Festa Fin de ano

Festa Fin de ano

Directivos, xogadores e afeccionados do Furia A.C. celebrando a tradicional cea de fin de ano.

Pinchos de Nadal

Pinchos de Nadal

Equipo afeccionado degustando o tradicional pincho navideño.

Partido Galiza-Irán

Partido Galiza-Irán


Grupo de afecionados do Furia pouco antes do comezo do partido facendo unha ruta turística pola Coruña.

Lotería d@ nen@

Lotería d@ nen@

Recordarlle @s vendedor@s da lotería do Furia, que teñen de prazo para entregala ata o día 4 de Xaneiro; ben na Casa Vella, ben na pasantía de Peke, ou ben a calquera directivo ou entrenador do clube. A tod@s @s demais, non vos esquenzades de mercala. Este ano vai tocar.

I Partido Benéfico

I Partido Benéfico

Gran partido benéfico o celebrado o pasado sábado en Campaña, entre unha selección dos amigos de Will e os amigos de Trijillas. O resultado (5-1, a prol dos primeiros), foi o de menos. Recaudáronse un número de 3 cifras que os contables aínda están estudiando, e proximamente compraranse alimentos que se entregarán a unha asociación benéfica. Esperemos que para o ano vindeiro esta idea se repita e se agrande. As fotos e o video podédelas mirar na páxina. Hainas moi boas.

Amigos de Trigillas

Amigos de Will

Os capitáns co trío arbitral

Campionato de truco

Campionato de truco

XORNADAS DO 20 E 21 DE DECEMBRO

XORNADAS DO 20 E 21 DE DECEMBRO

AFECCIONADOS: FURIA-SAR (0-1)

Traspés importante do equipo afeccionado, que se complica moito os seus obxetivos. Nun partido moi igualado e onde os dous contendentes amosaron que son favoritos para o ascenso, os de Extramundi, leváronse o gato á auga. Víase que o partido se decidiría nunha xogada illada e así foi, faltando 10 minutos para o remate. Aínda que o Furia o seguiu tentando, e tendo algunha ocasión clara, sobre todo nunha maravillosa de Paja, que atallou o porteiro rival Mene. Hai que destacar o debut da última fichaxe do Furia, Santi «o cabo» que despois dun periplo por equipos de todo o mundo, volve ás ringleiras do equipo que o veu medrar. Fixo un bo partido, demostrando que o que tivo, retivo. Agora as cousas complícanse, pero con todo o que queda por diante, confiamos en que os chavales de Mac, poidan remontar e loitar ó final do campionato polo gran obxetivo do ascenso. O equipo non voltará ós terreos de xogo ata o ano novo; concretamente ata o domingo 4 de Xaneiro, que visitarán ó Val do Ulla. Moita sorte.

Santi «O Cabo»

FUTBOL SALA FEMININO: Descansaron.

XUVENÍS: CALLOBRE-FURIA (2-0)

Non puido ser, e o Callobre truncou a boa xeira de resultados que levaban os nosos rapaces. Nun mal partido dos chavales, o equipo local mereceu a victoria. Nestas datas do Nadal, descansarán a próxima xornada.

CADETES: Descansaron

INFANTÍS: CACHEIRAS-FURIA (5-0)

Moito líder para os infantís. A pesar de que plantaron cara, esta volta a superioridade do rival foi manifesta e o resultado di o acontecido no campo. Tamén descansarán a próxima xornada.

ALEVÍNS: VAL DO ULLA-FURIA (12-0)

Resultado contundente e que amosa ben ás claras o acontecido no encontro. O Furia notou en exceso a ausencia de Manu Meniño. E a pesar do que poida parece polos doce goles encaixados; hai que destacar a maravillosa actuación de Danieliño (o noso porteiro); que se inchou a parar. Se non fose pola súa actuación, outro galo cantaría. Nas vacacións tamén, por suposto, descansan.

BENXAMÍNS: FURIA-BERTAMIRÁNS (3-11)

Boa primeira metade dos «chiquilíns», que chegaron a poñerse cun 3 a 4 esperanzador. Pero un baixón físico na segunda parte, fixo que o marcador fose máis abultado do que en realidade se veu no terreo de xogo. De tódolos xeitos hai que destacar os tres golazos do Furia, anotados por Serxio Rico (por partida doble) e Lois. Tamén descansan os pequechos, porque teñen que gardar forzas para esperar ós Reis Magos. Esperemos que a todos e a todas lles traian moitos regalos. Bo Nadal, chaval@s.

Xa sabemos que hai moitos carteis luminosos na estrada, pero dende a directiva, corpos técnicos, afeccionad@s, e toda a masa social do Furia, dende esta páxina gustaríanos desexarvos que todos e todas pasedes UN BO NADAL E QUE O ANO NOVO SEXA «COJONUDO».

Equipo Alevín (Adestramento do 18 de decembro)

Equipo Alevín (Adestramento do 18 de decembro)

De pé (esquerda a dereita):Diego Fernández (adestrador), Manu Meniño, Manu Busto, Melanie e Dani

Aniñados (esquerda a dereita): Pedriño, Samuel, Ismael, Noelia e Xoán Manuel.
Ausentes:Salvador Tarrío, Xosé Luis Gómez e Luis David

PARTIDO SELECCIÓN GALEGA-CHILE (RIAZOR-27 DECEMBRO)

PARTIDO SELECCIÓN GALEGA-CHILE (RIAZOR-27 DECEMBRO)

O Furia A.C., organiza a  tradicional viaxe para poder asistir a outro histórico encontro da selección galega; que se enfronta a unha das máis importantes seleccións nacionais do continente sudamericano: Chile. O viaxe en autobús costa 10 euros, e a entrada outros 10 para Preferencia Superior. Para asistir podedes contactar co teléfono do clube (659-893589), ou con calquera directivo; e a data tope para apuntarse será o domingo 21 de Decembro.

O domingo 28 tamén nos desprazaremos para ver en Pasarón o partido entre as seleccións femininas de Galiza e Euskal Herria.

Xornada do 13 e 14 de Decembro

Xornada do 13 e 14 de Decembro

AFECCIONADOS: SAN ANTONIO-FURIA (3-4)

Día de cans en Herbón. Moito frío, pero un moi bo ambiente no campo, e ademais un partido que fixo entrar en calor @s afeccionad@s. Ó final tres puntos máis para o Furia, que segue na loita por engancharse ós postos altos da clasificación. Alternativas no marcador, pero ó final os nosos rapaces, con moita loita e entrega, conseguiron o obxetivo que tiñan marcado.  Os goles foron conseguidos por Rubén, dous de Alvarito (que fixo un gran partido), e un espectacular golazo de cabeza de Patxi, que pasará os anais da historia (Para os que non puideron asistir ó encontro, France Football cedeunos unha maravillosa infografía que desvela a dificultade desta excelente xogada- como podedes ver na parte inferior-). Hai que destacar tamén a moi boa actuación do noso porteiro Peixe, que co tres a tres no marcador, fixo unha parada que como decía Pepe «o Zoco»: «quen lle dera a Casillas». No ataque seguinte o Furia marcou o definitivo 3 a 4. Ademais hai que salientar o fantástico partido que fixo Perreta, que foi o verdadeiro líder do equipo, onte en Herbón. Non podemos olvidarnos do colexiado, que foi o auténtico espectáculo do encontro, sobre todo porque todo o mundo o confundía co internacionalmente coñecido Dudú «o Polaco». O próximo encontro é crucial nas aspiracións do Furia. Enfróntase ó Sar, que agora mesmo lle saca 5 puntos. De gañar o noso equipo situaríase a dous puntos dos postos de ascenso e xa se colocaría a tiro de pedra do obxetivo final. De perder, as cousas complicaríanse moito. Será en Campaña, o domingo ás 4 da tarde (en principio).


O gol de Patxi

FUTBOL SALA FEMININO: DRAKO-FURIA (Aprazado)

XUVENÍS: FURIA-RECESENDE (1-0)

Excelente partido e resultado dos chavales fronte ó 2º clasificado na liga. Superon xogar un partido ante un duro rival e conseguiron unha victoria moi importante. O gol foi marcado por Rubén Lorenzo na primeira metade, e despois con moito oficio superon aguantar o resultado. Gran partido do medio campo do Furia, cunha labor moi destacada de Brais e Po. O vindeiro sábado, desprázanse a Callobre, onde se mediran ó equipo local ás 4 da tarde.

CADETES: FURIA-MILLADOIRO (1-1)

Enormes. Increible, pero certo. Os rapaces conseguiron dar a sorpresa da xornada, ante un dos equipos punteiros da categoría; pero que non demostraron nada. Ó contrario, si algún equipo tivo que levarse a victoria foron os do Furia. Outra vez, actuación estelar de Titovichenko que refrendou cun golazo espectacular que lle dá o segundo punto ó equipo de Suso B. Na próxima xornada descansan (que boa falta lles fai).

INFANTÍS: FURIA-DODRO (5-1)

Nova victoria dos rapaces de Cassano e Flores (doble noraboa, porque pola tarde proclamouse campión internacional de Chinchón). Moi superiores en todo momento, controlaron o partido de principio a fin. Apareceron novamente os homes fortes do equipo e así Yupi «Raulinho» (primo de Cassano), e de Lucas «Montaña» (primo de Peke), con tres e dous goles respectivamente. Gran actuación tamén de toda a defensa e en xeral de todo o equipo.

ALEVÍNS: FURIA-ESCLAVITUDE (1-1)

Notouse a man de Diego Fernando. Os chavales e chavalas derono todo e conseguiron remontar o encontro, despois do gol do Esclavitude, con outro maravilloso gol de «Pipi» Cascallar. A figura do encontro foi Melanie que estuvo insuperable. Notouse a baixa de Manu «Meniño», que seguro que sería un puntal para poder haber conseguido a victoria. De tódolos xeitos, un gran punto. A semana que ven, enfróntanse ó Val do Ulla, o sábado ás 12 e media da mañán.

BENXAMÍNS: TORDOIA- FURIA (8-0)

Infernal o día que tiveron os pequechiños. Chuvia, pedraso e un frío «del copón», tiveron que pasar os rapaciños. Este «handicap», atenazou ós nosos, que non puideron facer nada diante dos rapaces do Tordoia que demostraron que están moito máis adaptados á este tipo de clima. O máis destacable foi ó ánimo que insuflaron durante todo o encontro os familiares e afeccionados que se mobilizaron para ver ós seus. O próximo sábado, as 3, enfrontaránse ó Bertamiráns.