Xornada do 13 e 14 de Decembro

AFECCIONADOS: SAN ANTONIO-FURIA (3-4)

Día de cans en Herbón. Moito frío, pero un moi bo ambiente no campo, e ademais un partido que fixo entrar en calor @s afeccionad@s. Ó final tres puntos máis para o Furia, que segue na loita por engancharse ós postos altos da clasificación. Alternativas no marcador, pero ó final os nosos rapaces, con moita loita e entrega, conseguiron o obxetivo que tiñan marcado.  Os goles foron conseguidos por Rubén, dous de Alvarito (que fixo un gran partido), e un espectacular golazo de cabeza de Patxi, que pasará os anais da historia (Para os que non puideron asistir ó encontro, France Football cedeunos unha maravillosa infografía que desvela a dificultade desta excelente xogada- como podedes ver na parte inferior-). Hai que destacar tamén a moi boa actuación do noso porteiro Peixe, que co tres a tres no marcador, fixo unha parada que como decía Pepe “o Zoco”: “quen lle dera a Casillas”. No ataque seguinte o Furia marcou o definitivo 3 a 4. Ademais hai que salientar o fantástico partido que fixo Perreta, que foi o verdadeiro líder do equipo, onte en Herbón. Non podemos olvidarnos do colexiado, que foi o auténtico espectáculo do encontro, sobre todo porque todo o mundo o confundía co internacionalmente coñecido Dudú “o Polaco”. O próximo encontro é crucial nas aspiracións do Furia. Enfróntase ó Sar, que agora mesmo lle saca 5 puntos. De gañar o noso equipo situaríase a dous puntos dos postos de ascenso e xa se colocaría a tiro de pedra do obxetivo final. De perder, as cousas complicaríanse moito. Será en Campaña, o domingo ás 4 da tarde (en principio).


O gol de Patxi

FUTBOL SALA FEMININO: DRAKO-FURIA (Aprazado)

XUVENÍS: FURIA-RECESENDE (1-0)

Excelente partido e resultado dos chavales fronte ó 2º clasificado na liga. Superon xogar un partido ante un duro rival e conseguiron unha victoria moi importante. O gol foi marcado por Rubén Lorenzo na primeira metade, e despois con moito oficio superon aguantar o resultado. Gran partido do medio campo do Furia, cunha labor moi destacada de Brais e Po. O vindeiro sábado, desprázanse a Callobre, onde se mediran ó equipo local ás 4 da tarde.

CADETES: FURIA-MILLADOIRO (1-1)

Enormes. Increible, pero certo. Os rapaces conseguiron dar a sorpresa da xornada, ante un dos equipos punteiros da categoría; pero que non demostraron nada. Ó contrario, si algún equipo tivo que levarse a victoria foron os do Furia. Outra vez, actuación estelar de Titovichenko que refrendou cun golazo espectacular que lle dá o segundo punto ó equipo de Suso B. Na próxima xornada descansan (que boa falta lles fai).

INFANTÍS: FURIA-DODRO (5-1)

Nova victoria dos rapaces de Cassano e Flores (doble noraboa, porque pola tarde proclamouse campión internacional de Chinchón). Moi superiores en todo momento, controlaron o partido de principio a fin. Apareceron novamente os homes fortes do equipo e así Yupi “Raulinho” (primo de Cassano), e de Lucas “Montaña” (primo de Peke), con tres e dous goles respectivamente. Gran actuación tamén de toda a defensa e en xeral de todo o equipo.

ALEVÍNS: FURIA-ESCLAVITUDE (1-1)

Notouse a man de Diego Fernando. Os chavales e chavalas derono todo e conseguiron remontar o encontro, despois do gol do Esclavitude, con outro maravilloso gol de “Pipi” Cascallar. A figura do encontro foi Melanie que estuvo insuperable. Notouse a baixa de Manu “Meniño”, que seguro que sería un puntal para poder haber conseguido a victoria. De tódolos xeitos, un gran punto. A semana que ven, enfróntanse ó Val do Ulla, o sábado ás 12 e media da mañán.

BENXAMÍNS: TORDOIA- FURIA (8-0)

Infernal o día que tiveron os pequechiños. Chuvia, pedraso e un frío “del copón”, tiveron que pasar os rapaciños. Este “handicap”, atenazou ós nosos, que non puideron facer nada diante dos rapaces do Tordoia que demostraron que están moito máis adaptados á este tipo de clima. O máis destacable foi ó ánimo que insuflaron durante todo o encontro os familiares e afeccionados que se mobilizaron para ver ós seus. O próximo sábado, as 3, enfrontaránse ó Bertamiráns.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *