AFECCIONADOS: RARÍS-FURIA (4-1)
O que non viu o partido pode pensar que foi un paseo triunfal do Rarís. Pois todo o contrario. O Furia dominou durante todo o encontro, pero regalou os 4 goles. Na primeira metade o noso equipo puido ir cun resultado de escándalo ó descanso, pero o falta de gol fixo que co 1-1, fósemos tomar o café. Na reanudación, tres cuartos do mesmo; pero como xa queda dito, unha nefasta actuación de toda a liña de contención fixo que o Rarís se encontrase con tres regalos que deixaron o marcador nese resultado abultado. O gol do Furia foi marcado por Rubén de penalti. Si puideramos destacar a alguén sería a Micky. Con este resultado o Furia sitúase a 10 puntos do segundo posto que dá dereito ó ascenso. As cousas están moi complicadas; pero a esperanza é o último que se perde. O próximo domingo comeza a segunda volta, e os nosos chavales viaxarán a Ribasar para enfrontarse ó equipo local, ás 4 da tarde. Recordar que no partido da primeira volta o Ribasar arrincou un empate de Campaña. Si o Furia quere seguir mantendo algunha opción ten que vencer, e logo ir partido a partido, a ver que pasa. Sorte.
XUVENÍS: VAL DO ULLA-FURIA (7-0)
O resultado di todo o acontecido durante o encontro. O líder da categoría aplastou ó equipo de Polo e Cacharrito. Si algo podemos destacar foi a actuación de Titovichenko, que foi o destacado do encontro. O próximo sábado o Furia xoga en Campaña fronte ó Bastavales, ás 4 da tarde. Moita sorte.
CADETES: FURIA-PONTECESURES (0-2)
Moi mal partido dos rapaces de Suso Bousón, que rematou o partido moi mosqueado pola actitude amosada polos seus xogadores durante todo o encontro. Tamén notou o Furia a baixa do seu porteiro titular, Cristian. O próximo domingo o Furia enfróntase ó Xuventude de Oroso, en Sigueiro, ás 10 da mañá, e según declaracións de Gasito: «Traeremos unha victoria».
INFANTÍS: XUVENTUDE OROSO-FURIA (1-3)
Enorme o partido dos rapaces. Victoria clara, e novamente un gran partido de todo o equipo, pero destacando por encima de todos eles o bigoleador Yupi, que está que se sale. O outro gol marcouno Lucas «Montañés». O próximo encontro disputarano en Bastavales, o domingo ás 11 da mañá.
ALEVÍNS: FLAVIA-FURIA (5-2)
Non puido ser, e a pesar da destacadísima actuación de Melanie (que marcou os dous goles do Furia), o equipo de Diego Fernández acabou sucumbindo ante o equipo de Padrón. O próximo xoves desprázanse a Dodro, onde se medirán o equipo local ás 7 e media da tarde. Seguro que tentarán traer unha victoria da outra banda do río.
BENXAMÍNS: FURIA-PONTECESURES (2-11)
Novo tropezo dos pequechiños. A pesar dos esforzos e do bo partido de todos, pero sobre todo de Anxo e de Serxio Rico, que marcou os dous goles, os nosos veciños foron unha apisonadora imposible de parar. O sábado viaxan a Dubra, onde xogarán ás 4 da tarde.