AFECCIONADOS:

Furia-Sálvora….2-4

Pazos-Furia….2-2

Dous últimos encontros da temporada, que non dixeron nada novo. No primeiro gran superioridade do Sálvora, e no segundo o Furia volveu pecar do fallo do ano anterior; é dicir,non ter gol. Esperemos que se remedie.

Non podemos esquencer que este domingo 13, os maiores inician o campionato de liga xa que adiantan o partido que terían que xogar o 5 de Outubro, contra o Cabo de Cruz. Polo tanto o domingo a afección a animar ó equipo que inicia o ano con esperanzas renovadas.

A plantilla ata o de agora está composta por 19 xogadores que son os seguintes (aínda que o clube e o adestrador esperan  facer algunha incorporación máis; si as negociacións fructifican:

Porteiros:

. Xosé Bodaño «Peixe»

. Santiago Pardal «Cabi».

Defensas:

. Adrián Castroagudín «Kla»

. Roberto Iglesias «Paja»

. Xosé Antón Blanco «Ronaldinho»

. Manuel Lafuente «Nena»

.Daniel Santos «Pincho» 

. Alberto Busto «Patxi»

. Miguel Rañó «Rañó»

. Santiago Agrasar «Nevero»

Centrocampistas:

. Jacinto  Magariños «Tito»

. Manuel Núñez «Manolito»

. Xabier Cotón «Casano»

. Rubén Marín «Rubi»

Dianteiros:

. Alberto Loureiro «Perreta»

. Xoan Manuel Loureiro «Flores»

. Adrián Martínez «Lilu»

. Xosé Antón Gómez «Toñito»

.  Alvaro Martínez «Alvarito»

Adestrador:

Martín Busto «Mac»

Delegado:

Antonio Martínez «Carou»

XUVENÍS:PRETEMPORADA

Mañá sábado os xuvenís xogarán un amigable no Campo de Campaña, ás 6 e media da tarde.

ENTREVISTA CO ENTRENADOR DO EQUIPO AFECCIONADO MARTÍN BUSTO «MAC»

- Cales son as expectativas para esta nova temporada?

- O que me gustaría e que esta temporada o  equipo acabase gañando e xogando moi ben ó fútbol.

- Valora a pretemporada.

- En xeral foi bastante boa, e a pesar de que xogamos un partido oficial adiantado este fin de semana, aínda queda polo menos un mes da mesma. Si tivera que poñerlle unha nota ata o de agora poñeríalle un 8.

- Como valora as novas incorporacións?

- Non hai demasiadas, pero si son dous reforzos tanto Pincho, como a volta de Ronaldinho.

- Cres que o plantel é algo corto?

- Posiblemente si, pero ademais dos xogadores do primeiro equipo, non nos podemos olvidar de que imos a contar cos xogadores do equipo xuvenil. Xogadores como Rubén Lorenzo, Ferro, «Malekinho», e outros van a xogar moitos minutos no equipo maior. Creo que así é como se pode facer un equipo que teña  moito futuro.

- Agarda facer algunha nova incorporación?

- Penso que non.

- Algunha baixa que bote de menos?

- Non se pode vivir do pasado. Ademais creo que non se pode un lamentar do que non ten, e o que ten que facer un é intentar sacar o máximo partido ós xogadores que ten; e creo que os temos moi bos.

-SETE PREGUNTAS PERSOAIS:

. O seu equipo preferido é…

. Ningún en concreto. Non son forofo de ningún equipo. Gústanme directamente tódolos equipos que fan un fútbol espectáculo e tentan agradar ós afeccionados.

. Un adestrador ideal…

.Moitos. Case todos os que chegan a adestrar en grandes ligas e en grandes equipos teñen o seu mérito. Pero si teño que dicirche algún, pois Benítez e por suposto o meu mestre Chus Baleato.

. Un libro..

.Entrenando el éxito de Pepu Hernández.

.Unha película…

.Shakespeare in love.

.Músico ou grupo musical favorito…

.David Bisbal

.Un plato indispensable…

. As croquetas de miña nai e os callos de Marigló.

. Un hobby ou un desexo inconfesable…

.(Risas). Salir de marcha.