XORNADA DO 14 E 15 DE NOVEMBRO

AFECCIONADOS : RARIS-2  FURIA-4

Alineacións :

RARIS :Roberto,Manuel,Oscar,Diego,Carreira,Jorge,José A.,Angel,Pablo,Aitor e Oscar Vales—-Rubén e Marcos.

FURIA:Peixe (1),Paja (2),Patxi (2),Rañó (2),Nena (2),Xavi (2),Pincho (3),Manolo (2),Rubén Lorenzo (2),Tito (2) e Álvaro (2)—–Cla (1) e Flores (1)

COLEXIADO: J. L. Rives Pena.Mal arbitraxe do noso amigo converténdose no peor rival do Furia, expulsando de maneira inxusta a dous xogadores do Furia e alargando a segunda metade case ata o minuto 55.

INCIDENCIAS: Partido desputado no campo “Das Medas” -Raris- que ben podian facerlle outro novo,xa que chova,neve,vente ou faga sol está completamente fora do seculo XXI.Pobre entrada de espectadores,aínda que se fixeron notar os 50 seguidores do Furia que cos seus cánticos animaron ó equipo de MacRrele sin cesar. O equipo foi ó descanso cun 0-1, gol de Rubén Lorenzo, despois dun contraataque de libro. Este rapaz xuvenil dará apunta maneiras. Despois dunha charla psicolóxica de MacRrele, o equipo saíu en tromba. Así anotou dous goles consecutivos nos primeiros instantes da reanudación  por medio de Álvaro. Logo acortou distancias o Rarís. Xa nas postrimerías do encontro, outro gran contra levou a Pincho a marcar o 1-4. No minuto 98 o Rarís maquillou o resultado cun gol de penalti, moi discutido.

Os incondicionais do Furia facéndose notar en Rarís

O próximo domingo, hai un gran derbi comarcal, pois visitan Campaña os nosos veciños do San Antonio de Herbón. Parece un partido propicio para conseguir a primeira victoria na casa e darlle unha alegría ós afeccionad@s. O encontro será ás 4 da tarde.

XUVENÍS: SAN MARCOS B-FURIA (2-1)

Alineacións:

San Marcos B: Adrián, Nacho, Basilio, Alberto, Iago, David, Martín, Adais, Anxo, Álvaro, Hernán—-Otero, Dani, Enrique.

Furia: Carlos (0), Quique (1), David (1), Pipe (2), Borja (1), Adriansinho (2), Po (0), Pepe (2), Adrián Santos (2), Xoan Carlos (1), Diego Fernando (1)—-Carlos Potel (0), Paco (0) e Dani Castro (0).

Colexiado: Roberto Bentrón “Pepín”. Bo arbitraxe. Tíralle ó pai.

Incidencias: Partido celebrado no Campo de Bando en San Marcos. Pouco público e moi frío.

Partido raro e que enfadou moito ó corpo técnico do Furia. A pesar das numerosas baixas que tiña o equipo, dominou por completo a primeira metade. Ademais do gol de Pepe, o Furia errou unha pena máxima por parte de Carlitos. A segunda metade comezou da mesma forma, con moitas oportunidades para o Furia de sentenciar o partido. Pero incomprensiblemente, non solamente se deixou empatar, senón que xa no desconto o equipo local marcaba o gol da victoria. Este resultado alonxa os chavales dos postos privilexiados da clasificación. Pero queda moita liga, e esperemos que aprendan dos erros cometidos o domingo. O vindeiro sábado  visita Campaña o Esclavitude, ás 4 da tarde.

CADETES: FURIA-DUBRA (SUSPENDIDO)

Encontro que non se chegou a celebrar debido ás inclemencias climatolóxicas. Chovían chuzos de punta e o campo parecía unha piscina (Xa lle vale ós  que o fixeron). O fin de semana próximo hai un gran derbi, xa que xogan contra o Cordeiro ás 11 da mañá, o domingo. Aínda que a hora e o día non son moi aptos para a afección do Furia, animar a todos a apoiar o equipo.

This entry was posted in Sen categorizar. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *