PRETEMPORADA E INICIO DA LIGA
AFECCIONADOS:
Furia-Sálvora….2-4
Pazos-Furia….2-2
Dous últimos encontros da temporada, que non dixeron nada novo. No primeiro gran superioridade do Sálvora, e no segundo o Furia volveu pecar do fallo do ano anterior; é dicir,non ter gol. Esperemos que se remedie.
Non podemos esquencer que este domingo 13, os maiores inician o campionato de liga xa que adiantan o partido que terían que xogar o 5 de Outubro, contra o Cabo de Cruz. Polo tanto o domingo a afección a animar ó equipo que inicia o ano con esperanzas renovadas.
A plantilla ata o de agora está composta por 19 xogadores que son os seguintes (aínda que o clube e o adestrador esperan facer algunha incorporación máis; si as negociacións fructifican:
Porteiros:
. Xosé Bodaño “Peixe”
. Santiago Pardal “Cabi”.
Defensas:
. Adrián Castroagudín “Kla”
. Roberto Iglesias “Paja”
. Xosé Antón Blanco “Ronaldinho”
. Manuel Lafuente “Nena”
.Daniel Santos “Pincho”
. Alberto Busto “Patxi”
. Miguel Rañó “Rañó”
. Santiago Agrasar “Nevero”
Centrocampistas:
. Jacinto Magariños “Tito”
. Manuel Núñez “Manolito”
. Xabier Cotón “Casano”
. Rubén Marín “Rubi”
Dianteiros:
. Alberto Loureiro “Perreta”
. Xoan Manuel Loureiro “Flores”
. Adrián Martínez “Lilu”
. Xosé Antón Gómez “Toñito”
. Alvaro Martínez “Alvarito”
Adestrador:
Martín Busto “Mac”
Delegado:
Antonio Martínez “Carou”
XUVENÍS:PRETEMPORADA
Mañá sábado os xuvenís xogarán un amigable no Campo de Campaña, ás 6 e media da tarde.
ENTREVISTA CO ENTRENADOR DO EQUIPO AFECCIONADO MARTÍN BUSTO “MAC”
- Cales son as expectativas para esta nova temporada?
- O que me gustaría e que esta temporada o equipo acabase gañando e xogando moi ben ó fútbol.
- Valora a pretemporada.
- En xeral foi bastante boa, e a pesar de que xogamos un partido oficial adiantado este fin de semana, aínda queda polo menos un mes da mesma. Si tivera que poñerlle unha nota ata o de agora poñeríalle un 8.
- Como valora as novas incorporacións?
- Non hai demasiadas, pero si son dous reforzos tanto Pincho, como a volta de Ronaldinho.
- Cres que o plantel é algo corto?
- Posiblemente si, pero ademais dos xogadores do primeiro equipo, non nos podemos olvidar de que imos a contar cos xogadores do equipo xuvenil. Xogadores como Rubén Lorenzo, Ferro, “Malekinho”, e outros van a xogar moitos minutos no equipo maior. Creo que así é como se pode facer un equipo que teña moito futuro.
- Agarda facer algunha nova incorporación?
- Penso que non.
- Algunha baixa que bote de menos?
- Non se pode vivir do pasado. Ademais creo que non se pode un lamentar do que non ten, e o que ten que facer un é intentar sacar o máximo partido ós xogadores que ten; e creo que os temos moi bos.
-SETE PREGUNTAS PERSOAIS:
. O seu equipo preferido é…
. Ningún en concreto. Non son forofo de ningún equipo. Gústanme directamente tódolos equipos que fan un fútbol espectáculo e tentan agradar ós afeccionados.
. Un adestrador ideal…
.Moitos. Case todos os que chegan a adestrar en grandes ligas e en grandes equipos teñen o seu mérito. Pero si teño que dicirche algún, pois Benítez e por suposto o meu mestre Chus Baleato.
. Un libro..
.Entrenando el éxito de Pepu Hernández.
.Unha película…
.Shakespeare in love.
.Músico ou grupo musical favorito…
.David Bisbal
.Un plato indispensable…
. As croquetas de miña nai e os callos de Marigló.
. Un hobby ou un desexo inconfesable…
.(Risas). Salir de marcha.
Posteado en Resultados


