XORNADAS DO 24 E 25 DE XANEIRO

27 de Xaneiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: RIBASAR-FURIA (0-3)

Partido moi práctico do Furia. Os homes de Mac fixeron un encontro non moi bonito de cara ó espectáculo, pero conseguiron o obxetivo marcado, que eran os tres puntos. Ademais o terreo de xogo, tampouco estaba para moitas florituras. Xogo directo que se saldou con dous grandes goles de Rubén e outro de Perreta, que por fin rompeu a súa sequía goleadora. Agora teñen que ir partido a partido, e xa veremos. Gran partido tamén de Rañosinho e de Nevero; que se desquitou da súa mala actuación da semana anterior. Gran arbitraxe do veterano colexiado “Visentiño” O próximo domingo enfróntanse ó Lestedo, en Campaña ás 4 e cuarto da tarde. A priori, deberían ser tres puntos máis para o casilleiro do Furia; pero non se poden fiar, porque este ano xa tivemos algún que outro “carallo”.

FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-SOBRADO (2-1)

Impresionante. As nosas rapazas deron a sorpresa da xornada, e conseguiron doblegar á un dos galiños da categoría e candidato ó titulo de Liga, contra todo pronóstico. Enorme partido de tódalas xogadoras, que remontaron un tanto inicial das da terra do mosteiro, con tantos de Chus  e de Laura. Todas lle botaron moitas gañas facendo un incrible derroche físico. Gran asistencia de público que animaron moito durante todo o encontro. Tamén destacar que o encontro foi dirixido polo noso veciño “Changüi” que tivo unha labor moi correcta. O próximo sábado ás 6 da tarde, enfróntanse o colista da categoría, o Esteirana; ás 6 da tarde no Pavillón de Beiro. Unha boa oportunidade para seguir sumando puntos.

XUVENÍS: FURIA-BASTAVALES (2-3)

De mal en peor. Parece que os mozos están nun bache profundo e volveron a caer nun partido que se decideu nunha horrible primeira metade, onde o Furia, marchou ó descanso perdendo por tres goles a cero. Aínda que reaccionaron na segunda metade con goles de Klá e Ferro, era demasiado tarde, e os chavales da terra de Rosalía, leváronse os tres puntos. Esperemos que reaccionen. Teñen unha boa oportunidade o próximo sábado ás 5 da tarde na Golada, xa que se enfrontan ó pechacancelas da categoría.

CADETES: XUVENTUDE OROSO-FURIA (2-3)

Nova victoria impresionante do Furia cadete. Unha victoria que ademais ten un gran sabor de boca debido a que foi “in extremis”. A sorte que se lles negou ós chavales outras xornadas tiverona o outro día. De tódolos xeitos a victoria foi máis que merecida polo xogo desplegado polo equipo durante todo o encontro. Os goles de Pó (por partida doble) e do goleador Gasito déronlle outros tres puntos ó equipo de Suso B., que en declaracións á prensa afirmou que mereceron gañar con máis holgura polo extraordinario xogo desplegado. O próximo domingo descansan, que ben o merecen.

INFANTÍS: BASTAVALES-FURIA (6-1)

Batacazo importante dos rapaces. Un cuarto de hora nefasto, tirou por terra todo o traballo da semana. Aínda que tentaron reaccionar, cun novo gol de Yupi, o resultado tan adverso fíxolles imposible acadar algo positivo. Descansan a próxima xornada.

ALEVÍNS:DODRO-FURIA (12-3)

Resultado que o di todo. O equipo do Dodro demostrou o porqué da súa boa clasificación e pasou por encima dos rapaces do Furia. Tamén hai que contar que os nosos chaval@s viñan directamente dunha excursión da Coruña e foron directos para xogar; e aínda por encima chovía a chuzos; algo que non beneficia o xogo de toque dos pupil@s de Diego Fernando. Os goles do Furia foron anotados por Melanie, Samuel Castiñeiras e Manu Busto. O próximo sábado, ás 11 da mañá en Cacheiras tentarán redimirse desta derrota.

BENXAMÍNS: DUBRA-FURIA (12-2)

As baixas e a presión ambiental puideron cos nosos pequechos. Tamén a mala sorte influeu no mal resultado colleitado en Dubra. Destacar unha vez máis os 2 goles de Serxio Rico, que se sale como goleador este ano. Tamén salientar que a pesar da derrota, a excursión ó val do Dubra en autobús fixo as delicias de rapaces e afeccionados. O próximo partido será o vindeiro xoves, en Campaña, ás 6 da tarde fronte ó Dodro.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)
XORNADAS DO 24 E 25 DE XANEIRO9.8104

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan