XORNADAS DO 16 E 17 DE MAIO
AFECCIONADOS: PINCHOS DE FIN DE TEMPORADA.
Demostrouse que a pesar de que a temporada foi regular, o ambiente entre xogadores da primeira plantilla, e da directiva é moi bo. Que todo siga así; porque o importante é que tod@s nos divirtamos.
Tres dos cociñeiros.
Para esto hai xente.
Os outros tres asadores
Equipo redactor do noso “As”. Non hai maneira con estos do Real Madrilísimo (nota dos encargad@s da páxina)
FÚTBOL SALA FEMININO: FURIA-MABEGONDO (0-3)
Non puido ser, e as rapazas non puideron pechar a temporada cun triunfo. Loitado o encontro, un equipo visitante moi pechado, pero nas contras sentenciou o encontro. A temporada rematou, no posto número 12 e a análise dos expertos é a seguinte:
XOGADORA MÁIS REGULAR: Mari
XOGADORA CON MÁIS CORAXE: Cristina
PORTEIRA MENOS GOLEADA: Sheila
XOGADORA MÁIS PROTESTONA: Laura “Chapas”
GOLEADORAS:
. 1 gol……..Mari, Bibi e Sheila.
. 3 goles ……….. Laura, Chus e Bea.
. 5 goles…….E SUPER PICHICHI……………VANESA.
Plantel do Furia Feminino.
De pé (de esquerda a dereita): Lucía, Polo-adestrador-, Cristina, Vanesa-Pichichi-, Sheila, Laura de Cuntis, Chus, Toño Carou-Presidente-.
Aniñadas (de esquerda a dereita): Laura de Padrón, Mari, Bea, Celia e Bibi.
(Falta Pili)
Pili é a segunda pola dereita de pé.
XUVENÍS: COPA DO SAR.
O próximo sábado, ás 6 da tarde en Campaña, a partido único, enfróntanse ó Taragoña, na primeira eliminatoria. O apoio da afección pode ser crucial para pasar á seguinte ronda.
CADETES. COPA DO SAR: VILA DE CRUCES-FURIA (4-0)
Mala primeira metade, e a pesar de que na segunda o Furia presionou, tivo moi mala sorte de cara ó gol. Ó ser eliminatoria a partido único, o Furia de cadetes, xa descansará ata a vindeira temporada. Outro ano será.
Posteado enResultados | 2 Comments »

