XORNADAS DO 25 E 26 DE ABRIL

28 de Abril de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: BIDUIDO-FURIA (1-1)

Non foi o mellor encontro dos nosos maiores. Puideron colleitar un mellor resultado, pero a falta de gol (unha vez máis) non permitiron que trouxeran un mellor resultado. A pesar de xogar moitos minutos con 9 o Furia mereceu gañar o encontro. Hai que destacar o maravilloso gol que anotou Xavi Cotón, e que xogaron catro xuvenís: Klá, Ferro, Brais e Malekinho. Hai futuro. Esta semana o Furia ten dous compromisos (como o Barça de Pep): o último partido de Liga contra o Rarís o venres ás 4 da tarde en Campaña; e o domingo un espectacular encontro da primeira eliminatoria da Copa do Sar a partido único contra o Lesende de 2ª Autonómica, tamén en Campaña, ás 6 da tarde.

A sufrida afección do Furia.

O tándem de adestradores do equipo xuvenil, xunto co colexiado Rafael Vicente, un dos protagonistas do encontro.

Equipo que se enfrontou ó Biduido. De pé (de esquerda a dereita): Mac-adestrador-, Klá -xuvenil-, Santi, Manolito, Ferro -xuvenil-, Alvaro, Tito e Peixe.

Aniñados (de esquerda a dereita): Flores, Roberto, Brais -xuvenil-, Patxi, Xabi, Malekinho -xuvenil- e Rañó.

FÚTBOL SALA FEMININO: Descansaron.

O próximo sábado, ás 7 da tarde no Pavillón de Beiro, enfróntanse ó líder e xa campión de Liga, o Drako da Coruña. Moita sorte.

XUVENÍS: Copa do Sar.

No sorteo celebrado o pasado venres, ó noso equipo correspondeulle na primeira eliminatoria a partido único contra o Taragoña. O partido celebrarase en Campaña, posiblemente o 23 de Maio ás 6 da tarde. Moita sorte.

CADETES: Copa do Sar.

Ó equipo de Suso B., correspondeulle en sorte o equipo do Cruces, tamén a partido único, o vindeiro 17 de Maio- día das Letras Galegas- , en Vila de Cruces, posiblemente ás 11 da mañá.

INFANTÍS: CALLOBRE-FURIA (2-1)

Unha mágoa, pero o bo resultado que colleitaron na primeira metade (0-1), cun novo tanto de Yupi; non puideron refrendalo na segunda parte; e o equipo local, consigueu remontar o marcador. O próximo sábado ás 11 da mañá, disputan o seu último partido ligueiro, enfrontándose ó Xuventude Oroso, en Campaña. Boa oportunidade para despedirse cun gran sabor de boca da afección.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 7.8/10 (4 votes cast)
XORNADAS DO 25 E 26 DE ABRIL7.8104

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan