Flores Campión

Flores Campión

Tras o seu recente éxito deportivo no campiontato de Internacional de Chinchón (45492849 espectadores en todo o mundo e 38 % de share), Flores converteuse no deportista máis mediático do momento. Como resultado, numerosos empresarios de recoñecido prestixio contactaron co Furia A.C., posuidor dos seus dereitos de imaxe, co fin de publicitar os seus produtos con este carismático personaxe para facerlle fronte á crise económica.  O que máis puxou ata o momento foi o coñecido Heraclio Fournier, que desexa contar a imaxe de Flores para a súa nova gama de barallas de cara a campaña de Nadal. As negociacións están moi avanzadas e ata o presidente de Caixanova confirmou que regalará a tódolos clientes e tamén a Oscar «O niki» a nova baralla Flores- Heraclio para Reis.

Resultados do IV Campionato de Chinchón

Resultados do IV Campionato de Chinchón

Con 27 participantes celebrouse con moito éxito o tradicional campionato no bar «A Casa Vella» sendo a «campiona de honra» a carismática e simpatiquísima Tania Mata de Carcacía,a cal foi convidada pola organización a un estupendo refrixerio.

A final foi disputada por Roxelio Losas «Asturiano» (Campaña), Anxo Cotón «Cacharrito» (Xanza), Alberto Busto «Patxi Salinas» (Campaña) e Xoan Manuel Piñeiro «Flores» (Xanza) que acabou sendo o vencedor.

Tania Mata

Anxo Cotón «Cacharrito»

Alberto Busto «Patxi Salinas»

Roxelio Losas «Asturiano»

Xoan Manuel Loureiro»Flores»

Os campións co árbitro, Sir Francis Big.

IV Campionato de Chinchón

IV Campionato de Chinchón

Mañá 13 de decembro celebrarase o IV Campionato de Chinchón Internacional. O lugar designado pola International Federation of  Chinchonation (con sede en Cachemira), será o Bar-Restaurante «A Casa Vella». Comezará ás 6 da tarde e terminará cando os señores e señoras xogadoras o crean conveniente. O premio será o 50% do recadado polas inscricións e o outro 50% irá destinado ó Furia A.C. Espérase que acudan xogadores de tódalas partes do país, e tamén dende Euskadi, Albacete (parece que asistirá o ruso afincado nesta cidade Borishenko), e outras partes do estranxeiro. En anteriores edicións os campións foron Biles, Jenni e Jane. Non olvidemos que está designado como colexiado, mesa e xuíz de paz o Excelentísimo Señor Francisco Big.  Nas casas de apostas hai moito movemento e polo visto parece moi probable que Mac Carreri xa poida ducharse ás 6 e media. Gracias e a participar.

Celia Bodaño, lesionada

Celia Bodaño, lesionada

A pesar de non poder xogar en Ordes a «Peixinha», o equipo femenino colleitou un bo resultado.

XORNADAS DO 6 E 7 DE DECEMBRO

XORNADAS DO 6 E 7 DE DECEMBRO

AFECCIONADOS: CARCACÍA-FURIA (3-0) E FURIA-BUGALLIDO (1-1)

Moi malas xornadas para o equipo de afeccionados. Cando podían sacar 6 puntos entre os dous partidos, e colocarse nos primeiros postos da clasificación, primeiro a derrota sen paliativos en Carcacía, onde foron vapuleados polo equipo local; no peor partido de toda a temporada. O domingo, sen embargo, non houbo sorte; xa que a pesar de que os nosos dispuxeron de innumerables ocasións de gol non puideron gañar o partido, xa que solo o gol de Perreta, subiu ó marcador. Así o Furia queda algo descolgado dos primeiros postos, pero quedando tanta liga; seguro que reaccionarán e loitarán por postos máis altos. De feito o adestrador tivo unha reunión cos capitáns para darlle un toque de atención ó equipo. O próximo domingo teñen un partido moi complicado, ante o sempre difícil Herbón. O partido disputarase na terra do «Pinto», ás 4 da tarde. É moi importante que o Furia gañe para non descolgarse peligrosamente. Ánimo rapaces.

FÚTBOL SALA FEMININO: FEMIORDES-FURIA (4-4)

Impresionante. Un partido enorme das rapazas do Furia.  Un empate que sabe a victoria; aínda que o resultado máis xusto debería haber sido unha victoria. Parece que as novas estratexias de Dinho, comezan a surtir efecto. A xornada tivo de todo: primeiro, e cando o resultado ía 2-0 en contra do Furia, os dous equipos decidiron cambiar de pavillón porque onde estaban xogando estaba húmido e supoñía un perigo para a integridade física das xogadoras. Logo un tempo de espera, onde viron un espectacular partido de Hockey a patíns. E logo o espectacular partido. O Furia doulle a volta ó marcador e púxose por encima no marcador 3-4, con 2 goles de Bea, un de Laura e o primeiro de Chus. Nos últimos minutos o agobio do Femiordes acabou co tanto do empate. Enorme partido de todas, cunha emoción inusitada. O próximo sábado ás 8 da tarde, as nosas desprazaranse ó Burgo (Coruña) para medirse o «coco» da categoría: o Drako (último campión de liga). Teñen pouco que perder e moito que gañar. Sorte.

XUVENÍS: ORTOÑO-FURIA (5-2)

As baixas por sanción deixáronse notar, e o Furia non puido manter o equipo ante o Ortoño. Un resultado inicial de 5-0, era moita losa. Maquillaron o resultado dous goles, un gol de Malekinho e outro espectacular de Rubén Lorenzo. O próximo sábado, en Campaña, ás 4 da tarde, xogarán contra o Recesende.

CADETES: FURIA-DUBRA (0-3)

Non puido ser. A pesar da loita dos chavales, víronse superados polo Dubra; aínda que  cun pouco de sorte, o resultado puido ser outro. O domingo, ás 12, comeza a segunda volta en Campaña, contra o Milladoiro.

INFANTÍS: CORDEIRO-FURIA (3-0)

Esta vez o derbi, foi parar a mans do eterno rival. Partido moi igualado, pero cun resultado xusto; xa que o Cordeiro resultou ser superior. Esperemos que no partido de volta o resultado sexa diferente. Os rapaces xogarán o próximo encontro o sábado ás 12, en Campaña contra o Dodro.

ALEVÍNS: PONTECESURES-FURIA (3-1)

Difícil inicio o que tiñan os rapaces de Diego Fernández, ante os veciños de Cesures. Aínda así o partido resultou moi igualado como así reflexa o marcador. O gol do Furia foi anotado de forma espectacular por «Pipi» Pedrinho. O sábado mediránse ó Dodro, en Campaña, ás 10 da mañá.

BENXAMÍNS: FURIA-FLAVIA (2-10)

Unha mágoa. A pesar de que os pequerrechos aguantaron ben a primeira metade,  a superioridade do Flavia, foi manifesta. Hai que destacar que marcaron outra vez Lois e Serxio Rico. O próximo sábado, as 4 e media da tarde xogarán en Tordoia.

LOTERÍA D@ NEN@

LOTERÍA D@ NEN@

Xa temos á venda a tradicional lotería do Furia. O clube xoga as 10 terminacións. Ímola vender entre tod@s os membr@s do clube. De tódolos xeitos, tod@s os que queiran comprar as 10 terminacións que se poñan en contacto con calquera membr@ da institución; ou tamén se pode adquirir a través de internet.

PRIMEIRA VISITA OFICIAL DO FURIA A.C. A SANTA ISABEL

PRIMEIRA VISITA OFICIAL DO FURIA A.C. A SANTA ISABEL

O noso Xefe de Protocolo e Relacións Institucionais, o Ilmo. Sr., a súa Eminencia  Marcos Jamardo Pérez (alias «El pollo de oro»), colocando o banderín do Furia, nun lugar preferente da sala de banderíns (entre o de dous clubes de renombre como o do Atlético de Madrid e o do Español de Barcelona) do histórico estadio Santa Isabel de Santiago de Compostela; logo dun acto institucional presidido polo Excelentísmo Señor Presidente de Peñas Futbolísticas de Galicia, D. Gumersindo Rodríguez Iglesias. A continuación toda a delegación do Furia foi convidada a un ágape e a un viño galego. (As navallas e os percebes estaban estupendos). Tamén participou Pepiño «O Zoco», que bendixo a mesa e fixo boas migas cos prelados asistentes.

XORNADA DO 29 E 30 DE NOVEMBRO

XORNADA DO 29 E 30 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS:URBAN-FURIA (0-4)

Partido realmente fácil para o Furia. Xa na primeira parte estableceuse este resultado de 0-4, que despois sería definitivo. Dous goles de Rubén, outro de Alvarito e un auténtico golazo de Tito, deixaron finiquitado o partido. Incluso o adestrador Mac Karreri se permitiu o luxo de reservar a homes para a trascendental xornada do próximo fin de semana, na segunda metade. O Urban moi floxo en defensa. Hai que salientar que onte non foi o día dos irmáns «Flores»; xa que tanto o maior (que lle dá nome á saga), como o benxamín da casa «Perreta»; a pesar que tiveron unha gran movilidade e participaron moito no xogo non estiveron nada atinados de cara ó marco contrario. Si tivesen un pouco de fortuna e tranquilidade puderon marcar un saco de goles. Seguro que no próximo encontro a racha cambiará. Non nos podemos esquencer de falar da trascendental e importantísima doble xornada do próximo fin de semana. O sábado 6 xogaremos en Carcacía, ás 12 da mañá,  o partido que se suspendera pola morte de Rivas; e o domingo ás 4 da tarde tamén un partido importante en Campaña ás 4 da tarde contra o Bugallido. Citas importantísimas para volver colocarse nos postos altos da clasificación. Por certo, este domingo pasado, e según as declaracións do capitán Peixe, a victoria quérenlla adicar ó adestrador que este día cumplía 27 aniños. ¡¡¡FELICIDADES MAC!!!

FEMININO: FURIA-O PINO (1-3)

Increíble. Xa están pensando en ir a Requián de peregrinación a ver si a santa lles saca o mal fario. Nun partido moi disputado e no que o Furia levou sempre a batuta do encontro; a desgracia cebouse coas nosas rapazas. Despois de ir ó tempo de lecer con empate a 1, cun gol moi bonito de Bea; e de dominar durante toda a segunda metade na procura da segunda victoria;  a falta de 40 segundos para o remate do encontro e cando máis volcadas estaban as nosas xogadoras na meta rival, un gol increíble dende a esquina do campo adiantaba ó equipo visitante. Xa co tempo rematado o árbitro pitaba unha falta, que foi castigada con doble penalti, e que transformaron as visitantes para poñer un inxustísimo 1 a 3 no marcador. Foi un duro golpe, pero que as chavalas do Furia intentarán olvidar o próximo sábado en Ordes, onde xogarán contra o equipo local: Femiordes.

XUVENÍS:FURIA-DODRO (7-3)

Tiña que chegar. Hat-trick de Pascolo, e gran partido de todo o equipo. Baixo o liderazgo da nova estrela saída da canteira, os mozos de Polo e Cacharrito, doblegaron con suficiencia ó Dodro. Ademáis dos tres goles de Pascolo, tamén marcaron Ferro (2), Klá e Adriansinho. De todas maneiras o club, na persoa do seu presidente, negoulle o balón ó goleador. Houbo unha nota negativa no encontro, que foi a tangana que se montou casi ó finalizar o encontro, entre os xogadores; que rematou con dous xogadores expulsados de cada equipo. Polo noso equipo foron Ferro e Klá, que seguramente se perderán algún partido por sanción, o que non é unha boa noticia. O próximo sábado, desprázanse á terra de Rosalía, para xogar contra o Ortoño. A hora será posiblemente ás 4 da tarde.

CADETES: CACHEIRAS-FURIA (5-1)

Bo partido dos chavales, que aguantaron ata o minuto 70 co empate  a uns no marcador, logo dun golazo de Gasito (que segue en racha). Pero o esforzo físico, pasou factura e en 10 minutos encaixaron 4 novos goles. De tódolos xeitos este ano parece que poden facer unha boa temporada. Tamén hai que alegrarse dunha nova que nos transmiteu o noso corresponsal en Cacheiras: Gabriel segue no Furia, desbotando as numerosas ofertas que tiña; polo que Suso B, vai poder seguir contando cunha das súas figuras. Nova oportunidade o próximo domingo, ás 11 da mañá en Campaña; onde se medirán ó potente Dubra.

INFANTÍS: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-8)

Demasiado oso para pouco can. Un dos equipos máis fortes da categoría vapuleou ós rapaces que viñan de golear en dous partidos seguidos. Pero o sábado, tiveron que volver á realidade. Desaparecido todo o equipo que non puido contra a maior contundencia física do rival. O próximo encontro será o derbi contra o Cordeiro. Disputarase o luns 8, ás 12 da mañá en Campaña. Hai que animar ós rapaces para poder vencer neste encontro.

ALEVINS

O próximo xoves 4, iniciase o campionato, en Pontecesures, fronte ó equipo local. O equipo de Diego Fernando, capitaneado por Manu Busto, tentará este ano facer unha campaña digna.

BENXAMÍNS: Descanso.

Merecido fin de semana sabático para os pequeniños. O próximo sábado, ás 3 da tarde, reanudarán a competición cun duro rival: O Flavia, que visitará Campaña.