XORNADAS DO 4 E 5 DE ABRIL
AFECCIONADOS: FURIA-HERBÓN(2-4)
Horrible o encontro na segunda metade do Furia que tirou por terra moitas das posibilidades que aínda lle quedaban. Os goles de Tito e de Xabi na primeira metade remontaron o tanto inicial do Herbón. Todo parecía que se lle poñía de cara ós de Mac; pero unha segunda parte sen gañas e apática fixo medrar ó Herbón, que merecidamente se levou os tres puntos. Gran partido do visitante Regalía, que a pesar da súa veteranía xogou a un nivel altísimo. Tamén mencionar o bo partido de varios ex-xogadores do Furia, como Iván, Manolo Raposo, Geri e Juanjo “Pelouro”. O próximo domingo de Pascua, xogan un partido importantísimo en Extramundi contra o Sar. Os nosos teñen que gañar, si ou si; si aínda queren manter algunha esperanza; e por suposto tamén é vital para o Sar na súa pelexa por ascender.
FÚTBOL SALA FEMININO: O PINO-FURIA (3-1)
Inxustísimo o resultado colleitado polas rapazas en terras do Camiño de Santiago. Un dos mellores partidos das nosas que sin embargo non se refrendou con puntos no seu casilleiro. Adiantáronse no marcador cun bonito gol de Vanesa, pero as contrarias acabaron remontando o encontro. Hai que destacar outra vez o enorme partido de Cristina e sobre todo de Mari que está que se sae. O próximo fin de semana descansan.
XUVENÍS: A GOLADA-FURIA (1-1)
A pesar das innumerables baixas coas que contaba o equipo un resultado que fai ós chavales volver pola senda dos bos resultados. Non foi un gran encontro; pero demóstrase unha vez máis que a canteira do Furia ten un bo futuro. Tanto é así que debutaron dous novos cadetes: Miguel Busto e Serxio LLerena; que ademáis de xogar titular marcou o gol que lle daba un punto ó equipo. O próximo sábado ás 5 enfróntanse ó Callobre.
INFANTÍS: FURIA-CACHEIRAS (0-6)
Nada que dicir. O Cacheiras foi moi superior e demostrou o porqué está loitando pola Liga. O próximo fin de semana descansan.
ALEVÍNS: Descansaron.
Hai que destacar que este fin de semana acoden unha vez máis a Arousa Cup.
Xoves 9:
13´30 …A Seca-Furia
19´00…Catoira-Furia
Venres 10:
10´30…Noalla-Furia
13´30…Redondela-Furia
Os encontros xogaránse no Campo da Lomba en Vilagarcía.
Posteado en Resultados






