XORNADAS DO 26 E 27 DE SETEMBRO

28 de Setembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: PRAÍÑA-FURIA (5-0)

Vergonzoso, sen máis.

XUVENÍS: FURIA-MILLADOIRO (4-1)

Superioridade absoluta do equipo xuvenil sobre o rival. Durante todo o encontro dominaron, e aínda que sin facer un gran xogo, conseguiron a victoria con facilidade. Veuse que aínda está o equipo sen pulir; pero parece que este ano poden darnos moitas alegrías. Moi ben o equipo en xeral, pero sobre todo hai que destacar a solidez da liña defensiva, que con Quique, Borja, Pipe e Pepe, estiveron inconmensurables, si exceptuamos o pequeno lunar do gol do equipo visitante. Os goles foron anotados por Po e Adrián Castaño na primeira metade; e por Diego Fernández e Serxio xa no segundo tempo. O próximo sábado, ás 5 da tarde o equipo desplázase a Callobre para enfrontarse ó equipo local. Esperemos que siga a boa xeira de resultados.

Equipo xuvenil do partido contra o Milladoiro.

De pé (de esquerda a dereita): Carlos, Diego Fernández, Pascolo, Ferro, Borja, Rubén, Po, Mambi e Polo-adestrador-.

Aniñados (de esquerda a dereita): Paco, Gasito, Serxio, Kike, Adriansinho, Pipe, Pepe e Malekinho.

BENXAMÍNS:

O equipo de pequechos, comezará o adestramento o vindeiro xoves 1 de Outubro, en Campaña, ás 5 da tarde.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 19 E 20 DE SETEMBRO

21 de Setembro de 2009 por furiaac

Equipo que se enfrontou ó Ribasar

De pé (de esquerda a dereita): Santi, Cassano, Tito, Manu, Lilu, Nevero, Nena, Patxi e Peixe.

Aniñados (de esquerda a dereita): Klá, Toñito, Pincho, Perreta, Paja, Rañó e Flores.

 

AFECCIONADOS: FURIA-RIBASAR (0-2)

Mal comezaron as cousas no arranque oficial da temporada na casa. O Ribasar

levouse os tres puntos de Campaña, nun partido moi disputado e típico de ser o primeiro partido do campionato. Dous equipos con moitas ganas, con moita loita e con ansias de gañar este primeiro encontro. Posiblemente o resultado sexa moi inxusto, xa que polo visto no terreo de xogo o máis lóxico sería un empate. O encontro discurriu como xa dixemos polos cauces lóxicos dun inicio ligueiro, con moita igualdade e moita loita, sobre todo no centro do campo. O Furia dominaba máis, pero sin claras ocasións de gol; e o Ribasar controlaba moi ben, demostrou que este ano pode ser unha das sorpresas da categoría polo ben que se reforzou e pola ilusión que amosaron. Quizais a clave do encontro foi o penalti errado polo Furia no último minuto da primeira metade. Tito lanzouno bastante ben, pero Geri (o porteiro do Ribasar, e procedente das categorías inferiores do Furia) fixo unha maxistral intervención. O segundo tempo transcurriu polos mesmos derroteiros, ata que no minuto 87, nunha contra moi ben levada polo  equipo visitante acabou nun gran gol de Anxo (tamén formado nas categorías inferiores do Furia). O Furia entón foi con todo arriba, e xa no tempo de desconto, o Ribasar sentenciou con outro gol na contra. Non se pode criticar ó equipo, xa que fixo un partido digno, pero quizais teñen que correxir un erro propio da inexperiencia, e que é que a veces cando un partido está trabado e non se pode gañar, bo é un empate. Seguro que o partido de onte lles sirve para que o próximo encontro o fagan mellor. O próximo domingo o equipo visita ó sempre difícil Praíña, que a priori será un dos equipos que loite polo ascenso.


“Gran ambiente no campo no primeiro partido ligueiro”

Como vemos incluso o coñecido como “marroquí” voltou das terras do Norte de África para asistir o estreno do campionato.

XUVENÍS: BERTAMIRÁNS-FURIA (2-2)

Estreo agridoce, para os chavales. E dicimos esto porque o Furia nunha gran primeira metade adiantouse no marcador con dous auténticos golazos. O primeiro obra de Rubén Lorenzo e o segundo de Adrián Ferro. Pero quizais un exceso de confianza e un par de erros individuais permitiron que o Bertamiráns empatara o encontro xa moi cerca da finalización do mesmo, perdendo o Furia dos puntos que tiña máis que merecidos. De tódolos xeitos, parece que esta temporada inician o campionato con ilusión e moito máis enchufados que a campaña anterior. O próximo sábado ás 5 da tarde, disputarán o primeiro partido como locais diante do Milladoiro, en Campaña.

Plantel dos Xuvenís para a temporada 2009-2010:

Porteiro:

.Carlos Blanco “Mambi”

Defensas:

. Tito Castaño “Titovichenko”

. Borja Díaz “Borja”

. Xosé Touceda “Pepe”

. Diego Fernández “Diego”

. Xoan Carlos Baleirón “Xoan”

. Serxio Llerena “Serxio”

. Francisco Xosé López “Fran”

. David López  “David”

. Enrique Moares “Quique”

Centrocampistas:

. Felipe Touceda “Pipe”

. Brais Calvo “Ovitwo”

. Adrián Ferro “Ferro”

. Adrián Castaño “Adri”

. Pablo Busto “Pablo”

. Carlos Potel “Carlos”

. Diego Seoane ”Malekinho”

. Xosé Luis Diz “Po”

. Iván Potel “Iván”

Dianteiros:

. Jonathan Losas “Pascolo”

. Rubén Lorenzo “Rubi”

. Gabriel Miguéns “Gabri”

. Adrián Batalla “Gasito”

Adestradores:

. Marcos Jamardo “Polo”

. Xosé Anxo Cotón “Cacharrito”

ENTREVISTA COS DOUS ADESTRADORES DOS XUVENÍS:

- Cales son as expectativas para esta nova campaña?

- Partimos coas ideas moi claras, e por suposto que este ano imos a polo campionato, ou polo menos a pelealo.

- Como se pode valorar a pretemporada?

- En xeral, podemos dicir que non foi moi boa; porque foi moi curta debido a que empezamos tarde porque criamos que a liga ía comezar máis tarde.

- Que opina do plantel xa que este ano si hai “fondo de banquiño”?

- Que haxa unha plantilla amplia é moi bo, porque fomenta a competitividade  dos xogadores, pero moitos dos nosos xogadores de último ano van a ter que ire moitas veces co equipo maior. De tódolos xeitos, dicímosvos o mesmo que antes: con esta plantilla hai que loitar polo campionato.

SETE PREGUNTAS PERSOAIS (Resposta de Polo/ Resposta de Cacharrito)

-O seu equipo preferido é…

- Barça/ Furia e Celta.

- Un adestrador ó que admira…

-Fergusson/Unai Emeri.

- Un libro que hai que ler …

- Non son fan da lectura/Os dous de Sempre

- Música, estilo musical ou grupo musical favorito…

-AC-DC/ Ismael Serrano

- Un plato que o volve tolo é…

-Patacas fritas, con ovos e chourizos/ As “lentejas”

-Un hobby ou un desexo inconfesable…

- Tomar unhas  cañiñas cos amigos no tempo   libre/ Durmir.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 13 DE SETEMBRO

14 de Setembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: CABO DE CRUZ-FURIA (2-3)

Ilusionante o arranque do equipo de maiores. Aínda que a Liga non comece ata o vindeiro fin de semana, o noso equipo adiantou o seu encontro co equipo do Barbanza, e fixoo con moi bo pé. Os pupilos de Martín foron donos e señores do encontro. A pesar de que aínda se nota que non están de todo rodados e de como dixo o propio adestrador, quédalles un mes para estar a pleno rendemento, non lle deron opción ó contrario. Adiantáronse con dous goles, un de Tito e outro de Perreta, e xa ó borde do descanso, nun despiste e un pouco de desconcentración, o Cabo de Cruz acurtou as diferencias. Pero recén iniciado o segundo tempo novamente Perreta, puxo o terceiro no marcador que dou tranquilidade o equipo. Faltando dez minutos os locais anotaron o seu segundo tanto, pero o Furia non pasou apuros xa que controlou moi ben o tempo do partido. Dúas cousas poderíamos destacar. Por un lado o saber xogar dos últimos minutos; xa que a temporada pasada este tipo de encontros moitas veces acababan empatándonos ou incluso perdendo. Por outro lado, a pegada arriba que amosou o equipo; que foi algo do que careceu a temporada anterior. Si estas dúas cousas se manteñen ó longo do campionato, pódennos dar moitas alegrías. Destacar o gran partido de Perreta, que con dous goles, parece que volve a ser o que era, e que xa parece ter esquencida a irregular campaña anterior. O próximo domingo, xa se inicia o campionato na súa totalidade. Os nosos reciben en Campaña ó Ribasar. Seguro que a afección acompañará ó equipo para acadar a segunda victoria da temporada.

XUVENÍS

O vindeiro sábado pola tarde da comezo o campionato ligueiro. Durante esta semana imos procurar facer un análise do plantel e algunha entrevista con algún protagonista do equipo.

FEMININO

Lamentablemente o clube acaba de facer oficial que este ano non haberá sección de fútbol feminino, debido á falta de xogadoras para completar unha plantilla que permita afrontar con garantías toda unha temporada. É realmente unha pena, xa que despois de ser un dos clubes pioneiros de toda Galicia, agora que o fútbol feminino comeza a despuntar, a falta de xogadoras impide que poidamos seguir con esta sección. De tódolos xeitos, dende o clube afirman que esperan que ésta sexa unha desaparición pasaxeira, e que en próximos anos se volva a retomar esta sección.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

PRETEMPORADA E INICIO DA LIGA

11 de Setembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS:

Furia-Sálvora….2-4

Pazos-Furia….2-2

Dous últimos encontros da temporada, que non dixeron nada novo. No primeiro gran superioridade do Sálvora, e no segundo o Furia volveu pecar do fallo do ano anterior; é dicir,non ter gol. Esperemos que se remedie.

Non podemos esquencer que este domingo 13, os maiores inician o campionato de liga xa que adiantan o partido que terían que xogar o 5 de Outubro, contra o Cabo de Cruz. Polo tanto o domingo a afección a animar ó equipo que inicia o ano con esperanzas renovadas.

A plantilla ata o de agora está composta por 19 xogadores que son os seguintes (aínda que o clube e o adestrador esperan  facer algunha incorporación máis; si as negociacións fructifican:

Porteiros:

. Xosé Bodaño “Peixe”

. Santiago Pardal “Cabi”.

Defensas:

. Adrián Castroagudín “Kla”

. Roberto Iglesias “Paja”

. Xosé Antón Blanco “Ronaldinho”

. Manuel Lafuente “Nena”

.Daniel Santos “Pincho” 

. Alberto Busto “Patxi”

. Miguel Rañó “Rañó”

. Santiago Agrasar “Nevero”

Centrocampistas:

. Jacinto  Magariños “Tito”

. Manuel Núñez “Manolito”

. Xabier Cotón “Casano”

. Rubén Marín “Rubi”

Dianteiros:

. Alberto Loureiro “Perreta”

. Xoan Manuel Loureiro “Flores”

. Adrián Martínez “Lilu”

. Xosé Antón Gómez “Toñito”

.  Alvaro Martínez “Alvarito”

Adestrador:

Martín Busto “Mac”

Delegado:

Antonio Martínez “Carou”

XUVENÍS:PRETEMPORADA

Mañá sábado os xuvenís xogarán un amigable no Campo de Campaña, ás 6 e media da tarde.

ENTREVISTA CO ENTRENADOR DO EQUIPO AFECCIONADO MARTÍN BUSTO “MAC”

- Cales son as expectativas para esta nova temporada?

- O que me gustaría e que esta temporada o  equipo acabase gañando e xogando moi ben ó fútbol.

- Valora a pretemporada.

- En xeral foi bastante boa, e a pesar de que xogamos un partido oficial adiantado este fin de semana, aínda queda polo menos un mes da mesma. Si tivera que poñerlle unha nota ata o de agora poñeríalle un 8.

- Como valora as novas incorporacións?

- Non hai demasiadas, pero si son dous reforzos tanto Pincho, como a volta de Ronaldinho.

- Cres que o plantel é algo corto?

- Posiblemente si, pero ademais dos xogadores do primeiro equipo, non nos podemos olvidar de que imos a contar cos xogadores do equipo xuvenil. Xogadores como Rubén Lorenzo, Ferro, “Malekinho”, e outros van a xogar moitos minutos no equipo maior. Creo que así é como se pode facer un equipo que teña  moito futuro.

- Agarda facer algunha nova incorporación?

- Penso que non.

- Algunha baixa que bote de menos?

- Non se pode vivir do pasado. Ademais creo que non se pode un lamentar do que non ten, e o que ten que facer un é intentar sacar o máximo partido ós xogadores que ten; e creo que os temos moi bos.

-SETE PREGUNTAS PERSOAIS:

. O seu equipo preferido é…

. Ningún en concreto. Non son forofo de ningún equipo. Gústanme directamente tódolos equipos que fan un fútbol espectáculo e tentan agradar ós afeccionados.

. Un adestrador ideal…

.Moitos. Case todos os que chegan a adestrar en grandes ligas e en grandes equipos teñen o seu mérito. Pero si teño que dicirche algún, pois Benítez e por suposto o meu mestre Chus Baleato.

. Un libro..

.Entrenando el éxito de Pepu Hernández.

.Unha película…

.Shakespeare in love.

.Músico ou grupo musical favorito…

.David Bisbal

.Un plato indispensable…

. As croquetas de miña nai e os callos de Marigló.

. Un hobby ou un desexo inconfesable…

.(Risas). Salir de marcha.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

PRETEMPORADA

2 de Setembro de 2009 por furiaac

 AFECCIONADOS:

Catoira-Furia…(7-0).- Desastroso encontro o celebrado o pasado sábado no campo da Lomba. Posiblemente influiu a festa vivida por case todo o plantel o víspera coa celebración dos Milagros de Requián. Pero así como a semana pasada falábamos de esperanza, o resultado e o encontro contra o Catoira, deixa moitas incógnitas sobre o rendemento que pode ter o equipo durante a temporada vindeira. Esperemos que solamente fose un accidente. O vindeiro sábado xogarán outro amigable fronte ó Sálvora, en Campaña ás 6 da tarde. Siguen rodándose.

O vindeiro venres 11 deste mes volveremos como xa dixemos con toda a actualidade, pero tamén con entrevistas exclusivas, análises dos planteis de tódalas categorías e as últimas novedades que se puideran producir durante estes días e xa preto de que se inicie a nova temporada.

Estes días non haberá novos artigos, xa que imos a poñer ó día a páxina e lévanos un tempo.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.7/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | 1 Comment »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan