Impresionante ambiente e un gran nivel o que vivimos o venres pasado no campionato de truco. Unha gran participación e moitas gañas de festa, que fixo que rematara o campionato a altas horas da madrugada. Sobre estas liñas vemos o primeiro presidente do Furia, Gelucho o «asturiano»; e seu primo, o actual «presi» Toño Carou, xogando cunha parella de Cuntis. Ó final o equipo dos «presidentes» alzouse co terceiro posto e con cen euriños maravillosos. Os outros postos de honor, foron o cuarto posto acadado por Carlitos e Xoan Comparada, e como non citar os finalistas e grandes animadores do campionato: Cachote e Oviguan Eau de Cologne, e Alex Comba e o seu compañeiro; que resultaron segundos e primeiros respectivamente. A nosa noraboa os campións, pero tamén a todos e todas por participar e ser tan estupend@s e agradables. Moitas gracias por colaborar. Comentar que o resto das fotos están á vosa disposición nesta «santa» páxina.




2 Comentarios
Non é por desmerecer as labores de José Ovidio como xogador de truco pero… ¿Desta volta a parella de Cachote non foi Tito Nerello? (pregunto eu como se non estivera alí…)
Parece que os creadores da päxina estaban un pouco trompas o däia do campionato. Desta vez quixen darlle una oportunidade äos demais xogadores e altruistamente renunciei a participar. Saludos desde Bremerhaven.