XORNADAS DO 17 E 18 DE OUTUBRO

20 de Outubro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: PAZOS-FURIA (0-4)

Alineacións:

Pazos: Francisco, Lorenzo (David, min 50), Óscar, Ramón, Gustavo (Rubén, min 70), Alberto, Víctor Manuel, Noel, Adrián, Sanmarco, Marcos (Serxio, min 50).

Furia: Peixe (1) (Carlitos-1-, min 80), Paja (1), Patxi (2), Rañó (2), Nena (2) (klá-1-, min 80), Nevero (2), Pincho (1) (Ferro -3-, min 55), Manolito (2), Toñito (2), Xabi (2) (Flores -1-, min 75) e Álvaro (1) (Lilu -1-, min 75).

Colexiado: Manuel Ferreiro Antelo. Discreta actuación (1)

Campo: A Baiuca. En perfectas condicións.

Incidencias: Uns 150 afeccionados, que disfrutaron dun magnífico día para asistir ó fútbol. Moi bo ambiente e moi bo “rollo” entre as dúas afeccións.

Partido moi traballado polo noso equipo. A pesar do que parece polo resultado. Si ben no minuto 2, xa se adiantou o Furia cun golazo de cabeza de Toñito estilo “Messi”, logo relaxáronse e deixaron que o Pazos se metese no partido. Con este resultado rematou a primeira metade. Xa na segunda e logo da entrada de Adrián, o partido cambiou por completo. Logo do segundo gol as cousas foron moito máis fáciles, e incluso puido haber máis goles. Bo partido de todo o equipo pero sobre todo hai que destacar o enorme partido que fixo Ferro, que ademáis marcou dous goles. O outro gol foi obra unha vez máis de Álvarito, que polo que se ve volve os terreos de xogo moi enchufado. A destacar tamén o debut de Carlitos “Mambis” nun partido oficial de liga cos maiores, sustituindo nos dez últimos minutos a seu primo Peixe. O vindeiro encontro terá lugar en Campaña, o domingo,  ás 4 e media da tarde, enfrontándose ó Sar. Partido moi importante para saber certamente as posibilidades do clube esta temporada.

XUVENÍS: AGOLADA-FURIA (1-3)

Alineacións:

Agolada: Carlos (Ángel, min10), Xesús, Isaac, Xoan, Daniel, Diego (Serxio, min 51), César (Xurxo, min 82), Xosé (Ricardo, min 70), Cristobal, Marcos, Popovici (Buxán, min 56).

Furia: Mambi(2), Quique (2) (Potel-1-, min 83), Pepe (2), Borja (2), Xoan Carlos (2), Pipe (2), Pó (2) (Fran-1-, min 46), Pascolo (2), Ferro (3) Brais (2)(Serxio -1-, min 76), Adriansinho (2).

Colexiado: Alberto Mira Carreira. Bo arbitraxe (2)

Campo: Municipal da Ponte-Santiso.

Incidencias: Pouco público, pero moi animado. Boa temperatura.

Importante victoria do equipo xuvenil, a pesar das numerosas baixas; o que lle permite seguir á caza dos primeiros postos da clasificación. Gran partido en xeral de todo o equipo. Os goles foron anotados por Adriansinho “Bexairo” e por Ferro (2).  O próximo encontro será o sábado vindeiro, en Campaña, pero con horario aínda sen confirmar, contra o equipo da outra banda do mar: o Dodro.

CADETES: Partido amistoso de Pretemporada.

Posiblemente o vindeiro fin de semana, xoguen un amistoso contra o Cordeiro, pero con día e horario sen fixar.

VN:F [1.9.3_1094]
Rating: 9.8/10 (5 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan