XORNADAS DO 10 E 12 DE OUTUBRO.

13 de Outubro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: LESTEDO-FURIA (0-4)

Alineación do Furia: Peixe (1), Paja (1), Rañó (2), Nevero (2), Klá (2), Xabi (3), Pincho (1), Xurxo (1), Rubén (1), Álvaro (3), Manolito (2)___ Flores(1), Malekinho (2), Patxi (1), Nena (-)

Partido cómodo e sin maiores problemas. O equipo demostrou que o último tropezón en Praíña está esquencido, e que non foi máis que iso; un mal día. Impuxéronse de principio a fin a un Lestedo, que ademáis perdeu ó seu porteiro titular cando foi xustamente expulsado nun lance do xogo. Dous goles na primeira metade e outros dous na reanudación confirmaron un resultado moi positivo para o equipo. Enorme partido de Alvarito, que a pesar de estar tocado, fixo un esf0rzo por xogar e marcou dous bonitos goles. Tamén marcaron un renacido Flores e Cassano que marcou todo un auténtico golazo. O vindeiro domingo, volven xogar a domicilio, en Pazos, ás 4 e media da tarde.  Sorte.

XUVENÍS: FURIA-SAN MAMEDE (5-1)

Gran partido dos chavales que gañaron con total claridade e sin ningún tipo de problema. Dous goles de Ferro, un de Malekinho, un de Diego Fernando e outro de Brais (que volveu logo da súa lesión) certificaron o triunfo local. Gran partido de Ferro e Malekinho, e solo un pequeno lunar que foi a “cantada” de Carlitos “Mambis” no gol visitante.  O vindeiro sábado, ás 12 da mañá desprázanse a Santiso para enfrontarse ó equipo de A Golada. A seguir polo bo camiño.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 10.0/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan