AFECCIONADOS: SAR-FURIA (3-1)
A pesar do que parece dicir o resultado, podemos afirmar que quizais o de onte foi un dos mellores encontros dos maiores no que vai de temporada. Enchufados, atentos, rápidos, cun gran xogo de ataque e unha magnífica defensa; loitaron o indecible por levarse o encontro, e solo unha mala actuación arbitral, e tamén as gañas do contrario fixeron que o resultado fose ese e non se levaran os tres puntos. Cando falamos da labor do colexiado non queremos dicir que influise en xogadas puntuais, pero si que parecía perseguir ós nosos xogadores con amonestacións. De feito o entrenador Martín tivo que facer dous cambios antes do descanso -con moi bo criterio por certo- para que o noso equipo non se quedase con sete ou oito xogadores no terreo de xogo; porque como dicimos o árbitro desquiciou ós xogadores e incluso ós afeccionados do Furia coas súas actitudes chulescas. Sen embargo, non hai que poñerlle pegas á victoria do Sar, que consigueu os tres puntos en boa lid, e cun partido no que se viu dominado pero que en accións puntuais marcou os tres goles. O Furia marcou un gran tanto por medio de Perreta. Hai que destacar a labor de todo o equipo, cun gran Álvaro, un Perreta moi motivado, un gran Manolito, un Micky espectacular en tódalas súas accións, un Flores descoñecido, un Paja desequilibrante, e en xeral un gran partido de todos os que interviñeron no encontro. Si se lle pode poñer un único «pero» ó encontro foi que Peixe non estivo demasiado afortunado nas dúas saídas que deron orixe ás xogadas do segundo e terceiro gol; pero erros témolos todos. O próximo domingo, posiblemente ás 5 da tarde, reciben a visita do Val do Ulla.
FÚTBOL SALA FEMININO: Descanso
O próximo sábado reciben ó Femiordes, no Pavillón de Beiro, ás 7 da tarde.
XUVENÍS: FURIA-CALLOBRE (1-0)
Parece que os chavales voltan pola senda dos bos resultados, e gañaron, non sen dificultades; pero cun partido moi serio a un difícil rival, cun gran gol de Malekinho. O próximo sábado de pascuilla descansan.
INFANTÍS: Descanso.
A próxima xornada tamén descansan.
ALEVÍNS: Arousa Cup
Participación moi digna do equipo de Diego Fernández, envoltos nun ambiente extraordinario. De tódolos xeitos ás catro derrotas colleitados non lle permitiron loitar por entrar na fase final do torneo, onde se terían que ver as caras contra equipos de categoría mundial recoñecida.

