XORNADA DO 13 DE SETEMBRO

14 de Setembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: CABO DE CRUZ-FURIA (2-3)

Ilusionante o arranque do equipo de maiores. Aínda que a Liga non comece ata o vindeiro fin de semana, o noso equipo adiantou o seu encontro co equipo do Barbanza, e fixoo con moi bo pé. Os pupilos de Martín foron donos e señores do encontro. A pesar de que aínda se nota que non están de todo rodados e de como dixo o propio adestrador, quédalles un mes para estar a pleno rendemento, non lle deron opción ó contrario. Adiantáronse con dous goles, un de Tito e outro de Perreta, e xa ó borde do descanso, nun despiste e un pouco de desconcentración, o Cabo de Cruz acurtou as diferencias. Pero recén iniciado o segundo tempo novamente Perreta, puxo o terceiro no marcador que dou tranquilidade o equipo. Faltando dez minutos os locais anotaron o seu segundo tanto, pero o Furia non pasou apuros xa que controlou moi ben o tempo do partido. Dúas cousas poderíamos destacar. Por un lado o saber xogar dos últimos minutos; xa que a temporada pasada este tipo de encontros moitas veces acababan empatándonos ou incluso perdendo. Por outro lado, a pegada arriba que amosou o equipo; que foi algo do que careceu a temporada anterior. Si estas dúas cousas se manteñen ó longo do campionato, pódennos dar moitas alegrías. Destacar o gran partido de Perreta, que con dous goles, parece que volve a ser o que era, e que xa parece ter esquencida a irregular campaña anterior. O próximo domingo, xa se inicia o campionato na súa totalidade. Os nosos reciben en Campaña ó Ribasar. Seguro que a afección acompañará ó equipo para acadar a segunda victoria da temporada.

XUVENÍS

O vindeiro sábado pola tarde da comezo o campionato ligueiro. Durante esta semana imos procurar facer un análise do plantel e algunha entrevista con algún protagonista do equipo.

FEMININO

Lamentablemente o clube acaba de facer oficial que este ano non haberá sección de fútbol feminino, debido á falta de xogadoras para completar unha plantilla que permita afrontar con garantías toda unha temporada. É realmente unha pena, xa que despois de ser un dos clubes pioneiros de toda Galicia, agora que o fútbol feminino comeza a despuntar, a falta de xogadoras impide que poidamos seguir con esta sección. De tódolos xeitos, dende o clube afirman que esperan que ésta sexa unha desaparición pasaxeira, e que en próximos anos se volva a retomar esta sección.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (2 votes cast)
XORNADA DO 13 DE SETEMBRO9.5102

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan