XORNADAS DO 21 E 22 DE MARZO
AFECCIONADOS: FURIA-URBAN (6-0)
Partido intrascendente e un pouco aburrido. O Furia é hoxe por hoxe moi superior a este equipo santiagués, que de tódolos xeitos foron moi nobles, salvo un pequeno detalle feo do número 4 cando remataba o equipo. Teñen moito mérito. Os goles anotados por Rubén (2), Flores(2)-que está amosando que neste remate de temporada está en plena forma-, un Álvaro e outro Lilu; foron o único que sacaron ó pouco público do aburrimento xeral. As cousas están difíciles pero cos partidos que temos atrasados si os sacamos adiante, aínda hai unha pequena esperanza, xa que quedaríamos a sete puntos do Sar e a 5 do Estudiantil (co que temos pendente unha reclamación), e téndonos que enfrontar ó Sar. Todo pode pasar, e ata que as matemáticas digan o contrario hai que seguir loitando. O próximo domingo ás 5 e media da tarde en Ortoño, enfróntanse ó Bugallido.
FUTBOL SALA FEMININO: FAME NEGRA-FURIA (0-0)
O partido non rematou porque os colexiados suspendérono á falta de 16 minutos e 35 segundos para o remate do mesmo. Unha agresión da número 9 do equipo contrario que foi repelida valentemente por Cristina, fixo que o partido non chegase ó seu final. Ata aí, un partidazo das nosas xogadoras, que sobrepoñéndose ó ambente hostil e as marrullerías da devandita número 9 do Fame Negra e tamén da súa adestradora estaban plantando cara con gran mérito ó equipo de Carral. Destacar a todas as xogadoras (Sheila, Mari, Bea ,Vanesa, Cristina e tamén Laura e Pili) que sin ningún cambio estaban desplegando un gran derroche físico. Posiblemente un dos mellores encontros das nosas rapazas ata que aconteceu o feito xa descrito. Agora a esperar o dictamen do Comité de Competición. O próximo sábado en Beiro, reciben a un dos mellores equipos da Liga: o Fisober; pero que visto o visto a xornada pasada as nosas poden dar a sorpresa.
XUVENÍS: FURIA-ORTOÑO (3-5)
Algún día tiña que ser, e este sábado truncouse a racha triunfal dos xuvenís. Unha nefasta primeira metade (1-5, ó descanso), fixeron inútil o arreón da segunda metade. Nesta liga xuvenil si non saes enchufado, págalo caro. Os goles do Furia foron anotados por Ferro, e dous por Pó. O sábado viaxan a Recesende, o segundo clasificado; polo que se espera un duelo interesantísimo. O partido será ás 4 e media da tarde.
INFANTÍS: FURIA-CORDEIRO (0-5)
A maior forza física do Cordeiro, fíxose notar, e a pesar de que o plantexamento do Furia foi valente. Hai que recoñecer a superioridade do rival e esperar a temporadas onde cambien as tornas. O mellor do encontro foi o “fair play” de xogadores e afeccionados, que disfrutaron dunha tarde de fútbol moi agradable. O próximo encontro será en Dodro, aínda sen confirmar nen data nen horario.
Equipo infantil que se enfrontou ó Cordeiro.
De pé (de esquerda a dereita): Cassano-adestrador-, Lucas Brasi, Xosinho, Yonis, Adrián Casal, Alex, Lucas “Montaña”e Santi “Cabo”-segundo adestrador-.
Aniñados (de esquerda a dereita): Danielinho, Manu Busto, Samuel Castiñeiras, Yupi, Curros, Noé e Xosé Manuel.
Manuel Blanco, delegado do Cordeiro, atento ás incidencias do xogo e sempre disposto a axudar ós dous equipos.
ALEVÍNS: FURIA-DODRO (3-6)
Outro encontro que se foi ó limbo. Non teñen sorte os chaval@s. Pelexaron o partido todo o tempo, pero o maior acerto de cara ó gol do Dodro fixeron inútiles os tres goles do gran protagonista do encontro, que foi Samuel Castiñeiras. O próximo encontro será o derradeiro desta temporada na categoría, contra o Cacheiras, en Campaña, tamén sen confirmar nen día nen hora. Moita sorte e a ver si o último envite, se salda con victoria.
Posteado enResultados | 1 Comment »
















