Equipazo que se desprazou a León para despedir como se merece a un dos personaxes con máis soleira dentro do Furia dende a súa refundación: Marcos Jamardo «Polo», que se nos casa cunha señorita estupenda; a maravillosa «Jane». Dende todos os estamentos do Furia…¡¡¡QUE SEXADES MOI FELICES E QUE TODO SAIA MOI BEN!!!

De pé (de esquerda a dereita): SuperLilu, Pececito, Macarreli, Toñito, o próximo en caer, Sali, o máis chulo do barrio, e SuperObélix.

Aniñados (de esquerda a dereita): o máis borrachín de todos, o gafillas, Xabieriño, Tito..tiroliro…tiroliro, o máis formal dos Socos, o defuntiño, e SuperKañota- que aquí aparece en sustitución de Superpiruli, que aínda non chegara.

XORNADA DO 3 DE OUTUBRO

AFECCIONADOS: DESCANSARON.

O próximo luns 12 o equipo desprázase á Boqueixón para xogar contra o Lestedo. O inicio do encontro será ás 5 e media da tarde.

XUVENÍS: CALLOBRE- FURIA (4-0)

Horripilante encontro dos chavales que perderon con todo merecimento. O Callobre foi moi superior. O próximo sábado 10, enfróntanse ó San Mamede en Campaña, ás 4 e media da tarde.