PRETEMPORADA 09-10
AFECCIONADOS:
Resultados:
Furia-Deixebre…Non disputado debido a que o rival non puido acudir por razóns de loxística.
Furia-Abanqueiro…3-0. Disputado o sábado pasado en Campaña contra un combinado do Abanqueiro A e o Abanqueiro B. O Furia amosouse moi superior ó equipo visitante, e así o reflexou o marcador final. Goles de Pincho, Perreta e Roberto. Deixou unha boa impresión o equipo, que aínda que non o cen por cen fisicamente, demostrou que a esixente pretemporada que está plantexando o adestrador Martín, comezan a dar os seus frutos, xa que se amosaron moi superiores no aspecto físico ó equipo rival. Aínda que case queda un mes para o inicio do campionato ligueiro o visto fai albergar esperanzas dunha boa temporada. Vironse moi fortes case todos, pero destacaron Perreta, o xuvenil Rubén, Manolito, Lilu, e tamén deixaron moi boas cousas as novas incorporacións como Pincho, Roberto, e o recuperado Ronaldinho; que se viu como nos seus mellores tempos logo da súa larga lesión de ano e medio. Por certo, xa podemos adiantar que o Furia comezará o campionato ligueiro o vindeiro 20 de Setembro, na casa contra o Ribasar. A próxima semana prometemos facer un gran dosier do equipo e tamén cunha entrevista ó adestrador Martín.
INFANTÍS: TROFEO “FESTAS DE PORTO”
O equipo infantil acudiu a esta cita que se celebra no concello cesureño. En semifinais non tiveron sorte, xa que cairon contra o Catoira por un resultado de 8 a O.
Posteado en Resultados



