XORNADAS DO 21 E 22 DE FEBREIRO

27 de Febreiro de 2009 por furiaac

GRAN FESTA DE ANTROIDO ORGANIZADA POLO FURIA NA CASA DE CULTURA DE CAMPAÑA O SÁBADO 21.

¡Como nos gusta a troula! Pero hai que dicir que somos moi bos. Pasámolo todos e todas moi ben, e todos os que pertencemos ó clube dunha maneira ou outra disfrutamos “de carallo” dunha das festas máis bonitas que hai na nosa terra e no mundo enteiro. Gracias a tod@s e o ano que ven tentaremos sorprendervos con algo especial. Xa veremos. Podedes ver tódalas fotos na páxina (entrade na sección de fotos, na subsección do antroido 2009).

Aquí vemos ós famosos “capullos” no tradicional entroido do Furia, que nunca faltan.

AFECCIONADOS: ROIS-FURIA (3-5)

Gran partido dos nosos maiores. Foron netamente superiores a un Rois en horas baixas. Dous goles de Flores, outros dous de Rañosinho e un máis Alvarito puxeron tres puntos máis no casilleiro do noso equipo, que aínda así o ten moi difícil para ascender. Pero mentres hai vida hai esperanza, e como se di vulgarmente “hai que seguir remando”. Destacar por segundo domingo consecutivo o gran partido de Flores, que parece que se está encontrando en plena forma nas últimas xornadas; e tamén a gran actuación de Rañosinho, que fixo o seu mellor encontro dende que se atopa nas filas do Furia. O domingo hai un gran encontro en Campaña, xa que nos visita outro recén descendido de 2ª: O Praíña; que como o Furia, parece que o vai ter difícil para retornar á categoría superior. A hora do encontro serán as 4 e media da tarde.

FÚTBOL SALA FEMININO: BOQUEIXÓN-FURIA (6-1)

Inxusto o resultado acadado polas nosas mozas no feudo do segundo clasificado. A pesar de adiantarse no marcador cun gol de Vanesa, as locais empataron ó borde do tempo de lecer; e xa na segunda metade déronlle a volta ó marcador; aínda que os segundos vintecinco minutos, tamén estiveron moi igualados. Hai que salientar a mala educación dalgunhas xogadoras e dos afeccionados do Boqueixón, que non estiveron a altura do encontro; e solamente unha perfecta labor da parella arbitral, evitou que o encontro acabase nunha tangana. O próximo domingo, ás 12 e media da mañán, desprázanse á Coruña para celebrar o partido atrasado contra o líder da categoría: o “simpático” Drako. Moita sorte.

XUVENÍS: FURIA-AMES (2-0)

Partido moi traballado e victoria xusta dos chavales. Con goles de Adriansinho e novamente de Pascolo (que xa levaba tempo sen marcar- xa se pensaba si lle poidera afectar o virus Fifa-), acabaron coa resistencia dos chavales das terras santiaguesas. O sábado ás 5 da tarde, terán un nova reválida, nun derbi que se espera apaixoante; e onde unha vez máis poderemos asistir a un duelo táctico entre a parella Polo-Scotter e Oscar-Manolo do Xastre. Interesantísimo.

CADETES:Descansaron:

O próximo domingo pola mañán disputan o seu último encontro de liga en Dubra. Moita sorte chavales.

INFANTÍS: FURIA-SPORTING ESTRADA (4-4)

A sorpresa da xornada. Impresionante o encontro realizado polos rapaces. Foron capaces de empatar ante un dos galiños da categoría, e  poden dar as gracias. Dous novos goles de Yupi (que este ano está que se sale- de feito hai xente que xa lle chama o “novo Raúl” do fútbol patrio-), un de Adrián Casal e un auténtico golazo de Lucas “Brasi” (que si o marca alguén de primeira, inchámonos de velo pola “tele”), déronlle outro punto para o seu casilleiro. A pena foi a nefasta actuación (e xa non é a primeira) do colexiado Vicente Fiel, que deixou ó noso equipo con dous homes menos; ó expulsar de maneira inxustísima a Xose e a Alex Barreiro. Si o colexiado fose xusto, seguramente outro resultado sería o máis normal. O próximo sábado desprázanse a Cesures para medirse ós nosos veciños, ás 10 e media da mañá.

ALEVÍNS: FURIA-VAL DO ULLA (1-11)

Non puido ser. O resultado reflexa o acontecido no encontro. O único destacable nesta xornada do equipo do Furia foi o bonito gol anotado por Samuel Castiñeiras. O Venres ás 6 da tarde teñen tamén un bonito derbi contra o Cordeiro. Forza chaval@s e a por eles.

BENXAMÍNS: FLAVIA-FURIA (11-1)

Nada que facer. Os de Padrón foron netamente superiores. Parece que os rapaces e rapazas de Diego Fernandez están atravesando un profundo bache. O gol, novamente do goleador Serxio Rico. Sairán adiante. O próximo rival será o Tordoia, en Campaña o sábado, ás 3 da tarde.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (1 vote cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 14 E 15 DE FEBREIRO

17 de Febreiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-CARCACÍA (3-3)

Impresionante encontro o celebrado o domingo en Campaña. Un gran día, un gran ambiente, moito público nas gradas e dous equipos que se deixaron todo no campo e deleitaron a afección cun magnífico partido de fútbol. Alternativas no marcador, 6 goles e un sinfín de oportunidades que puideron rematar cun resultado grandioso. O Furia marchou ó descanso cun 2 a 0 (goles de Perreta e Álvaro), que facía presaxiar un partido plácido; pero incomprensiblemente, nos nove minutos da reanudación o equipo visitante doulle a volta ó marcador. Pero en lugar de virse abaixo, os homes de Mac; sacaron a casta e dominaron o resto do encontro, empatando por medio de Rubén; e despois o propio Rubén (cun balón o pau), Paja, e Flores dispuxeron de clarísimas oportunidades que a deusa Fortuna non quixo que entrasen. Podemos destacar a actuación de tódolos xogadores pero en especial de Flores que tivo unha tarde moi afortunada recordando vellos tempos, e que parece que volve a estar de dulce. O próximo domingo viaxamos a Rois.

FÚTBOL SALA FEMININO: DESCANSARON

A próxima xornada viaxan a Boqueixón para enfrontarse ó equipo desa localidade.

XUVENÍS: ESCLAVITUDE-FURIA (0-4)

Enorme o encontro dos mozos na Esclavitude. Foron netamente superiores e con goles de Adrián Ferro, Pó, e dous de Brais; conseguiron a victoria; co que enlazan a segunda consecutiva. Como di o refrán, “non hai dous sen tres” e a ver si o próximo sábado en Campaña fronte ó Ames enlazan outra victoria.

CADETES: FURIA-CACHEIRAS (0-9)

Non houbo nada que facer. Infinitamente superiores os rapaces de Cacheiras que arrollaron ó equipo dos cadetes. Cabe destacar unha gran oportunidade do Furia para marcar o gol do honor cun gran remate de testa de Titovichenko.  O próximo día descansarán.

INFANTÍS: DUBRA-FURIA (4-2)

Unha mágoa. Partido disputadísimo que puido caer do lado de calquera; e que ó final decantouse do lado do equipo local. Os goles de Alex Barreiro e unha vez máis do goleador Yupi, déronlle chance ós chavales, pero ó final non puido ser. O sábado teñen un rival duro enfronte: o Sporting Estrada. Será ás 11 e media da mañá.

ALEVÍNS:ESCLAVITUDE-FURIA (3-2)

A sorte non está de cara. Logo de ir gañando 2 a cero (con goles de Samuel Castiñeiras), os rapaces e rapazas do Furia deixáronse remontar un encontro que tiñan controlado e gañado. A mala sorte decideu o resultado. Outro día será. O próximo sábado enfróntanse ó líder, o Val do Ulla, que ven a Campaña ás 10 e media da mañá.

BENXAMÍNS:DESCANSARON

O próximo xoves xogan en Pazos, contra o Flavia, sobre as 6 da tarde. Moita sorte.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

VELLA E NOVA INSTALACIÓN DE INTENDENCIA DO FURIA: PRÓXIMA INAUGURACIÓN

17 de Febreiro de 2009 por furiaac

Proximamente inaugurarase a “nova e maravillosa” instalación onde o Furia ten que gardar o material necesario para o funcionamento de sete equipos.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 7 E 8 DE FEBREIRO

11 de Febreiro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: ESTUDIANTIL-FURIA (4-1)

Non puido ser. Parece que os maiores perderon o último tren do ascenso. Logo de facer unha primeira metade memorable e de adiantarse no marcador cun gol de Tito, e de tirar dúas veces ó pau; un mal día  da defensa, botou ó traste todo o traballo. Agora hai que rezar, e esperar que mentres non digan o contrario ás matemáticas, hai que seguir confiando en que o ascenso aínda é posible. Destacar a mala educación do “rico” presidente peixeiro do Estudiantil; que terá moitos cartos pero debería aprender un pouco de educación en xeral e non ser tan pesetero como demostrou. O próximo domingo hai un partidazo en Campaña, xa que nos ven visitar un dos galiños da categoría: o Carcacía. Moita sorte.

FÚTBOL SALA FEMININO: BRIÓN-FURIA (10-0)

O resultado di todo o que sucedeu no encontro. O peor partido das nosas rapazas no que vai de temporada. Mellor olvidalo e pensar no próximo encontro. Descansan a próxima xornada, o que sirve para reflexionar.

XUVENÍS: FURIA-MILLADOIRO (2-0)

Gran victoria dos chavales, que conseguiron doblegar a un dos equipos fortes da categoría. Con goles de Pablo Busto e de Diego Ferro, fixeron xustiza. Hai que destacar a actuación tamén de Klá, Malekinho e de Pepe Touceda, que tiveron un día espléndido. O próximo sábado viaxan á Esclavitude, onde se medirán ó equipo local, ás 12 da mañá.

INFANTÍS: DESCANSARON.

O próximo sábado desprázanse ó campo da Telleira en Dubra, onde xogan ás 12 da mañá.

ALEVÍNS: FURIA-PONTECESURES (2-5)

Goles de Melanie e Samuel Castiñeiras, que non serviron para dar a sorpresa diante dos nosos veciños de Cesures. Gran partido de todos os rapaces e rapazas, que notan moito xa a man de Diego Fernando. Progresarán fixo. Sábado ás 4 da tarde en Pazos, un gran partido contra o Esclavitude.

BENXAMÍNS: CORDEIRO-FURIA (7-4)

Gran e emocionante derbi o disputado en Campaña o sábado. O partido puido ser para calquera dos equipos, pero ó final decantouse do lado do Cordeiro. Gran ambiente e un encontro moi sano. Enorme o partido de todos e todas, pero destacar unha vez máis a Serxio Rico que fixo un “hat trick” (aínda que non levou o balón para a casa); e tamén de Anxo Muñiz (que tamén marcou un golazo). O próximo sábado descansan.

CADETES: VAL DO ULLA-FURIA (5-1)

Non sirveu de nada o golazo de Titovichenko. O líder demostrou o porqué da súa posición na táboa e gañou con solvencia ós rapaces de Suso B. O próximo domingo xogan na casa en Campaña contra o Cacheiras, ás 12 menos cuarto. Sorte.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 31 DE XANEIRO E 1 DE FEBREIRO

3 de Febreiro de 2009 por furiaac

TÓDOLOS EQUIPOS: Como todos sabedes, debido ó aviso de temporal-que non foi o que pensaban os organismos oficiais….(se lle preguntaran ós nosos avós, xa arreghlaban o tema)- suspenderonse todos os partidos oficiais da xornada. Polo tanto, non houbo fútbol. Así posiblemente e si a autoridade competente non di o contrario os próximos encontros serán:

AFECCIONADOS: Partidazo contra os “ricos” do Estudiantil, o próximo domingo ás 4 e cuarto.

FEMININO: Posiblemente, o próximo sábado ás 6 da tarde en  Brión. Imos xogar á terra de Rosalía. Viva Galiza.

XUVENÍS: En Campaña contra o Bastavales, o sábado  6 de Febreiro, ás 4 e cuarto da tarde, máis ou menos.

CADETES: Viaxan ó antigo feudo do Airiños. Xogan contra o Val do Ulla , o domingo ás 11 da mañán.

INFANTÍS: Descansan.

ALEVÍNS: Xogan contra o Cesures, o Venres ás seis menos cuarto en Porto. Viva Jaje.

BENXAMÍNS: Derbi contra o Cordeiro. O sábado pola tarde, sobre as tres, tres e media da tarde, ghran partido dos pequeniños de Valga. Hai que ver o partido. Todos e todas teñen moito mérito. Sede boiños e animade a tod@s os rapac@s dos dous equipos…., pero que gañen @s nos@s.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan