PARTIDO PRETEMPORADA EQUIPO AFECCIONADO: BAMIO-FURIA (0-1)
O pasado sábado pola tarde, o equipo de afeccionados disputou o seu primeiro partido de pretemporada, despois dunha primeira semana de duros adestramentos. A esixencia física que Mac, está a aplicarlles ós seus rapaces, notouse neste primeiro enfrontamento diante dun equipo de superior categoría como o Bamio. Durante todo o encontro o Furia foi superior, sobre todo no apartado físico. O equipo levouse a victoria gracias a un gol de Perreta que parece que esta pretemporada está enchufado. De tódolos xeitos aínda non foi máis que un inicio; pero as primeiras impresións son boas. A plantilla aínda non está pechada e pronto tentaremos contar coas impresións do míster e os seus plans futuros. A seguir traballando duro, chavales.
Este xoves, será o segundo partido contra o Deixebre, en Campaña, ás 9 da noite.
TORNEO DE FÚTBOL 3 INDOOR DE CALDAS DE REIS
Unha vez máis o Furia acudiu a un gran evento deportivo, como o que se celebrou o pasado sábado na carballeira de Caldas de Reis. O torneo, ó cal acudiron un gran número de rapaces e rapazas, celebraba a súa primeira edición. Notouse un pouco de improvisación na organización, pero é de entender; e esperemos que sigan con esta iniciativa en anos vindeiros. O noso clube acudiu á cita con catro equipos de distintas categorías: 1 equipo de alevíns, 2 de infantís e 1 de xuvenís. A súa participación foi notable e os resultados bastante satisfactorios.
ALEVÍNS
O equipo estivo formado por Borja Seco, Manu Busto, Manu Meniño (3 goles) e Melanie (3 goles):
Boa participación dos máis pequenos. Gran actuación de tod@s el@s , que aínda que tardaron en collerlle o “tranquillo” o terreo de xogo e ás normas de competición conseguiron acadar a 2ª praza do seu grupo, aínda que non puideron clasificarse para as semifinais xa que solamente se clasificaba o primeiro de cada grupo. De tódolos xeitos fixeron un papel dignísimo, e demostraron que teñen un futuro moi prometedor. Os resultados foron os seguintes:
Portas B-Furia…7-1
San Martín A-Furia…7-1
A.J.Lérez C-Furia…1-4
INFANTIL A
Equipo composto por: Lucas (20 goles), Alex Barreiro (4 goles) e Samuel Curros (2 goles).
Unha pena o deste equipo. Dende o noso punto de vista eran un dos equipos favoritos. En todos os partidos puideron gañar por goleada, pero no segundo enfrontamento (tamén no primeiro), as expulsións de Samuel e o non contar cun recambio, condicionaron o resultado final, que ó final os apeou da loita polos 4 primeiros postos da clasificación. Unha mágoa. Pero de todas formas, conseguiron un meritorio 2º posto no seu grupo con 6 puntos e sendo os máximos goleadores. Outra vez será. Resultados:
A.C. Lérez A-Furia A…7-10
Portas A-Furia A…7-5
Ribadumia B-Furia A…5-11
INFANTIL B
Equipo composto por: Yupi(6 goles), Samuel Castiñeiras(4 goles) e Xose Castiñeiras (4 goles).
Regular actuación deste equipo infantil. A verdade é que lle tocou un dos grupos máis difíciles, pero eles tamén fixeron moito, xa que se adicaron máis a protestar que a xogar. Si fixeran o segundo, outro galo cantaría; xa que todos eles teñen moito fútbol nas súas botas. Quedaron 3º no seu grupo con un solo punto. Resultados:
Cuntis-Furia B…8-5
Rápido de Bouzas-Furia B…7-3
A.J. Lérez-Furia B…6-6
XUVENÍS
Equipo composto por: Pascolo(3 goles), Adriansinho (3 goles), Cristian Castiñeiras (5 goles) e Gasito (5 goles).
Enorme e sorprendente o papel deste equipo de xuvenís, que incluso tiña un cadete como Cristian. Fixeron un torneo magnífico sorprendendo a todos. Na fase clasificatoria deron todo un recital de xogo e loita nos dous primeiros encontros. No terceiro, a pesar de que loitaron ata o final, acabaron perdendo ante o que a posteriori sería un dos finalistas do torneo o que fixo que no cruce de cuartos de final se tiveran que enfrontar ó Pontevedra A, que ó final levaríase o trunfo final no torneo. Os catro compoñentes fixeron catro partidos impecables e iso agradeceullo o público que acudiu en gran número a ver o seu cuarto de final contra o “coco” da categoría, o Pontevedra. Como xa queda dito clasificáronse para os cuartos de final; pero neste cruce non tiveron nada que facer ante a apisonadora que era o equipo granate da capital do Lérez. Resultados:
Umia B-Furia…2-4
Vilalonga A-Furia…2-7
Vilalonga E-Furia…8-4
Cuartos de Final: Pontevedra A-Furia…9-1…(Clasificado Pontevedra)
Solamente rematar dicindo que as vitrinas do noso clube xa teñen un novo “trofeo”; xa que os xogadores da primeira plantilla do Pontevedra (que asistiron ó torneo), obsequiaron ó noso clube cunha camiseta firmada por todos e adicada a todo o Furia.
VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)