Xornada do 15 e 16 de novembro

Xornada do 15 e 16 de novembro

XUVENÍS: FURIA-CORDEIRO (2-1)

De pé (de esquerda a dereita): Cacharrito-adestrador, Ferro, Klá, Mambis, Rubén, Pó, Pablo Busto, Xoan, Borja, Polo-adestrador.

Aniñados (de esquerda a dereita): Pascolo, Carlos Potel, Diego Fernando, Pepé, Malekinho, Brais, Pipe, Adrián.

Enorme. Un partidazo. Un día precioso, afeccionados no campo, dous equipos entregados e o mellor: o resultado. Nun derbi como o do sábado quedámonos moi a gusto de gañarlle ó eterno rival. O Furia comezou perdendo, pero dous golazos de Pablo Busto déronlle a volta  ó marcador, xa na primeira metade. Na segunda o partido foi menos vistoso e a expulsión moi cedo de Rubén, déronlle folgos ó Cordeiro, pero os nosos aguantaron o resultado. Tres puntos importantísimos. Houbo algunhas incidencias extradeportivas, como que o árbitro tivo que votar fora do banquiño local a un grupo da coñecida peña «Os radicais da cantina». Tamén algúns incidentes por parte do adestrador e xogadores do Cordeiro, ó finalizar o encontro, contra o colexiado; porque non lles gustou a súa labor. Como diría alguén: hai que saber estar as duras e as maduras.  O próximo encontro en San Mamede, o sábado ás 6 e media da tarde. Unha oportunidade para tirar ata arriba.

AFECCIONADOS: DESCANSARON.

Tamén descansarán a próxima xornada.

CADETES: DESCANSARON.

Próximo domingo 23, xogarán as 11 da mañán en Campaña, contra o Val do Ulla. Esperemos que Gabriel e Titovichenko resolva o encontro.

INFANTÍS: FURIA-PONTECESURES (9-1)

Superioridade manifesta dos pupilos de Cassano e Flores. Xa se empeza a notar o seu traballo. Conseguen a primeira vitoria dunha maneira contundente. Tres goles de Lucas Campaña, dous de Lucas Lestido, dous de Yupi, e un de cada un dos irmáns Castiñeiras: Josiño e Samuel; deixaron claro o marcador final. O próximo sábado, ás 11 da mañá teñen outra oportunidade de conseguir un bo resultado na Esclavitude, ante o equipo local.

BENXAMÍNS: DODRO-FURIA (7-0)

A pesar do gran partido do porteiro Borja Seco, o Furia de pequeniños non puido arrancar nada positivo de Dodro. Tiveron varias ocasións pero a mala sorte impideu que marcaramos algún gol. Tampouco funcionou o cambio táctico de poñer a Ricardinho de lateral esquerdo como se esperaba. O próximo sábado haberá outra vez un gran derbi contra o Cordeiro, o sábado ás 3 da tarde en Campaña. Hai que animar ós pequechos, para conseguir a primeira victoria.

Fútbol sala feminino:Furia-Fame Negra (1-5)

Fútbol sala feminino:Furia-Fame Negra (1-5)

De pé (de esquerda a dereita): Sheila, Laura «Tapi», Laurinha, Lucía, Pili, Vanesa.

Aniñadas (de esquerda a dereita): Cristina, Peixinha, Bea, Mari. Faltan Chus e Bibi.

Unha mágoa. O resultado non indica a igualdade que houbo ó longo de todo o encontro. Tanto é así que o resultado no descanso era de empate a 1. E a falta de 6 minutos, co resultado de 1-2, Bea nunha gran xogada de todo o equipo, mandou un tiro ó pau. Unha xogada que puido poñer o empate no marcador, e que no contragolpe, supuxo o 1-3 para o equipo visitante. Logo as nosas foron á desesperada e foi así como encaixaron dous goles máis ó contraataque nos últimos minutos. Foi un pau moi duro que baixou a moral das nosas xogadoras; pero que si siguen así os resultados non tardarán en chegar. Destacar á actitude antideportiva dalgunha das xogadoras do Fame Negra que ante a falta de calidade, utilizaron a violencia no terreo de xogo. Unha violencia que debeu terminar con algunha delas na caseta. O próximo encontro será en Vimianzo contra o Fisober (3º clasificado), o sábado pola tarde a unha hora aínda sen confirmar. Moita sorte.

Fotos Furia-Cordeiro xuvenís

Fotos Furia-Cordeiro xuvenís


Afeccionad@s e xogadores do Furia no partido contra ó Cordeiro. Podedes ver máis na sección Fotos.

Fotos Praíña-Furia

Fotos Praíña-Furia


Afeccionad@s e xogadores do Furia no partido en Praíña: 9-11-08. Podedes ver máis na sección Fotos.