11 de Xuño de 2009 por furiaac
XUVENÍS: COPA DO SAR-CUARTOS DE FINAL: CACHEIRAS-FURIA (5-0)
Non puido ser. O equipo loitou o indecible, pero o Cacheiras demostrou unha maior eficacia de cara ó gol, e ademais os nosos xogadores tiveron un mal día; sobre todo en defensa. Estiveron a piques de volver a facer historia do clube; pero outro ano será. O equipo sigue casi ó completo, e o ano que ven van a dar moito que falar.
ALEVÍNS: TORNEO DE CATOIRA.
Digna actuación d@s nos@s alevíns nun trofeo, no que levan xa varios anos participando.
Os resultados foron os seguintes:
Catoira-Furia…3-0
Boiro-Furia…2-0
Abanqueiro-Furia…3-0
Conxo B-Furia…3-0
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (4 votes cast)
Posteado enResultados | No Comments »
7 de Xuño de 2009 por oviguan
Posteado enResultados | 7 Comments »
4 de Xuño de 2009 por furiaac
Este venres 5 teremos a tradicional cea-festa de fin de temporada no campo de festas de Campaña. Como ben xa sabedes, os membros do Furia, consta de un asado criollo con polbo da ría amenizados ca música “verbeneira” do DUO MASTER.
Seremos casi 200 personas, dende benxamíns a aficionados, asi como directivos e socios que, dende 1996, nunca fallan a este evento.Esparamos contarvos como foi todo e, seguramente, colgaremos nesta maravillosa páxina o video-montaxe realizado por un dos profesionais mais afamados da comarca : PACO GRANDE.
A cea comezará ás 23:00 horas. O prazo para anotarse, polo módico prezo de 20 €, remata ás 14:00 horas do día 5.
Tamén recordarvos que celebraremos a asamblea anual ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Campaña.
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.6/10 (5 votes cast)
Posteado enResultados | No Comments »
4 de Xuño de 2009 por furiaac
HORARIOS DÍA 6:
Furia-Catoira: 10.40 h
Furia-Boiro A: 15.35 h
Furia-Abanqueiro: 16.45 h
Furia-Conxo B: 18.50 h
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)
Posteado enResultados | No Comments »
1 de Xuño de 2009 por furiaac
XUVENÍS: COPA DO SAR: O PINO-FURIA (4-5)
Espectacular e emocionante o encontro disputado polos xuvenís no Concello de Arca. Goles, emoción e remontada espectacular dos chavales de Polo e Cacharrito; que consiguen pasar unha eliminatoria máis. O partido ten moita historia. Un inicio moi malo, con moitos fallos defensivos, que fixo que O Pino se adiantase no marcador por 2-0. Pero un gol de Pascolo, ó borde do descanso doulle moitos folgos ós rapaces. Así xa no inicio do segundo tempo, foi Pó o que marcou o gol do empate. Pero un novo período de despiste fixo que o equipo contrario se adiantase novamente con dous goles. O 4 a 2 parecía insalvable; pero aí os chavales demostraron a súa ambición e con tres golazos marcados por Diego Fernández, Pablo Busto e Malekinho (éste xa no tempo de desconto) obraron un pequeno milagro. Agora xa están en cuartos de final, e enfrontaranse ó Cacheiras, a partido único, pero aínda sin confirmar nin o día nin a hora. Vamos chavales que podedes facer historia.
INFANTÍS: PARTIDO AMISTOSO: CATOIRA-FURIA (4-1)
Partido moi bonito, pero onde se demostrou en todo momento a superioridade do Catoira. O gol do Furia foi marcado por Samuel Castiñeiras.
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (3 votes cast)
Posteado enResultados | No Comments »