AFECCIONADOS: FURIA-ROIS (1-1)
Mal partido o disputado o domingo pola tarde polos nosos maiores. Aínda que durante todo o encontro o Furia foi moi superior ó rival, a falta de gol, e a actitude un pouco «pasota» dos xogadores; fixo que no tempo de desconto no único achegamento do Rois á nosa área conseguiran un empate que tirou por terra dous importantes puntos. Despois do gol de Rubén, na primeira metade, o Furia puido sentenciar; pero fóronse deixando levar, e a falta de ambición propiciou o que a grada xa comezaba a cheirar. Menos mal que o resto dos resultados non foron malos e seguimos estando nos postos altos da clasificación, a un solo punto do líder. Cabe destacar unha xornada máis a labor de Tito, que foi o único que parecía que lle poñía gañas ó encontro e vía a importancia do mesmo. Esperemos que fose un día malo e que o próximo domingo en Praíña retomen a senda da victoria; porque sería moi importante conseguir tres puntos antes do descanso. O partido celebrarase (supoñemos as 4 da tarde). Afección: hai que apoiar ó equipo o domingo.
FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-SADA (0-6)
Mal partido tamén das nosas rapazas. Ante o terceiro equipo da clasificación, xogaron posiblemente o peor partido do que levamos de temporada. Si no primeiro tempo dominaron o xogo, dúas accións moi puntuais permitiron as xogadoras visitantes poñerse con dous goles de vantaxe; aínda que o xogo que o Furia desplegou nese período deixaba as portas abertas á remontada. Pero na segunda metade viñéronse abaixo e fixeron un xogo moi malo. Esto reflexouse no marcador final con catro goles máis das de Sada. O vindeiro sábado desplazaranse á Rutis-Vilaboa (A Coruña), onde xogarán contra a Xerfa ás 7 da tarde.
XUVENÍS: FURIA-ESCLAVITUDE (2-2)
Unha vez máis, parece que a sorte lles é esquiva ós nosos mozos. Despois dunha gran primeira metade, onde un gol de Pascolo puxo por diante ó Furia; e de ter controlado o xogo durante a segunda parte; uns últimos minutos fatídicos déronlle vantaxe ó Esclavitude. Gracias, que na última xogada do encontro, xa no desconto, un gol de Maleco cun testarazo incrible a centro de Carlos Potel, puxo as tablas no marcador. Un resultado inxusto, pero que polo menos nos deixou bo sabor de boca. O próximo sábado, as 4 da tarde no campo de Cobas-Ames, teñen unha nova oportunidade para encaramarse pouco a pouco ós postos altos da clasificación.
CADETES: PONTECESURES-FURIA (2-2)
Primeiro punto do equipo de cadetes despois de dous anos. Gran resultado. Si ben na primeira parte o equipo de Suso e Roni, perdían por dous a cero; cunha primeira parte para olvidar; na segunda metade puxéronse as pilas e primeiro Gasito e nos últimos minutos David de Moncha, conseguiron empatar o encontro e incluso fixeron méritos para levarse os tres puntos. Notouse moito a baixa de última hora de Gabriel por problemas intestinales, e tamén que Pó se lesionou ós 10 minutos da primeira metade. Gran partido de Titovic (Titovichenco por parte dos seus antepasados rusos), que cando colleu o mando do centro do campo na segunda metade o equipo notouno: foi un partido que non o firmaría nin Diarrá. O próximo partido xogan en Campaña, o domingo ás 11 da mañá, contra o Xuventude Oroso. Esperemos que xa estén recuperados Gabriel e Luis.
INFANTÍS: FURIA-DUBRA (2-2)
Enorme o partido dos infantís. Ante un dos teóricos galiños da categoría, firmaron un excelente encontro que foron gañando ata ó último minuto, onde unha decisión arbitral discutible (cunha falta máis que evidente sobre o noso porteiro Curros), permitiulle ó Dubra empatar, nunha xogada embarullada na área. Os golazos de Lucas d´Montaña e Yupi-Hei, non chegaron para conseguir a primeira victoria. De tódolos xeitos vimos un equipo moi armado e disciplinado, onde xa se comeza a notar moito a man dos místers, Cassano e Flores. O próximo sábado, as dez e media da mañán, desplazaranse á Estrada para medirse ó Sporting.
BENXAMÍNS: PONTECESURES-FURIA (9-0)
Unha mágoa. Logo dunha primeira parte disputada (1-0) e cunha xogada moi clara de gol por parte de Serxio Rico; os errores arbitrais (non sabía a regra do fora de xogo) desmantelaron a moral dos nosos pequeniños. Hai que decir que o Cesures tamén fixo un bo partido. Ademáis tamén notaron a ausencia do adestrador Diego Fernando, que non puido estar con eles por problemas deportivos. O próximo encontro disputarano en Campaña, as tres da tarde do sábado, contra o Dubra. ¡A ver si marcamos!

