AFECCIONADOS: BUGALLIDO-FURIA (0-3)

Aínda non entendemos como este equipo nos puido empatar en Campaña, sobre todo despois de ver a superioridade manifesta que o noso equipo amosou sobre o terreo de xogo de Ortoño. Unha tarde magnífica de fútbol e moi agradable climatoloxicamente. Os chavales sin «pisar o acelerador» metéronlle tres ó equipo local pero puideron ser moitos máis. Gran partido de todo o equipo en xeral, e si tivesemos que destacar a alguén sería a Manolito, Ramón,  Tito, e Alvaro. Os goles foron anotados polos dous últimos (Tito e Álvaro) e o terceiro por Rubén.  Por certo, que temos que correxir un erro que cometemos a semana pasada, xa que lle anotamos un gol a Flores, que en realidade fora marcado por Xabi Cotón. Desculpas. Tamén destacar que xa nos deron os tres puntos do Lestedo, co que xa temos 39. Ánimo que aínda se pode ir a por todas.O próximo encontro será en Campaña contra o San Antonio de Herbón, o domingo ás 5 da tarde. Outra cousa que nos gustaría é mandar un saúdo ó adestrador Mac, que está maliño no hospital. Recupérate Mac, que te votamos de menos.

FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-FISOBER (0-6)

Un dos mellores equipos do torneo viuse o sábado en Beiro. Ademais contaba o Furia con innumerables baixas, pero aínda así conseguiron completar un encontro cheo de garra e loita. Destacar a gran actuación de Cristina (que está que se sale), de Mari( como sempre) e tamén de Lucía, que completou o seu mellor encontro desta temporada co Furia. O próximo fin de semana xogan en O Pino, pero sin data nin hora confirmadas.

XUVENÍS: RECESENDE-FURIA (5-2)

Superioridade do Recesende, que amosou o porqué da súa clasificación. A pesar de que o Furia aguantou ata o 1-1, logo o equipo local foi un vendaval e pasou por encima dos chavales de Polo e Cacharrito. Os dous tantos de Pablo Busto, conseguiron que o resultado non fose de escándalo. O próximo sábado o equipo desprázase á Golada, onde disputará o seu encontro ás 5 da tarde.

INFANTÍS: DODRO- FURIA (0-4)

Nova victoria do equipo que está dando máis alegrías ó noso clube esta temporada. A man intelixente de Xabi, a garra de Santi «Cabi» e o desparpajo e gañas de tódolos chavales, están facendo desta temporada unha das mellores desta categoría. Superioridade absoluta, refrendada con dous goles novamente de Yupi, un de Lucas «montaña» e un auténtico golazo de Xosinho (logo dunha ruleta ó borde da área e un gran disparo que entrou por toda a escadra). O domingo pola mañán, xogarán contra o Cacheiras en Campaña.

ALEVÍNS: FURIA-CACHEIRAS (O-4)

Na tónica de toda a temporada: bo partido, pero sin sorte. É incríble pero este equipo que non tivo moi bos resultados desplegou un gran xogo durante toda a temporada. Perdeu tódolos encontros por pouco e puido gañar ou empatar moitos deles. Unha mágoa, pero xa sabedes que agora é a idade de aprender e este equipo estao facendo moi ben. Como sempre que remata unha tempada dunha das categorías facemos unha análise do máis destacado, sempre contando cos mellores analistas e tertulianos do mundo do fútbol de aldea mundial.

XOGADOR REVELACIÓN: Salvador Tarrío.

XOGADOR CON MÁIS CORAXE: Pedrinho.

XOGADOR CON MÁIS PROXECCIÓN : Noelia.

XOGADOR MÁIS BOÍÑO: Danielinho.

PORTEIRO MENOS GOLEADO: Danielinho.

XOGADORES IMPORTANTES: Melanie, Manu Busto, Manu Meniño, Luis David, Xoan Manuel, Samuel Castiñeiras, Ismael Azidane,

GOLEADORES:

1 Gol……Manu Busto

3 Goles…………Pedrinho e Luis David.

6 Goles…………………………..Samuel Castiñeiras.

8 Goles e Pichichi ou mellor dito Pichichísima………….MELANIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIE.

De pé (de esquerda a dereita): Diego Fernández-adestrador-, Danielinho,  Salvador, Manu Meniño, Manu Busto, Ismael Azidane, Melanie.

Aniñados (de esquerda a dereita): Xosé Luis, Noelia, Xoan Manuel, Pedrinho, Luis David e Samuel Castiñeiras.