EQUIPAZO NA DESPEDIDA DEL “POLLO DE ORO”

6 de Outubro de 2009 por furiaac

Equipazo que se desprazou a León para despedir como se merece a un dos personaxes con máis soleira dentro do Furia dende a súa refundación: Marcos Jamardo “Polo”, que se nos casa cunha señorita estupenda; a maravillosa “Jane”. Dende todos os estamentos do Furia…¡¡¡QUE SEXADES MOI FELICES E QUE TODO SAIA MOI BEN!!!

De pé (de esquerda a dereita): SuperLilu, Pececito, Macarreli, Toñito, o próximo en caer, Sali, o máis chulo do barrio, e SuperObélix.

Aniñados (de esquerda a dereita): o máis borrachín de todos, o gafillas, Xabieriño, Tito..tiroliro…tiroliro, o máis formal dos Socos, o defuntiño, e SuperKañota- que aquí aparece en sustitución de Superpiruli, que aínda non chegara.

XORNADA DO 3 DE OUTUBRO

AFECCIONADOS: DESCANSARON.

O próximo luns 12 o equipo desprázase á Boqueixón para xogar contra o Lestedo. O inicio do encontro será ás 5 e media da tarde.

XUVENÍS: CALLOBRE- FURIA (4-0)

Horripilante encontro dos chavales que perderon con todo merecimento. O Callobre foi moi superior. O próximo sábado 10, enfróntanse ó San Mamede en Campaña, ás 4 e media da tarde.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.8/10 (4 votes cast)
EQUIPAZO NA DESPEDIDA DEL "POLLO DE ORO"9.8104

Posteado en Resultados

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan