AFECCIONADOS: FURIA-RARÍS (5-3)
Gran despedida do equipo afeccionado, no que á Liga respecta. Un bonito espectáculo de fútbol e goles que polo menos deixou un bo sabor de boca @s afeccionad@s, despois dunha temporada un tanto irregular, e onde non se acadou o obxetivo do ascenso, pero si unha digna clasificación. Pero o fútbol non acaba aquí e a próxima temporada, volverémolo tentar. No que ó partido se refire, houbo de todo. Un bo inicio permiteu ó Furia colocarse cun 3-1, moi favorable; pero novamente a relaxación fixo que o Rarís empatase o encontro, en dúas xogadas illadas. Entón os nosos sacaron a casta e resolveron o partido nun gran final. Os goles foron anotados, por Adrián Ferro (por partida doble), Lilu, Álvaro e Roberto “Paja”. Hai que reseñar, que neste último encontro, tódolos convocados eran xogadores criados na canteira do Furia, se exceptuamos a Micky -que tamén é casi como da casa-.

Alineación do último partido de Liga contra o Rarís.
De pé (de esquerda a dereita): Xosinho-Infantil-, Malekinho- xuvenil-, Xoan Carlos-xuvenil-, Santi, Lilu, Ferro-xuvenil-,Micki, Mac-adestrador-, Alex B.-infantil- e Peixe.
Aniñados (de esquerda a dereita): Melanie-alevín-, Samuel Castiñeiras-alevín-, Álvaro, Brais-xuvenil-, Nevero, Rañó, Patxi, Paja, Alex “Paja”-alevín- e Ghabino.
Según o comité de expertos e super-tacañóns, composto por …..(sabe deus), os destacados da temporada no equipo afeccionado son os seguintes (e sempre resaltando que todos son moi bos chavales):
XOGADOR REVELACIÓN: Flores.
XOGADOR MÁIS REGULAR: Micky.
XOGADOR CON MÁIS CORAXE: Nena.
XOGADORES MÁIS PROTESTÓN: Patxi, Tito e Manolito.
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Peixe.
GOLEADORES:
1 Gol….. Patxi e Manolito.
3 Goles….. Xabi, Flores, Lilu e Rañosinho.
5 Goles….. Perreta.
6 Goles ….. Tito
12 Goles….. Álvaro.
15 Goles e PICHICHI ………….RUBÉN.
AFECCIONADOS COPA DO SAR: FURIA-LESENDE (0-0) (4-1 nos penalties)
Emocionantísimo o encontro correspondente á 1ª eliminatoria da Copa do Sar. O partido contra un rival de superior categoría, foi moi tenso, pero sin demasiadas ocasións de gol. A pesar de todo si alguén mereceu a clasificación nos primeiros noventa minutos, foi o equipo de Valga. Xa na prórroga, houbo de todo: primeiro un penalti a favor do Lesende que detivo maxistralmente Peixe. A continuación, un penalti a favor do Furia, que marrou Tito. Con todo chegouse á tanda da sorte. Pero esta vez contamos co auténtico heroe do encontro: o fenomenal Peixe; que non se contentou con parar xa o que queda comentado durante o encontro, senón que ademáis detivo dunha maneira espectacular outros dous na tanda fatídica. Polo Furia marcaron por este orde: Patxi, Tito, Paja e o último Toñito- que volveu a debutar co Furia, e foi un destacados do encontro, ademáis de marcar o penalti decisivo-. Agora si que para a semana o Furia ten un partido espectacular, fronte a un dos mellores equipos de toda a comarca: o Dubra de Preferente. O encontro, tamén a partido único, disputarase o vindeiro domingo, ás 5 da tarde en Campaña. Afeccionad@s, acudide para animar ó equipo e poder lograr un fito histórico, eliminando a tan insigne rival.

Ficha de arquivo de Toñito, que o domingo volveu á casa e a disputar un partido co Furia.
FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-DRAKO (1-13)
Outra vez, se viviron momentos de tensión, no Pavillón de Beiro, xa que finalizando os primeiros vintecinco minutos, e logo de marcar o seu primeiro gol, esta temporada; Mari, nesa mesma xogada, sufriu unha espectacular caída que a levou de novo ó centro médico, onde lle tiveron que aplicar catro puntos de sutura. Sen embargo, o susto quedou aí e menos mal. Parece que o equipo ten “unha meiga”, e polo que parece é mellor que acabe a temporada, ou quedarán sen xogadoras debido ás lesións. Con respecto ó partido, ata o momento o Furia estaba facendo un dos mellores encontros da temporada, e poñéndolle ás cousas difíciles ó xa campión de Liga (cando ocurreu o feito da lesión, o Furia púxose 2-1). Pero a partir dese intre, entre os nervos, e que non tiñan apenas cambios, o Drako pasou como unha apisonadora; e amosando a súa superioridade. A próxima xornada descansan.
INFANTÍS: FURIA-XUVENTUDE OROSO (3-1)
Moi bo partido novamente dos infantís, que pecharon de maneira brillante esta temporada. Dous novos goles de Yupi, e un máis de Alex Barreiro, certificaron unha victoria cómoda dos rapaces de Xabi e Santi. Unha pena, a última xogada do encontro, cando Danielinho, parou o penalti en contra do Furia; pero no rexeite anotou o equipo visitante. Logo do encontro, e como peche da temporada, os rapaces, xunto co corpo técnico, disfrutaron dun maravilloso asado preparado por un dos mellores “chefs” da comarca; onde o pasaron moi ben.
O resumo da temporada sería, según o “France Football”:
XOGADOR REVELACIÓN: Lucas “Brasi”
XOGADOR CON MÁIS CORAXE: Alex Barreiro.
XOGADOR MÁIS REGULAR: Yupi e Noé.
XOGADOR MÁIS POLÉMICO: Lucas “Montaña” e Samuel “Curros”
PORTEIRO MENOS GOLEADO: Samuel “Curros”
GOLEADORES:
1 GOL….. Noé e Xosé Manuel.
2 GOLES….. Adrián Casal e Jonis.
3 GOLES….. Alex Barreiro
5 GOLES….. Samuel e Josinho Castiñeiras
10 GOLES….. Lucas “Brasi”
13 GOLES….. Lucas “Montaña”
26 GOLES….. e SUPER PICHICHI…….. YU- YU- YUUUUPII.

Equipo completo do Furia Infantil, logo de asistir ó asado de fin de temporada.
De pé (de esquerda a dereita): Santi-2ºadestrador-, Yupi, Xabi Cotón-adestrador-, Noé, Lucas “Montaña”, Alex Barreiro, Curros, Jonis, Xenaro-vicepresidente 2º-, Xosinho, Adrián Casal, Cacharrito-responsable da área de pelucas-.
Aniñados (de esquerda a dereita): Flores- 3º adestrador, pinche de cociña e gaiteiro-, Polo -cociñeiro-, Luis David -alevín-, Pedrinho-alevín-, Danielinho -alevín-, Manu Busto-alevín-, Samuel Castiñeiras-alevín-, Manu Meniño-alevín-, Melanie-alevín-, e Xosé Manuel.
Ausente: Lucas “Brasi”.

Foto de arquivo do gran goleador Yupi.
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)