XORNADAS DO 24 E 25 DE XANEIRO

27 de Xaneiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: RIBASAR-FURIA (0-3)

Partido moi práctico do Furia. Os homes de Mac fixeron un encontro non moi bonito de cara ó espectáculo, pero conseguiron o obxetivo marcado, que eran os tres puntos. Ademais o terreo de xogo, tampouco estaba para moitas florituras. Xogo directo que se saldou con dous grandes goles de Rubén e outro de Perreta, que por fin rompeu a súa sequía goleadora. Agora teñen que ir partido a partido, e xa veremos. Gran partido tamén de Rañosinho e de Nevero; que se desquitou da súa mala actuación da semana anterior. Gran arbitraxe do veterano colexiado “Visentiño” O próximo domingo enfróntanse ó Lestedo, en Campaña ás 4 e cuarto da tarde. A priori, deberían ser tres puntos máis para o casilleiro do Furia; pero non se poden fiar, porque este ano xa tivemos algún que outro “carallo”.

FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-SOBRADO (2-1)

Impresionante. As nosas rapazas deron a sorpresa da xornada, e conseguiron doblegar á un dos galiños da categoría e candidato ó titulo de Liga, contra todo pronóstico. Enorme partido de tódalas xogadoras, que remontaron un tanto inicial das da terra do mosteiro, con tantos de Chus  e de Laura. Todas lle botaron moitas gañas facendo un incrible derroche físico. Gran asistencia de público que animaron moito durante todo o encontro. Tamén destacar que o encontro foi dirixido polo noso veciño “Changüi” que tivo unha labor moi correcta. O próximo sábado ás 6 da tarde, enfróntanse o colista da categoría, o Esteirana; ás 6 da tarde no Pavillón de Beiro. Unha boa oportunidade para seguir sumando puntos.

XUVENÍS: FURIA-BASTAVALES (2-3)

De mal en peor. Parece que os mozos están nun bache profundo e volveron a caer nun partido que se decideu nunha horrible primeira metade, onde o Furia, marchou ó descanso perdendo por tres goles a cero. Aínda que reaccionaron na segunda metade con goles de Klá e Ferro, era demasiado tarde, e os chavales da terra de Rosalía, leváronse os tres puntos. Esperemos que reaccionen. Teñen unha boa oportunidade o próximo sábado ás 5 da tarde na Golada, xa que se enfrontan ó pechacancelas da categoría.

CADETES: XUVENTUDE OROSO-FURIA (2-3)

Nova victoria impresionante do Furia cadete. Unha victoria que ademais ten un gran sabor de boca debido a que foi “in extremis”. A sorte que se lles negou ós chavales outras xornadas tiverona o outro día. De tódolos xeitos a victoria foi máis que merecida polo xogo desplegado polo equipo durante todo o encontro. Os goles de Pó (por partida doble) e do goleador Gasito déronlle outros tres puntos ó equipo de Suso B., que en declaracións á prensa afirmou que mereceron gañar con máis holgura polo extraordinario xogo desplegado. O próximo domingo descansan, que ben o merecen.

INFANTÍS: BASTAVALES-FURIA (6-1)

Batacazo importante dos rapaces. Un cuarto de hora nefasto, tirou por terra todo o traballo da semana. Aínda que tentaron reaccionar, cun novo gol de Yupi, o resultado tan adverso fíxolles imposible acadar algo positivo. Descansan a próxima xornada.

ALEVÍNS:DODRO-FURIA (12-3)

Resultado que o di todo. O equipo do Dodro demostrou o porqué da súa boa clasificación e pasou por encima dos rapaces do Furia. Tamén hai que contar que os nosos chaval@s viñan directamente dunha excursión da Coruña e foron directos para xogar; e aínda por encima chovía a chuzos; algo que non beneficia o xogo de toque dos pupil@s de Diego Fernando. Os goles do Furia foron anotados por Melanie, Samuel Castiñeiras e Manu Busto. O próximo sábado, ás 11 da mañá en Cacheiras tentarán redimirse desta derrota.

BENXAMÍNS: DUBRA-FURIA (12-2)

As baixas e a presión ambiental puideron cos nosos pequechos. Tamén a mala sorte influeu no mal resultado colleitado en Dubra. Destacar unha vez máis os 2 goles de Serxio Rico, que se sale como goleador este ano. Tamén salientar que a pesar da derrota, a excursión ó val do Dubra en autobús fixo as delicias de rapaces e afeccionados. O próximo partido será o vindeiro xoves, en Campaña, ás 6 da tarde fronte ó Dodro.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

I CAMPIONATO DE TRUCO POR PARELLAS DO FURIA

21 de Xaneiro de 2009 por furiaac

Impresionante ambiente e un gran nivel o que vivimos o venres pasado no campionato de truco. Unha gran participación e moitas gañas de festa, que fixo que rematara o campionato a altas horas da madrugada. Sobre estas liñas vemos o primeiro presidente do Furia, Gelucho o “asturiano”;  e seu primo, o actual “presi” Toño Carou, xogando cunha parella de Cuntis. Ó final o equipo dos “presidentes” alzouse co terceiro posto e con cen euriños maravillosos. Os outros postos de honor, foron o cuarto posto acadado por Carlitos e Xoan Comparada, e como non citar os finalistas e grandes animadores do campionato: Cachote e Oviguan Eau de Cologne, e Alex Comba e o seu compañeiro; que resultaron segundos e primeiros respectivamente. A nosa noraboa os campións, pero tamén a todos e todas por participar e ser tan estupend@s e agradables. Moitas gracias por colaborar. Comentar que o resto das fotos están á vosa disposición nesta “santa” páxina.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 4.8/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | 2 Comments »

XORNADAS DO 17 E 18 DE XANEIRO

21 de Xaneiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: RARÍS-FURIA (4-1)

O que non viu o partido pode pensar que foi un paseo triunfal do Rarís. Pois todo o contrario. O Furia dominou durante todo o encontro, pero regalou os 4 goles. Na primeira metade o noso equipo puido ir cun resultado de escándalo ó descanso, pero o falta de gol fixo que co 1-1, fósemos tomar o café. Na reanudación, tres cuartos do mesmo; pero como xa queda dito, unha nefasta actuación de toda a liña de contención fixo que o Rarís se encontrase con tres regalos que deixaron o marcador nese resultado abultado. O gol do Furia foi marcado por Rubén de penalti. Si puideramos destacar a alguén sería a Micky.  Con este resultado o Furia sitúase a 10 puntos do segundo posto que dá dereito ó ascenso. As cousas están moi complicadas; pero a esperanza é o último que se perde. O próximo domingo comeza a segunda volta, e os nosos chavales viaxarán a Ribasar para enfrontarse ó equipo local, ás 4 da tarde. Recordar que no partido da primeira volta o Ribasar arrincou un empate de Campaña. Si o Furia quere seguir mantendo algunha opción ten que vencer, e logo ir partido a partido, a ver que pasa. Sorte.

XUVENÍS: VAL DO ULLA-FURIA (7-0)

O resultado di todo o acontecido durante o encontro. O líder da categoría aplastou ó equipo de Polo e Cacharrito. Si algo podemos destacar foi a actuación de Titovichenko, que foi o destacado do encontro. O próximo sábado o Furia xoga en Campaña fronte ó Bastavales, ás 4 da tarde. Moita sorte.

CADETES: FURIA-PONTECESURES (0-2)

Moi mal partido dos rapaces de Suso Bousón, que rematou o partido moi mosqueado pola actitude amosada polos seus xogadores durante todo o encontro. Tamén notou o Furia a baixa do seu porteiro titular, Cristian. O próximo domingo o Furia enfróntase ó Xuventude de Oroso, en Sigueiro, ás 10 da mañá, e según declaracións de Gasito: “Traeremos unha victoria”.

INFANTÍS: XUVENTUDE OROSO-FURIA (1-3)

Enorme o partido dos rapaces. Victoria clara, e novamente un gran partido de todo o equipo, pero destacando por encima de todos eles o bigoleador Yupi, que está que se sale. O outro gol marcouno Lucas “Montañés”. O próximo encontro disputarano en Bastavales, o domingo ás 11 da mañá.

ALEVÍNS: FLAVIA-FURIA (5-2)

Non puido ser, e a pesar da destacadísima actuación de Melanie (que marcou os dous goles do Furia), o equipo de Diego Fernández acabou sucumbindo ante o equipo de Padrón. O próximo xoves desprázanse a Dodro, onde se medirán o equipo local ás 7 e media da tarde. Seguro que tentarán traer unha victoria da outra banda do río.

BENXAMÍNS: FURIA-PONTECESURES (2-11)

Novo tropezo dos pequechiños. A pesar dos esforzos e do bo partido de todos, pero sobre todo de Anxo e de Serxio Rico, que marcou os dous goles, os nosos veciños foron unha apisonadora imposible de parar. O sábado viaxan a Dubra, onde xogarán ás 4 da tarde.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 8.2/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

I CAMPIONATO DE TRUCO DE PARELLAS DO FURIA

13 de Xaneiro de 2009 por furiaac

Como sabedes, o vindeiro venres 16, celebrarase o I Campinato de Truco por parellas organizado polo noso clube. Animádevos a participar, xa que os premios son moi importantes e ademais esperamos que o ambiente sexa espectacular. Queda unha semana para facer efectiva a inscripción. Para máis información mirade nesta mesma páxina o cartel anunciador do mesmo.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 5.3/10 (10 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 10 E 11 DE XANEIRO DE 2009

13 de Xaneiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-BIDUIDO (2-2)

Velo para creelo. Ano novo, pero volvemos ó do ano pasado. O noso equipo machacou durante todo o encontro, pero non puido ser. Comezaron mal, xa que no primeiro minuto, nun despiste adiantouse o equipo visitante; pero logo nunha primeira parte moi boa, o Furia doulle a volta ó marcador con goles de Rubén e Alvaro. Pero así e todo fallaron innumerables ocasións para sentenciar e dar por rematado o encontro. Sen embargo, nada facía pensar que o Furia puidera pinchar no día de onte. Pero novamente, no primeiro minuto da reanudación, outro erro, permitía o empate do Biduido. O Furia entón bombardeou a portería rival durante 40 minutos; pero foi imposible. Un mal resultado que complica moito os obxetivos marcados; pero hai que ter paciencia, porque aínda non rematou a primeira volta. Agora sí, o partido do domingo é clave para saber realmente as posibilidades do noso equipo. Moito ánimo e a gañar, en Rarís, o domingo próximo ás 4 da tarde.

FÚTBOL SALA FEMININO: MABEGONDO-FURIA (4-0)

Volta a competición cun partido complicado. A pesar de todo, as rapazas loitaron como jabatas e deron a cara durante todo o encontro. Dominaron durante toda a primeira metade, e solo un golazo das da Coruña fixo que o Furia marchara con desventaxa mínima ó descanso. Na reanudación, o partido estivo moi igualada e solo unha pillería das rivais e un gol de penalti, moi dubidoso; desequilibraron o marcador. Aínda non se sabe si xogarán este vindeiro fin de semana ou descansaran, por temas burocráticos da Federación. Darémosvos máis información en canto a teñamos.

XUVENÍS: Descansaron.

Retoman a competición os chavales, iniciando a segunda volta; no campo do líder o Val do Ulla. O partido celebrarase en Ribadulla, o sábado ás 4 da tarde.

CADETES: BERTAMIRÁNS-FURIA (5-0)

Derrota contundente dos nosos cadetes. O resultado di todo. Solamente destacar a actuación de Víctor Mallo, que xogou de todo o posible. Suso Bousón, parece que ten unha oferta do Pontellas, e pode deixar o equipo en breve. Máis información, nos próximos boletíns informativos.

INFANTÍS: FURIA-CALLOBRE (1-2)

¡Que mala sorte, unha vez máis!. Gran partido dos homes de Xabi Cotón, que logo de empatar un resultado adverso, e de dominar o encontro durante todo o segundo tempo, víronse sorprendidos nunha contra polo equipo rival que botou ó traste o bo traballo feito durante todo o encontro. Notouse tamén a man de Santi “o Cabo” dende a banda, imprimíndolle un gran espíritu de loita nos chavales. Incluso soltando frases como “¿Que, estamos de pic-nic ou que?. Salientar tamén que de porteiro do equipo rival, estaba un primo de Will, ou polo menos parecíao. Viaxan a Oroso, para xogar contra o equipo local, o próximo sábado ás 11 da mañán, si non hai outra novidade.

ALEVÍNS: FURIA-CORDEIRO (2-6)

Non puido ser e o eterno rival fíxose co derbi. A pesar dos goles de Samuel e Melanie, o equipo do Cordeiro foi netamente superior durante todo o transcurso do partido. O próximo encontro celebrarase en Pazos, contra o Flavia; pero aínda está sin confirmar a data e a hora do encontro. Moita sorte.

BENXAMÍNS: AMES-FURIA (12-0)

Demasiado líder para os nosos pequechos. A pesar da gran labor de Anxo Muñiz, e o esforzo de todo o equipo e da aficción o Ames, foi moito Ames. Hai que destacar que solo foron 7 xogadores e o non ter cambios notouse moito. Ademais o frío intenso, tamén atenazou ós nosos chavales. Non perden o espíritu competitivo, e o próximo sábado ás 3 da tarde, enfróntanse en Campaña a outro dos equipos punteiros da categoría: os nosos veciños do Pontecesures. Moitísima sorte.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 7.0/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 4 DE XANEIRO

6 de Xaneiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: VAL DO ULLA-FURIA (0-1)
Tres puntos importantísimos os que colleitados polos rapaces en Ribadulla. Moi bo partido de todo o equipo en xeral, sobre todo na segunda metade; pero si hai que destacar a alguén será a Alvaro (que ademais foi o autor do gol do trunfo) e tamén a Rañosinho. Destacable tamén a actuación dos dous xuvenís que actuaron no encontro: Xoan Carlos Baleirón e Brais; que demostraron que o futuro do Furia está asegurado. Lamentar que o árbitro non pitou un clarísimo penalti a Liluuu; e que nas protestas éste foi expulsado, así como tamén Santi “o cabo”. O próximo encontro celebrarase en Campaña, contra o Biduido, ás 4 da tarde. Un encontro en teoría asequible, pero que non se poden fiar, porque na noso campo non se poden escapar máis puntos, si se quere aspirar a algo.

FÚTBOL SALA FEMININO: Descanso.
O próximo encontro terá lugar o domingo 11, en Abegondo (Coruña), contra o equipo local.

XUVENÍS: Descanso.
A próxima xornada tamén descansan.

CADETES: Descanso.
Reanudan a competición logo do parón do Nadal, xogando en Bertamiráns o domingo ás 11 da mañá.

INFANTÍS: Descanso.
Tamén retoman o campionato, o próximo sábado na casa, ás doce menos cuarto, en Campaña, fronte ó Callobre.

ALEVÍNS: Descanso.
Gran derbi o que disputarán os nosos pequenos, contra o Cordeiro; o sábado ás 10:30 da mañán. ¡¡¡A por eles!!!

BENXAMÍNS: Descanso.
Os pequerrechos teñen un partido complicado e madrugón en Bertamiráns, contra o Ames. Celebrarase o sábado ás 10 da mañán. Hai que levantarse como si viñeran os Reis Magos.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 7.3/10 (6 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

I Partido benéfico

5 de Xaneiro de 2009 por furiaac

Representantes da asociación “Partido benéfico contra a fame” facendo entrega de comida na sede social de Cáritas en Vilagarcía de Arousa a víspera de noitevella. Agradecementos ós vendedores da Praza de Abastos de Padrón por sumarse a esta iniciativa.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.3/10 (13 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan