Xornada do 22 e 23 de Novembro

AFECCIONADOS: (DESCANSO).

A próxima semana volven a actividade. Xogan contra o último clasificado: o Urban. Un equipo novo, pero que os nosos non deben infravalorar, e saír a gañar o partido dende o inicio. O partido será o domingo ás 4 da tarde no Campo Municipal de Santa Isabel en Santiago.

FÚTBOL SALA FEMININO: FISOBER-FURIA (9-0)

Non puido ser. O 3º clasificado da Liga arrollou ás nosas sobre todo na primeira metade (6-0). Ademáis diso o Furia non fixo un bo partido e iso notouse. O próximo sábado teñen unha boa oportunidade para darlle unha alegría a afección xa que xogan ante as últimas clasificadas: O Pino. Pero ó igual que os seus homónimos masculinos, non se poden fiar e teñen que saír a por todas. O encontro disputarase no Pavillón de Beiro, o sábado ás 7 da tarde. Sorte.

XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (5-4)

Non puido ser. Os nosos tiveron moi mala sorte. A un inicio de partido esperanzador poñéndose por diante no marcador seguíronlle uns minutos desastrosos e de descontrol onde o equipo contrario aproveitou para poñerse 4-1 arriba no marcador. Pero coa garra e as gañas dos nosos conseguiron empatar o encontro. Os goles de Ferro (2), Klá e Diego Fernando daban chance ós chavales, que buscaron con valentía a victoria. Así na penúltima xogada do encontro, unha internada de Ferro; que foi cortada en falta moi clara; acabou nunha falta mal executada; e no conseguinte contragolpe xa nos minutos de desconto o San Mamede conseguía o gol da victoria que non facía xustiza ó visto no terreo de xogo. Pero o fútbol é así; e os nosos mozos teñen que aprender destes xogadas da fortuna futbolística. O próximo sábado, ás 4 da tarde tentarán resarcirse, no partido que os enfrentará ó Dodro, no campo de Campaña.

CADETES: FURIA-VAL DO ULLA (0-3)

Enormes. Un partidazo dos chavales de Suso B. e Roni. Fixéronlle fronte ó líder de maneira asombrosa. Gran partido de todos os xogadores: David, Gasito, Titovichenko, Adrían Casal, Pó, Gabriel e compañía, deron unha auténtica lección de pundonor e de que poden facer moitas cousas esta temporada si siguen así e si a sorte e os arbitraxes os acompañan. Porque iso é outra. Logo de ir ó descanso con 0-0, e de incluso ter varias oportunidades claras por medio de Yupi, e Gasito no inicio da segunda metade; o árbitro encargouse de desnivelar o choque. Primeiro pitou unha falta inexistente ó borde da área do Furia, que convirteu maxistralmente, eso si; o Val do Ulla.  O Furia sigueu atacando, o que sorprendía ó líder, e incluso Pó lanzou un tiro maxistral ó pau. Máis tarde, o colexiado volveuse erixir en protagonista, ó non asubiar o clarísimo fora de xogo no segundo gol do equipo visitante. Isto non rompeu a moral dos nosos, que seguiron loitando. Xa nos últimos minutos, e logo dunha falta de escándalo dun atacante sobre Quique Rosío, o árbitro acabou pitando penalti, o que supuxo o definitivo 3-0. A guinda da mala actuación arbitral, púxoa o colexiado pitando o final do encontro con 10 minutos de antelación para sorpresa de propios e extraños. Un día malo teno calquera. Ademáis esto último, fixo que Gabriel non dispuxera dos minutos necesarios para demostrar as súas cualidades como dianteiro. Ademáis e según rumores, puideron ser os últimos minutos do “Pelé da Devesa”, xa que parece que ten un pre-contrato co Lobelle de cadetes. De tódolos xeitos e según as nosas fontes, a directiva en pleno está intentando que Gabriel poida continuar no equipo, compaxinando ámbalas dúas actividades. Gabriel merece este esforzo.  O próximo encontro será en Cacheiras, posiblemente o domingo ás 11 da mañá; aínda que este extremo está sen confirmar.

INFANTÍS: ESCLAVITUDE- FURIA (1-11)

Están en racha. O equipo capitaneado por Lucas Campaña “o da Montaña” (rima e todo), parece que lle colleu o tono á categoría e tamén ós plantexamentos modernistas de Cassano. Non tiveron rival no floxo Esclavitude e golearon sen piedade ós colistas da categoría. Cinco goles de Yupi (ou como xa o comezan a coñecer nos ambientes futboleros o “Raúl de Serneira”), catro do capitán do Rejenco, e outro de Alex Barreiro, e tamén outro de Samuel Castiñeiras; redondearon o marcador. Hai que destacar a enorme actuación da liña defensiva liderada por Adrián Casal e tamén con Yonis, Alex “Casa Vella” e Manu Busto; pero non podemos olvidar a enorme labor de todo o equipo: Josiño, Noé, Lucas Lestido, Samuel Curros, Melanie e Xosé Manuel. O próximo enfrontamento teñen un difícil compromiso ante o Bertamiráns, o sábado  en Campaña, as 11 da mañá; pero co estado de forma no que están todo é posible.

BENXAMÍNS: FURIA-CORDEIRO (2-6)

Desta volta o derbi foi favorable ós nenos do Cordeiro. Pese á gran actuación dos nosos “chilíns” non puideron nin co arbitraxe nin co rival. A pesar dos goles de Lois e Serxio Rico, a maior envergadura do rival fixo imposible outro resultado. Moi bo partido de todos e en especial do porteiro Borja Seco, que cada vez máis parece que sigue os pasos do seu proxenitor na portería. Tamén destacou a actuación de Anxo e de Xabi Martínez. A próxima semana descansan que ben merecido o teñen.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *