XORNADA DO 7 E 8 DE NOVEMBRO E FOTO REQUIÁN 2009

Foto dos romeiros do Furia,xantando na carballeira ,despois de oir unha misa e antes de que empezara a orquestra.

AFECCIONADOS: FURIA-VAL DO ULLA (1-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (2), Paja (1), Patxi (1), Rañó (2), Nevero (1), Xabi (2), Ferro (1), Manolito (2), Xurxo (2), Perreta (2), Álvaro (1)—- Pincho (1), Lilu (-)

Val do Ulla: Xosé Manuel, Rubén, Víctor, Manuel, Paco, Miguel, Diego, Xacobe, Samuel, Adrián, Xoan— Gonzalo, Santi, Dimas, Miguel

Colexiado: Claudio Castro Carbia. Mala actuación en xeral, con moitos fallos e erros de apreciación. Moi protestado por ambos equipos.

Incidencias: Partido disputado no Campo Municipal de Campaña, ante pouco público; pero que estivo moi ruidoso, nunha tarde bastante fría, pero boa para a práctica do fútbol.

Intensísimo encontro o disputado onte entre dous dos aspirantes, en teoría, a ocupar postos altos na clasificación. Polo visto onte os dous van a ter moito que dicir neste campionato. O partido foi moi pelexado e con momentos de bo fútbol. O Furia dominou territorialmente case todo o encontro, cun dominio do medio campo gracias a un bo partido de Xabi e Manolito. Sen embargo, foi o Val do Ulla o que se adiantou no taboleiro. O Furia, empatou cun gran gol de Perreta (que tamén estivo moi activo). De aí en diante o Furia sigueuno tentando, a pesar de quedar con 10 homes, por unha rigurosa expulsión; pero marrou varias ocasións, sobre todo unha novamente de Perreta que sacou moi ben o porteiro. Nas postrimerías do encontro, Peixe volveu a  salvar un punto importante, cunha gran intervención no último ataque do Val do Ulla. Está claro que coa actitude, a loita e o xogo amosado onte polo equipo van a ter moito chance durante o campionato. O vindeiro domingo, visitan un feudo que tradicionalmente se lle dá mal ó Furia. O campo do Rarís. Partido difícil, pero que ten que servir para encaramarse xa definitivamente nos postos altos da clasificación.

XUVENÍS: FURIA-ESQUÍO (11-0)

Alineacións:

Furia: Pascolo (1), Quique (1), Pepe (3), David (2), Pipe (1), Adriansinho (1), Diego Fernando (2), Po (1), Rubén (3), Xoan Carlos (2), Dani Castro (1)—- Carlos Potel (1), Serxio (1), Paco (1)

Esquío: Heriberto, Diego, Alex, Rodrigo, Paco, Santi, Martín, Agustín, Tomás, Dani, Aboi.

Colexiado: Manuel Mariño Santamaría. Desaparcibido. Sen nengún tipo de problemas.

Incidencias: Campo Municipal de Campaña. Pouco público.

Partido sen demasiada historia. O resultado fala ás claras. A pesar das baixas do Furia, a superioridade do noso equipo foi apabullante. Gran partido de Rubén (4 goles) e de Pepe (2 goles). Tamén anotaron Diego Fernando, Carlos Potel, Quique, Po e Felipe. Destacar o debut de Pascolo na portería, sen encaixar ningún gol. O Esquío, cuns chavales moi peleóns, ten moito mérito; e non se deben desanimar porque é o seu primeiro ano. O vindeiro sábado, ás 4 da tarde, en San Marcos; enfróntanse ó equipo local; con moitas posibilidades de traerse os tres puntos; e así achegarse máis ós postos importantes da clasificación.

CADETES: BASTAVALES-FURIA (6-4)

Alineacións:

Bastavales: Carlos, Iago, Adrián, David, Xoan, Antón, Alex, Xaquín, Noia, Gabriel, Estebo—-Darío, Xulián, Freire.

Furia: Adrián Casal (2), Antón (1), Manu (2), Miguel (1), Jonys (1), Adrián Santos (2), Xose (1), Alex Rial (2), Kevin (0), Lucas (3), Dani Castro (1)—- Melanie (2), Danieliño (2), Álvaro (1) e Víctor (1).

Colexiado: Vicente Fiel Torres. Non estivo mal, aínda que con algúns erros na sinalización dos foras de xogo. Sen influencia no marcador.

Incidencias: Partido disputado no Campo Municipal de Brión. Unhas instalacións case perfectas. Non demasiado público nos graderíos.

Mágoa de encontro. Os erros defensivos da primeira metade condenaron ó equipo, que chegou a ir perdendo 6 a 1. Xa na segunda metade, tentaron a remontada épica e case o conseguen. Si o encontro durase dez minutos máis posiblemente o farían, pero non conseguiron máis que achegarse no marcador, ata o 6 a 4 final. Moi bo partido de Lucas “Montaña” , de Adrián Santos e de Alex Rial. Os goles foron anotados por Alex Rial, dun forte disparo e un “hat trick” de Lucas, que se levou o balón  firmado polos xogadores. O vindeiro domingo, ás 11 da mañá,  en Campaña, reciben ó Dubra. Un equipo histórico, pero que ten que servir para conseguir a primeira victoria da temporada. Que xa vai sendo hora.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

One thought on “XORNADA DO 7 E 8 DE NOVEMBRO E FOTO REQUIÁN 2009

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *