PRETEMPORADA

2 de Setembro de 2009 por furiaac

 AFECCIONADOS:

Catoira-Furia…(7-0).- Desastroso encontro o celebrado o pasado sábado no campo da Lomba. Posiblemente influiu a festa vivida por case todo o plantel o víspera coa celebración dos Milagros de Requián. Pero así como a semana pasada falábamos de esperanza, o resultado e o encontro contra o Catoira, deixa moitas incógnitas sobre o rendemento que pode ter o equipo durante a temporada vindeira. Esperemos que solamente fose un accidente. O vindeiro sábado xogarán outro amigable fronte ó Sálvora, en Campaña ás 6 da tarde. Siguen rodándose.

O vindeiro venres 11 deste mes volveremos como xa dixemos con toda a actualidade, pero tamén con entrevistas exclusivas, análises dos planteis de tódalas categorías e as últimas novedades que se puideran producir durante estes días e xa preto de que se inicie a nova temporada.

Estes días non haberá novos artigos, xa que imos a poñer ó día a páxina e lévanos un tempo.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.7/10 (3 votes cast)
PRETEMPORADA9.7103

Posteado en Resultados

Unha Resposta

  1. ??????????

    a festa non é excusa, os socios pagamos para ver futbol, non para ver ós xogadores borrachos nas festas. se tanto lle gusta a festa que monten unha charanga, pero que deixen o futbol joder.

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan