XORNADA DO 11 DE MAIO
AFECCIONADOS: 1/16 FINAL COPA DO SAR: FURIA-DUBRA (1-2)
Impresionante o derroche físico e de gañas que amosou o equipo, fronte a un equipo moi superior en categoría (O Dubra xoga en Preferente); pero que non demostrou esa superioridade no terreo de xogo. Todo parecía presaxiar un partido fácil para os visitantes, xa que trouxeron o seu equipo de gala. Ademais xa no minuto 30 se adiantaron con dous goles de cabeza marcados polas súas “torres”. Sen embargo, os nosos mozos votáronlle o que hai que votar, e conseguiron marcar un gol a quince minutos do final do encontro de penalti, marcado por Toñito; e que lle fixeron a el mesmo. Dende aí ó final, o Furia acorralou ó Dubra, pero a mala sorte unhas veces, e algunha decisión arbitral noutras (por exemplo, pitou fora de xogo -que claramente non era- na última xogada de Flores cando xa encaraba soíño ó porteiro) , non permitiron que chegase o empate que nos conduciría á prorroga. Gran partido de todos, destacando a liña defensiva ó completo e tamén Toñito, Perreta, e tamén Santi “o cabo” que foron os máis incisivos por parte do noso equipo. E ate aquí, o que se daba. Esta temporada rematou. Hai que descansar, disfrutar do verán e comezar con ánimos renovados a próxima. ¡¡¡¡HALA FURIA!!!
FÚTBOL SALA FEMININO: Descanso
O vindeiro sábado, disputarán o derradeiro encontro de liga fronte ó Mabegondo. O partido celebrarase no Pavillón de Baño, ás 7 da tarde. Unha oportunidade para ascender un par de postos na clasificación. Sorte.
CADETES: COPA DO SAR.
Esta competición, cuxa creación foi promovida polo noso clube, dá inicio este domingo. Os chavales de Suso B. desprázanse a Vila de Cruces, onde ás 11 da mañá se medirán en partido único ó equipo local. Moita sorte e a ver si consiguen pasar á oitavos.
Posteado en Resultados




