AFECCIONADOS: FURIA-BIDUIDO (2-2)
Velo para creelo. Ano novo, pero volvemos ó do ano pasado. O noso equipo machacou durante todo o encontro, pero non puido ser. Comezaron mal, xa que no primeiro minuto, nun despiste adiantouse o equipo visitante; pero logo nunha primeira parte moi boa, o Furia doulle a volta ó marcador con goles de Rubén e Alvaro. Pero así e todo fallaron innumerables ocasións para sentenciar e dar por rematado o encontro. Sen embargo, nada facía pensar que o Furia puidera pinchar no día de onte. Pero novamente, no primeiro minuto da reanudación, outro erro, permitía o empate do Biduido. O Furia entón bombardeou a portería rival durante 40 minutos; pero foi imposible. Un mal resultado que complica moito os obxetivos marcados; pero hai que ter paciencia, porque aínda non rematou a primeira volta. Agora sí, o partido do domingo é clave para saber realmente as posibilidades do noso equipo. Moito ánimo e a gañar, en Rarís, o domingo próximo ás 4 da tarde.
FÚTBOL SALA FEMININO: MABEGONDO-FURIA (4-0)
Volta a competición cun partido complicado. A pesar de todo, as rapazas loitaron como jabatas e deron a cara durante todo o encontro. Dominaron durante toda a primeira metade, e solo un golazo das da Coruña fixo que o Furia marchara con desventaxa mínima ó descanso. Na reanudación, o partido estivo moi igualada e solo unha pillería das rivais e un gol de penalti, moi dubidoso; desequilibraron o marcador. Aínda non se sabe si xogarán este vindeiro fin de semana ou descansaran, por temas burocráticos da Federación. Darémosvos máis información en canto a teñamos.
XUVENÍS: Descansaron.
Retoman a competición os chavales, iniciando a segunda volta; no campo do líder o Val do Ulla. O partido celebrarase en Ribadulla, o sábado ás 4 da tarde.
CADETES: BERTAMIRÁNS-FURIA (5-0)
Derrota contundente dos nosos cadetes. O resultado di todo. Solamente destacar a actuación de Víctor Mallo, que xogou de todo o posible. Suso Bousón, parece que ten unha oferta do Pontellas, e pode deixar o equipo en breve. Máis información, nos próximos boletíns informativos.
INFANTÍS: FURIA-CALLOBRE (1-2)
¡Que mala sorte, unha vez máis!. Gran partido dos homes de Xabi Cotón, que logo de empatar un resultado adverso, e de dominar o encontro durante todo o segundo tempo, víronse sorprendidos nunha contra polo equipo rival que botou ó traste o bo traballo feito durante todo o encontro. Notouse tamén a man de Santi «o Cabo» dende a banda, imprimíndolle un gran espíritu de loita nos chavales. Incluso soltando frases como «¿Que, estamos de pic-nic ou que?. Salientar tamén que de porteiro do equipo rival, estaba un primo de Will, ou polo menos parecíao. Viaxan a Oroso, para xogar contra o equipo local, o próximo sábado ás 11 da mañán, si non hai outra novidade.
ALEVÍNS: FURIA-CORDEIRO (2-6)
Non puido ser e o eterno rival fíxose co derbi. A pesar dos goles de Samuel e Melanie, o equipo do Cordeiro foi netamente superior durante todo o transcurso do partido. O próximo encontro celebrarase en Pazos, contra o Flavia; pero aínda está sin confirmar a data e a hora do encontro. Moita sorte.
BENXAMÍNS: AMES-FURIA (12-0)
Demasiado líder para os nosos pequechos. A pesar da gran labor de Anxo Muñiz, e o esforzo de todo o equipo e da aficción o Ames, foi moito Ames. Hai que destacar que solo foron 7 xogadores e o non ter cambios notouse moito. Ademais o frío intenso, tamén atenazou ós nosos chavales. Non perden o espíritu competitivo, e o próximo sábado ás 3 da tarde, enfróntanse en Campaña a outro dos equipos punteiros da categoría: os nosos veciños do Pontecesures. Moitísima sorte.