AFECCIONADOS: FURIA-VAL DO ULLA (1-2)
Tiráronse por terra as poucas esperanzas que quedaban. Nunha primeira parte para olvidar o equipo de Mac, non puido superar ó equipo rival. A pesar de que o equipo tivo innumerables ocasións, o defecto de toda a temporada- a falta de gol-, arruinou este primeiros corenta e cinco minutos. Na segunda metade, algo máis entonados, o Furia marcou un gol de penalti por medio de Perreta; e aínda que o tentou, non puido conseguir nada positivo. Espectaculares foron os minutos que Santi «Cabi», xogou de dianteiro. El soio, puido remontar o encontro, primeiro cunha doble ocasión que desvaratou o porteiro rival; e máis tarde cunha fermosa chilena que a piques estivo de rematar en gol. De feito, moitos afeccionados xa se preguntaban porque Santi non saira antes, ou porque non xoga sempre de dianteiro. Ó mellor outro galo cantaría. Tamén destacar que xogaron os xuvenís Ferro e Malekinho; que foron do mellor do partido. O próximo domingo, enfróntanse ó Biduido, ás 5 da tarde en terreo alleo.
FÚTBOL SALA-FEMININO: FURIA-FEMIORDES (3-0)
Desgraciada tarde en Beiro. O encontro non rematou pola espectacular e gravisima lesión que sufriu a nosa xogadora Cristina. Foi trasladada de inmediato ó centro sanitario da Rosaleda en Santiago, en Ambulancia. Sufre unha gravísima lesión (gravísima luxación de nocello, rotura da cabeza do maleolo e rotura de peroné), da que hoxe mesmo foi intervida quirúrxicamente. Parece que todo saíu moi ben pero aínda hai que ser cautos. Todas as compañeiras, e toda a masa social do Furia está contigo. RECUPÉRATE PRONTO QUE TE VOTAMOS DE MENOS. O próximo fin de semana descansan- si non hai ningunha novidade-.
XUVENÍS: Descansaron.
Rematou a Liga nesta categoría. Unha gran campaña do equipo de Polo e Cacharrito. Remataron nunha moi digna séptima posición; aínda que hai que dicir, que ó mellor podían aspirar a postos máis altos co bo equipo que teñen. De tódolos xeitos, hai que agardar que a vindeira temporada aspiren a todo, xa que manteñen o equipo practicamente na súa totalidade. Agora esperan á Copa do Sar, onde esperan chegar ó máis lonxe posible. Según os informes técnicos, os destacados da temporada son:
XOGADOR REVELACIÓN: Pascolo, Felipe e Pepe.
XOGADOR CON MÁIS CORAXE: Malekinho.
XOGADOR MÁIS REGULAR: Brais.
XOGADOR MÁIS BOIÑO: Diego Fernández.
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Carlitos «Mambis».
GOLEADORES:
1 GOL…Xoan Carlos, Pipe, Diego Fernández e Serxio Llerena-cadete-
2 GOLES… Rubén Lorenzo.
3 GOLES… Malekinho, Adriansinho, Brais e Klá.
5 GOLES… Pó
8 GOLES… Pascolo.
10 GOLES… Pablo Busto.
15 GOLES E SUPER PICHICHI XUVENIL…..ADRIÁAAAANNNNN FEEEERRRRRROOOO.
De pé (de esquerda a dereita): Cacharrito-adestrador-, A. Ferro, Klá, Carlitos, Rubén Lorenzo, Pó-cadete-, Pablo Busto, Xoan Carlos, Borja, Polo-adestrador-.
Aniñados (de esquerda a dereita): Pascolo, Carlos Potel, Diego Fernández, Pepe, Malekinho, Brais, Pipe, Adriansinho.
Adrián Ferro, flamante «pichichi» dos xuvenís en Liga.
INFANTÍS: Descansaron.
O próximo sábado, ás 11 da mañá enfróntanse ó Callobre ó equipo local. Moita Sorte.
ALEVÍNS: Foto da participación na Arousa Cup

Manu Meniño, o bravo xogador do Furia, nun lance do encontro disputado contra A Seca, no campo da Lomba, en Vilagarcía; durante a disputa da Arousa Cup.


