pendentes da disputa dun gran partido amistoso contra a Selección Galega de Xordos; pero que aínda está sen confirmar.

FÚTBOL SALA FEMININO: XERFA-FURIA (5-1)

Non teñen sorte as nosas rapazas. Fixeron un moi bo partido no Burgo, na Coruña; con moitas ocasións de gol; pero a mala sorte e algunhas decisións arbitrais (que estiveron desastrosas e moi caseras) fixeron que o noso equipo voltase sen nada positivo. Moi bo partido de tódalas rapazas. O gol das nosas foi marcado por  Vanesa aproveitándose dun tiro magnífico de Mari que rexeitou a porteira. O próximo sábado, en Beiro, reciben ó Fame Negra de Carral-A Coruña, ás 7 da tarde. Pode ser unha moi boa ocasión para conseguir a primeira victoria na casa e darlle unha alegría a afección.

XUVENÍS: AMES-FURIA (1-3)

Xa era hora. O equipo dos nosos mozos parece que empeza a carburar. Dous golazos de Pascolo (que é o máximo artilleiro do equipo e está a ser a revelación deste inicio de campionato) ó máis puro estilo Xulio Salinas, e un máis de Brais (dende o punto de penalti); fixeron xustiza á gran superioridade no encontro do Furia. Gran partido de todos eles que parece que van a máis e que empezan a ir para arriba. O próximo sábado, ás 4 da tarde en Campaña; outra pedra de toque importante, e ademáis é un derbi, xa que nos visita o Cordeiro. Esperemos que as condicións climatolóxicas nos deixen disfrutar dun gran encontro de fútbol. Ademáis a atención vai estar centrada nos banquiños, xa que todo o mundo está desexando ver o duelo entre Polo-Cacharrito e Oscar Xil-Manolo do Xastre.

CADETES: FURIA-X. OROSO (4-6)

Unha mágoa. Gran partido, con moitos goles e moito espectáculo. O Furia (que sempre foi a remolque no marcador), pelexou ata o final por conseguir algo positivo, pero non puido ser. De tódolos xeitos o numeroso público congregado, premiou cunha ovación ós dous equipos polo festival de xogo.  Dous goles de Gasito (máximo artilleiro), outro de Iván Potel e un máis do incombustible Titovichenko, fixeron que o Furia acariñase algún punto. Esta semana descansan, para repoñer forzas. ¿Irán concentrados a un balneario en Baños de Molgas?

INFANTÍS: SP. ESTRADA- FURIA (4-0)

Superioridade do equipo da Estrada. Aínda así, os nosos foron cun resultado esperanzador ó descanso de 1-0. Gozaron de varias oportunidades, por medio de Yupi Hei, e de Lucas; pero o equipo rival sentenciou ó contragolpe. Por primeira vez o corpo técnico dos infantís ó completo foi ó encontro, e ademáis do sempiterno Xavi Cotón, tamén estiveron no campo, o segundo Flores; o adestrador de porteiros Xosé Bodaño; e o coordinador da categoría infantil Manuel Núñez. O próximo encontro disputarano en Campaña, fronte ós nosos viciños de Pontecesures. Boa oportunidade para conseguir a primeira victoria.

BENXAMÍNS: FURIA-DUBRA (2-12)

Partido arbitrado por un afeccionado do Dubra e iso notouse no resultado final. Bo partido, a pesar do que parece indicar o marcador, dos nosos chilíns. Dous golazos de Serxio Rico, maquillaron o resultado, ante un equipo que se amosou moi superior. Próximo partido en Dodro, o sabado. Seguro que van a colleitar un bo resultado.

XORNADA DO 1 E 2 DE NOVEMBRO

XORNADA DO 1 E 2 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS: FURIA-ROIS (1-1)

Mal partido o disputado o domingo pola tarde polos nosos maiores. Aínda que durante todo o encontro o Furia foi moi superior ó rival, a falta de gol, e a actitude un pouco «pasota» dos xogadores; fixo que no tempo de desconto no único achegamento do Rois á nosa área conseguiran un empate que tirou por terra dous importantes puntos. Despois do gol de Rubén, na primeira metade, o Furia puido sentenciar; pero fóronse deixando levar, e a falta de ambición propiciou o que a grada xa comezaba a cheirar. Menos mal que o resto dos resultados non foron malos e seguimos estando nos postos altos da clasificación, a un solo punto do líder. Cabe destacar unha xornada máis a labor de Tito, que foi o único que parecía que lle poñía gañas ó encontro e vía a importancia do mesmo. Esperemos que fose un día malo e que o próximo domingo en Praíña retomen a senda da victoria; porque sería moi importante conseguir tres puntos antes do descanso. O partido celebrarase (supoñemos as 4 da tarde). Afección: hai que apoiar ó equipo o domingo.

FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-SADA (0-6)

Mal partido tamén das nosas rapazas. Ante o terceiro equipo da clasificación, xogaron posiblemente o peor partido do que levamos de temporada. Si no primeiro tempo dominaron o xogo, dúas accións moi puntuais permitiron as xogadoras visitantes poñerse con dous goles de vantaxe; aínda que o xogo que o Furia desplegou nese período deixaba as portas abertas á remontada. Pero na segunda metade viñéronse abaixo e fixeron un xogo moi malo. Esto reflexouse no marcador final con catro goles máis das de Sada. O vindeiro sábado desplazaranse á Rutis-Vilaboa (A Coruña), onde xogarán contra a Xerfa ás 7 da tarde.

XUVENÍS: FURIA-ESCLAVITUDE (2-2)

Unha vez máis, parece que a sorte lles é esquiva ós nosos mozos. Despois dunha gran primeira metade, onde un gol de Pascolo puxo por diante ó Furia; e de ter controlado o xogo durante a segunda parte; uns últimos minutos fatídicos déronlle vantaxe ó Esclavitude. Gracias, que na última xogada do encontro, xa no desconto, un gol de Maleco cun testarazo incrible a centro de Carlos Potel, puxo as tablas no marcador. Un resultado inxusto, pero que polo menos nos deixou bo sabor de boca. O próximo sábado, as 4 da tarde no campo de Cobas-Ames, teñen unha nova  oportunidade para encaramarse pouco a pouco ós postos altos da clasificación.

CADETES: PONTECESURES-FURIA (2-2)

Primeiro punto do equipo de cadetes despois de dous anos. Gran resultado. Si ben na primeira parte o equipo de Suso e Roni, perdían por dous a cero; cunha primeira parte para olvidar; na segunda metade puxéronse as pilas e primeiro Gasito e nos últimos minutos David de Moncha, conseguiron empatar o encontro e incluso fixeron méritos para levarse os tres puntos. Notouse moito a baixa de última hora de Gabriel por problemas intestinales, e tamén que Pó se lesionou ós 10 minutos da primeira metade. Gran partido de Titovic (Titovichenco por parte dos seus antepasados rusos), que cando colleu o mando do centro do campo na segunda metade o equipo notouno: foi un partido que non o firmaría nin Diarrá. O próximo partido xogan en Campaña, o domingo ás 11 da mañá, contra o Xuventude Oroso. Esperemos que xa estén recuperados Gabriel e Luis.

INFANTÍS: FURIA-DUBRA (2-2)

Enorme o partido dos infantís. Ante un dos teóricos galiños da categoría, firmaron un excelente encontro que foron gañando ata ó último minuto, onde unha decisión arbitral discutible (cunha falta máis que evidente sobre o noso porteiro Curros), permitiulle ó Dubra empatar, nunha xogada embarullada na área. Os golazos de Lucas d´Montaña e Yupi-Hei, non chegaron para conseguir a primeira victoria. De tódolos xeitos vimos un equipo moi armado e disciplinado, onde xa se comeza a notar moito a man dos místers, Cassano e Flores. O próximo sábado, as dez e media da mañán, desplazaranse á Estrada para medirse ó Sporting.

BENXAMÍNS: PONTECESURES-FURIA (9-0)

Unha mágoa. Logo dunha primeira parte disputada (1-0) e cunha xogada moi clara de gol por parte de Serxio Rico; os errores arbitrais (non sabía a regra do fora de xogo) desmantelaron a moral dos nosos pequeniños. Hai que decir que o Cesures tamén fixo un bo partido. Ademáis tamén notaron a ausencia do adestrador Diego Fernando, que non puido estar con eles por problemas deportivos. O próximo encontro disputarano en Campaña, as tres da tarde do sábado, contra o Dubra. ¡A ver si marcamos!