Equipo que se enfrontou ó Ribasar

De pé (de esquerda a dereita): Santi, Cassano, Tito, Manu, Lilu, Nevero, Nena, Patxi e Peixe.

Aniñados (de esquerda a dereita): Klá, Toñito, Pincho, Perreta, Paja, Rañó e Flores.

 

AFECCIONADOS: FURIA-RIBASAR (0-2)

Mal comezaron as cousas no arranque oficial da temporada na casa. O Ribasar

levouse os tres puntos de Campaña, nun partido moi disputado e típico de ser o primeiro partido do campionato. Dous equipos con moitas ganas, con moita loita e con ansias de gañar este primeiro encontro. Posiblemente o resultado sexa moi inxusto, xa que polo visto no terreo de xogo o máis lóxico sería un empate. O encontro discurriu como xa dixemos polos cauces lóxicos dun inicio ligueiro, con moita igualdade e moita loita, sobre todo no centro do campo. O Furia dominaba máis, pero sin claras ocasións de gol; e o Ribasar controlaba moi ben, demostrou que este ano pode ser unha das sorpresas da categoría polo ben que se reforzou e pola ilusión que amosaron. Quizais a clave do encontro foi o penalti errado polo Furia no último minuto da primeira metade. Tito lanzouno bastante ben, pero Geri (o porteiro do Ribasar, e procedente das categorías inferiores do Furia) fixo unha maxistral intervención. O segundo tempo transcurriu polos mesmos derroteiros, ata que no minuto 87, nunha contra moi ben levada polo  equipo visitante acabou nun gran gol de Anxo (tamén formado nas categorías inferiores do Furia). O Furia entón foi con todo arriba, e xa no tempo de desconto, o Ribasar sentenciou con outro gol na contra. Non se pode criticar ó equipo, xa que fixo un partido digno, pero quizais teñen que correxir un erro propio da inexperiencia, e que é que a veces cando un partido está trabado e non se pode gañar, bo é un empate. Seguro que o partido de onte lles sirve para que o próximo encontro o fagan mellor. O próximo domingo o equipo visita ó sempre difícil Praíña, que a priori será un dos equipos que loite polo ascenso.


«Gran ambiente no campo no primeiro partido ligueiro»

Como vemos incluso o coñecido como «marroquí» voltou das terras do Norte de África para asistir o estreno do campionato.

XUVENÍS: BERTAMIRÁNS-FURIA (2-2)

Estreo agridoce, para os chavales. E dicimos esto porque o Furia nunha gran primeira metade adiantouse no marcador con dous auténticos golazos. O primeiro obra de Rubén Lorenzo e o segundo de Adrián Ferro. Pero quizais un exceso de confianza e un par de erros individuais permitiron que o Bertamiráns empatara o encontro xa moi cerca da finalización do mesmo, perdendo o Furia dos puntos que tiña máis que merecidos. De tódolos xeitos, parece que esta temporada inician o campionato con ilusión e moito máis enchufados que a campaña anterior. O próximo sábado ás 5 da tarde, disputarán o primeiro partido como locais diante do Milladoiro, en Campaña.

Plantel dos Xuvenís para a temporada 2009-2010:

Porteiro:

.Carlos Blanco «Mambi»

Defensas:

. Tito Castaño «Titovichenko»

. Borja Díaz «Borja»

. Xosé Touceda «Pepe»

. Diego Fernández «Diego»

. Xoan Carlos Baleirón «Xoan»

. Serxio Llerena «Serxio»

. Francisco Xosé López «Fran»

. David López  «David»

. Enrique Moares «Quique»

Centrocampistas:

. Felipe Touceda «Pipe»

. Brais Calvo «Ovitwo»

. Adrián Ferro «Ferro»

. Adrián Castaño «Adri»

. Pablo Busto «Pablo»

. Carlos Potel «Carlos»

. Diego Seoane »Malekinho»

. Xosé Luis Diz «Po»

. Iván Potel «Iván»

Dianteiros:

. Jonathan Losas «Pascolo»

. Rubén Lorenzo «Rubi»

. Gabriel Miguéns «Gabri»

. Adrián Batalla «Gasito»

Adestradores:

. Marcos Jamardo «Polo»

. Xosé Anxo Cotón «Cacharrito»

ENTREVISTA COS DOUS ADESTRADORES DOS XUVENÍS:

- Cales son as expectativas para esta nova campaña?

- Partimos coas ideas moi claras, e por suposto que este ano imos a polo campionato, ou polo menos a pelealo.

- Como se pode valorar a pretemporada?

- En xeral, podemos dicir que non foi moi boa; porque foi moi curta debido a que empezamos tarde porque criamos que a liga ía comezar máis tarde.

- Que opina do plantel xa que este ano si hai «fondo de banquiño»?

- Que haxa unha plantilla amplia é moi bo, porque fomenta a competitividade  dos xogadores, pero moitos dos nosos xogadores de último ano van a ter que ire moitas veces co equipo maior. De tódolos xeitos, dicímosvos o mesmo que antes: con esta plantilla hai que loitar polo campionato.

SETE PREGUNTAS PERSOAIS (Resposta de Polo/ Resposta de Cacharrito)

-O seu equipo preferido é…

- Barça/ Furia e Celta.

- Un adestrador ó que admira…

-Fergusson/Unai Emeri.

- Un libro que hai que ler …

- Non son fan da lectura/Os dous de Sempre

- Música, estilo musical ou grupo musical favorito…

-AC-DC/ Ismael Serrano

- Un plato que o volve tolo é…

-Patacas fritas, con ovos e chourizos/ As «lentejas»

-Un hobby ou un desexo inconfesable…

- Tomar unhas  cañiñas cos amigos no tempo   libre/ Durmir.