PARTIDO SELECCIÓN GALEGA-CHILE (RIAZOR-27 DECEMBRO)

16 de Decembro de 2008 por furiaac

O Furia A.C., organiza a  tradicional viaxe para poder asistir a outro histórico encontro da selección galega; que se enfronta a unha das máis importantes seleccións nacionais do continente sudamericano: Chile. O viaxe en autobús costa 10 euros, e a entrada outros 10 para Preferencia Superior. Para asistir podedes contactar co teléfono do clube (659-893589), ou con calquera directivo; e a data tope para apuntarse será o domingo 21 de Decembro.

O domingo 28 tamén nos desprazaremos para ver en Pasarón o partido entre as seleccións femininas de Galiza e Euskal Herria.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (8 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

Xornada do 13 e 14 de Decembro

16 de Decembro de 2008 por furiaac

AFECCIONADOS: SAN ANTONIO-FURIA (3-4)

Día de cans en Herbón. Moito frío, pero un moi bo ambiente no campo, e ademais un partido que fixo entrar en calor @s afeccionad@s. Ó final tres puntos máis para o Furia, que segue na loita por engancharse ós postos altos da clasificación. Alternativas no marcador, pero ó final os nosos rapaces, con moita loita e entrega, conseguiron o obxetivo que tiñan marcado.  Os goles foron conseguidos por Rubén, dous de Alvarito (que fixo un gran partido), e un espectacular golazo de cabeza de Patxi, que pasará os anais da historia (Para os que non puideron asistir ó encontro, France Football cedeunos unha maravillosa infografía que desvela a dificultade desta excelente xogada- como podedes ver na parte inferior-). Hai que destacar tamén a moi boa actuación do noso porteiro Peixe, que co tres a tres no marcador, fixo unha parada que como decía Pepe “o Zoco”: “quen lle dera a Casillas”. No ataque seguinte o Furia marcou o definitivo 3 a 4. Ademais hai que salientar o fantástico partido que fixo Perreta, que foi o verdadeiro líder do equipo, onte en Herbón. Non podemos olvidarnos do colexiado, que foi o auténtico espectáculo do encontro, sobre todo porque todo o mundo o confundía co internacionalmente coñecido Dudú “o Polaco”. O próximo encontro é crucial nas aspiracións do Furia. Enfróntase ó Sar, que agora mesmo lle saca 5 puntos. De gañar o noso equipo situaríase a dous puntos dos postos de ascenso e xa se colocaría a tiro de pedra do obxetivo final. De perder, as cousas complicaríanse moito. Será en Campaña, o domingo ás 4 da tarde (en principio).


O gol de Patxi

FUTBOL SALA FEMININO: DRAKO-FURIA (Aprazado)

XUVENÍS: FURIA-RECESENDE (1-0)

Excelente partido e resultado dos chavales fronte ó 2º clasificado na liga. Superon xogar un partido ante un duro rival e conseguiron unha victoria moi importante. O gol foi marcado por Rubén Lorenzo na primeira metade, e despois con moito oficio superon aguantar o resultado. Gran partido do medio campo do Furia, cunha labor moi destacada de Brais e Po. O vindeiro sábado, desprázanse a Callobre, onde se mediran ó equipo local ás 4 da tarde.

CADETES: FURIA-MILLADOIRO (1-1)

Enormes. Increible, pero certo. Os rapaces conseguiron dar a sorpresa da xornada, ante un dos equipos punteiros da categoría; pero que non demostraron nada. Ó contrario, si algún equipo tivo que levarse a victoria foron os do Furia. Outra vez, actuación estelar de Titovichenko que refrendou cun golazo espectacular que lle dá o segundo punto ó equipo de Suso B. Na próxima xornada descansan (que boa falta lles fai).

INFANTÍS: FURIA-DODRO (5-1)

Nova victoria dos rapaces de Cassano e Flores (doble noraboa, porque pola tarde proclamouse campión internacional de Chinchón). Moi superiores en todo momento, controlaron o partido de principio a fin. Apareceron novamente os homes fortes do equipo e así Yupi “Raulinho” (primo de Cassano), e de Lucas “Montaña” (primo de Peke), con tres e dous goles respectivamente. Gran actuación tamén de toda a defensa e en xeral de todo o equipo.

ALEVÍNS: FURIA-ESCLAVITUDE (1-1)

Notouse a man de Diego Fernando. Os chavales e chavalas derono todo e conseguiron remontar o encontro, despois do gol do Esclavitude, con outro maravilloso gol de “Pipi” Cascallar. A figura do encontro foi Melanie que estuvo insuperable. Notouse a baixa de Manu “Meniño”, que seguro que sería un puntal para poder haber conseguido a victoria. De tódolos xeitos, un gran punto. A semana que ven, enfróntanse ó Val do Ulla, o sábado ás 12 e media da mañán.

BENXAMÍNS: TORDOIA- FURIA (8-0)

Infernal o día que tiveron os pequechiños. Chuvia, pedraso e un frío “del copón”, tiveron que pasar os rapaciños. Este “handicap”, atenazou ós nosos, que non puideron facer nada diante dos rapaces do Tordoia que demostraron que están moito máis adaptados á este tipo de clima. O máis destacable foi ó ánimo que insuflaron durante todo o encontro os familiares e afeccionados que se mobilizaron para ver ós seus. O próximo sábado, as 3, enfrontaránse ó Bertamiráns.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

Flores Campión

16 de Decembro de 2008 por furiaac

Tras o seu recente éxito deportivo no campiontato de Internacional de Chinchón (45492849 espectadores en todo o mundo e 38 % de share), Flores converteuse no deportista máis mediático do momento. Como resultado, numerosos empresarios de recoñecido prestixio contactaron co Furia A.C., posuidor dos seus dereitos de imaxe, co fin de publicitar os seus produtos con este carismático personaxe para facerlle fronte á crise económica.  O que máis puxou ata o momento foi o coñecido Heraclio Fournier, que desexa contar a imaxe de Flores para a súa nova gama de barallas de cara a campaña de Nadal. As negociacións están moi avanzadas e ata o presidente de Caixanova confirmou que regalará a tódolos clientes e tamén a Oscar “O niki” a nova baralla Flores- Heraclio para Reis.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 8.5/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan