II PARTIDO BENÉFICO: AMIGOS DO YENKA-AMIGOS DE KAÑOTA E XORNADAS DO 26 E 27 DE DECEMBRO

29 de Decembro de 2009 por furiaac

PARTIDO BENÉFICO: AMIGOS DE YENKA-AMIGOS DE KAÑOTA (3-2)

Espectacular ambiente, e enorme o encontro que se celebrou para unha noble causa. Risas e bo rollo, para un encontro onde o resultado era o de menos, aínda que hai que dicilo venceron os “amigos do Yenka”. Penaltis (moi discutidos) errados, golazos e sobre todo destacar a “gran caída” de Jimmy que na nosa modesta opinión foi o mellor do encontro. A recaudación superou ampliamente á da edición anterior, e como sabedes irá destinada integramente á comprar comida para o comedor de Cáritas de Vilagarcía. Noraboa a tod@s por participar.

Foto de tódolos participantes no encontro benéfico.

Espectacular banquiño: Ambiente impresionante.

AFECCIONADOS: DESCANSARON

O vindeiro domingo, ás 4 da tarde inician a segunda volta do campionato, enfrontándose ó Ribasar. Hai que retomar as cousas con forza. ¡¡¡¡Ánimo chavales!!!!

XUVENÍS: DESCANSARON

O sábado ás 4 da tarde en Bugallido, enfróntanse ó Milladoiro. Teñen que remontar o vo.

CADETES: DESCANSARON

Tamén descansan esta semana

BENXAMÍNS: DESCANSARON

Volven a descansar este fin de semana.

¡¡¡BO FIN DE ANO A TOD@S!!!!

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

II PARTIDO BENÉFICO: AMIGOS DO YENKA-AMIGOS DE KAÑOTA

23 de Decembro de 2009 por furiaac

Este vindeiro sábado vólvese a celebrar o xa tradicional partido benéfico do día dos Santos Inocentes. Este ano será un magnífico encontro entre os amigos do Yenka, contra os amigos de Kañota (que naris e que cabesa, mamaíña). O encontro será arbitrado por un magnífico “trípode arbitral”. Como xa sabedes todos os participantes e tamén o público asistente terá que dar a simbólica cantidade de 2 euriños; e como o ano pasado todo o recaudado será utilizado en comprar alimentos para Cáritas de Vilagarcía. Unha iniciativa que non ten parangón, e que este ano copiaron para facer o partido de amigos de Kanouté contra os amigos de Serxio Ramos. Dende aquí animarvos a tod@s a participar, porque é unha boa causa e tamén é un día para botarse unhas risas.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | 1 Comment »

XORNADAS DO 19 E 20 DE DECEMBRO E LOTERÍA DO NEN@

22 de Decembro de 2009 por furiaac

LOTERÍA D@ NEN@ DO FURIA.

Xa está a venda a tradicional lotería do Nen@ do Furia. Como tódolos anos temos tódalas terminacións, e calquera pode solicitar un lote con tódolos números. A xogar e por suposto

¡¡¡¡QUE TOQUE!!!!


AFECCIONADOS: ROIS-FURIA (0-1)

Alineacións:

Rois: Manolo, Feans, Carlos de Aurelio, Rodrigo, Tucho, Carlos, Rafa, Pedro, Pepe, Paco, Suso—-Pepe Morales, Iván, Pepe Rivas e Xoan Ramón.

Furia: Peixe (1), Pincho (1), Patxi (2), Nena (2), Nevero (1), Xabi (1), Moncho (1), Manolito (3), Rubén (2), Perreta (1), Toñito (1)—-Lilu (2), Ferro (1), Klá (1) e Malekinho (2).

Colexiado: Rafael Vicente González. Demasiado ocupado doutras cousas. Na súa liña. Amosou cartóns por algunha mínima protesta e logo non os amosou cando houbo algunha  falta que si o merecía. De tódolos xeitos non influiu no marcador. É un bo chaval.

Incidencias: Día xélido, pero a pesar de todo, bastante público no campo de Extramundi.

Afeccionados do Furia en Extramundi desafiando as baixas temperaturas. Para ser chulo hai que pasar frío!!

Partido práctico do Furia, que acadou o seu obxetivo. Non foi o mellor encontro, pero esta vez sí, conseguiron manter a vantaxe dun gol, sen maiores sobresaltos. Inconmensurable outra vez Manolito, que está atravesando un gran momento de forma. A destacar como non, a volta ó equipo de Moncho, logo do seu paso polo Flavia. Benvido de novo. É un gran reforzo para esta segunda volta. O equipo está un pouco lexos dos postos de prestixio, pero si se centran e non volven a cometer os erros “tontos” da primeira xeira, seguro que terán aínda moito que dicir no campionato. Ánimo que se pode. Como todo o fútbol, o vindeiro fin de semana, terán o seu merecido descanso.

Estadísticas da primeira volta

XUVENÍS: FURIA-BERTAMIRÁNS (1-4)

Alineacións:

Furia: Carlitos (1), David (1), Pepe (1), Quique (1), Pipe (1), Brais Kuriña (1), Ferro (2), Diego Fernando (1), Rubén Lorenzo (1), Malekinho (1), Pó (1)——Carlos Potel (1), Paco (1), Borja (1), Serxio (1) e Dani Castro (1)

Bertamiráns: Estebo, Dani, Héctor, Anxo, Santi, Pepe, Xoan Carlos, Miguel, Manu, Fraga, Héctor Rei—-Brais, Anxo Lista, Víctor, Alberto e Serxio

Colexiado: Pepe Raíces Souto. Sen facerse notar. Impecable.

Incidencias: Pouco público. Quizais influiu que o partido fose ás 12 da mañá, aínda que tivese lugar en Campaña.

Están de capa caída. É preocupante, que un equipo que parecía aspirar a algo máis, atravese un bache tan grande de xogo e resultados. A pesar do gol inicial de Ferro, o equipo veuse abaixo co empate visitante; e a partir dese instante, o Bertamiráns foi o dono e señor do encontro. Desexamos que este pequeno parón navideño, faga reflexionar ós chavales e na reanudación do campionato, as cousas vaian moito mellor.

CADETES: TORDOIA-FURIA (3-2)

Alineacións:

Tordoia: Adrián, Xoan, Pepe, Pallas, Anxo, Fernando, Chinas, Diego, Samuel, Cancela, Pepe Rodríguez—–Iván e Paco

Furia: Adrián Casal (2), Alex Rial (2), Jonny (2), Alex Barreiro (2), Miguel (2), Brais (2), Xose (1), Dani (2), Lucas (2), Adrián Santos (2), Anxo (2)—–Antón (2)

Colexiado: O colexiado sintiuse indisposto, e o encontro tivo que ser asubiado por un afeccionado, que fixo o que puido, pero que non influeu para nada no resultado final

Incidencias: Pouco público, debido en gran parte, que cando se iniciou o encontro ás 11 e media da mañán do domingo, había unha temperatura de  -4.

A pesar das baixas temperatura, asistimos a un partidazo de fútbol, entre dous equipos que amosaron que están entre os máis fortes da categoría. Notouse que o encontro era moi decisivo para os dous conxuntos, porque se entregaron a tope durante os 80 minutos. Enorme partido do Furia, que posiblemente fixese un dos mellores encontros da temporada, aínda que ó final o fútbol fose inxusto en canto ó marcador. Por dúas veces se adiantou o Furia no taboleiro con goles de Anxo (que debutaba) e de Dani Castro. Pero o Tordoia empatou primeiro, no último minuto da primeira metade, e logo conseguía darlle a volta ó encontro, cun postreiro gol tamén, no último minuto do encontro. Unha mágoa, pero os chavales demostraron que teñen moitas gañas e que a canteira do Furia, volve a dar bos resultados. Tamén descansan polo Nadal.

BENXAMÍNS: FLAVIA-FURIA (9-1)

Alineacións:

Flavia: Aarón, Miguel, Rubén, Abel, Manuel, Alberto, Pedro, Álex, Alonso, Antón.

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Leandro (2), Nerea (2), Toni (1), Xabi Domínguez (1), Xosé (1), Brais (1), Franco (1) e Anxo (3).

Colexiado: Ánder Martínez. Sen complicacións

Incidencias: Pouca xente en Pazos, cunha temperatura moi fría.

O resultado xa o dí todo. O Flavia hoxe por hoxe, é moi superior ó noso equipo, que a pesar de todo pelexou o indecible durante todo o encontro.Bo plantexamento táctico do equipo de  “Controlín” tanto defensivamente como en ataque.  O gol do equipo foi anotado unha vez máis por Anxo. Tamén descansan nestas datas. Que os Reis Magos e Papá Noel vos traian moitos regalos. Descansan, para esperar polos Reis.

E DENDE TODA A MASA SOCIAL DO FURIA, E DENDE ESTA PÁXINA, DESEXÁMOSVOS A TOD@S…..

¡¡¡¡ BO NADAL, FELIZ ANO NOVO E QUE O PASEDES

MOI BEN NESTAS FESTAS!!!

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 12 E 13 DE DECEMBRO

15 de Decembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-BIDUIDO (1-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Pincho (1), Patxi (0), Rañó (1), Paja (1), Xabi (0), Ferro (1),  Tito (0), Lilu (1), Rubén (1), Toñito (1)—-Nevero (1), Flores (0) e Malekinho (1).

Biduido: Eduardo, Alberto, Xabi, Marcos, Gustavo, Miguel, Pablo, Suárez, Borja, Miguel Anxo, Vieites—-Rubén, Esteban, Noya.

Colexiado: Árbitro: Manuel Blanco Dios

                          Árbitro asistente: Alberto Figueira Blanco.

                         Árbitro asistente: Álex Álvarez Ramallo.

Sen complicacións. Boa arbitraxe do trío arbitral.

Incidencias: Boa tarde de fútbol. Non moito público, pero animoso; aínda que quedou xeado co gol visitante no desconto.

Novo tropezo do equipo de maiores en campo propio. Os mesmos erros de sempre e a mesma mala sorte de sempre. A pesar de non xogar excelente, o equipo dominou durante todo o encontro, púxose por diante no  marcador cun gol de Lilu e fallou innumerables ocasións para sentenciar o encontro. E como sempre, cando xa parecía que o 1 a cero sería o resultado definitivo, no minuto 93, unha xogada a balón parado, terminou co empate do equipo visitante. Un empate que non merecía pero que conseguiron. Un novo xerro de auga fría para as aspiracións do equipo, pero como sempre dicimos dende aquí, hai moita liga por diante e o que non se poden perden son as ilusións. O vindeiro domingo teñen que visitar ó Rois. Un partido sempre difícil, pero que os nosos teñen que sacar adiante, si ou si.

XUVENÍS: BIDUIDO-FURIA (6-0)

Alineacións:

Biduido: Pablo, Adrián, Xosé Manuel, David, Santi, Xosé Ramón, Alexandre, Fran, Ramón, Paco, Yordan—–Aaron e Efrén.

Furia: Christian (2 ), Quique (1), David(1), Borja (2), Pipe (2), Brais (0), Dani (1), Pepe (1), Adrián (0), Pó (0), Pascolo (0)—–Carlos (0), Paco (1), Diego (1), Serxio (1), Álex (1)

Colexiado: Santiago Rivas Rodríguez. Sen complicacións.

Incidencias: Pouco público e moi frío.

Parece que os chavales están nun profundo bache. É certo que tiñan moitas baixas, pero aínda así non se pode caer nesta falta de motivación, que eles mesmos teñen que arreglar nas súas cabeciñas. Esperemos que sexa pasaxeiro, e que o vindeiro sábado, en Campaña, ás 12 da mañá, fronte ó Bertamiráns, ofrezan un novo triunfo á súa afección.

CADETES: DESCANSARON.

O vindeiro domingo pola  mañán, desplázanse a Tordoia, para medirse ó equipo local, nun partido moi importante e que pode poñelos ou non en posición de aspirar a algo.

ALEVÍNS: PRETEMPORADA.

BENXAMÍNS: FURIA-TORDOIA (2-4)

Alineacións:

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Franco (1), Anxo (2), Leandro (1), Nerea (1), Xosé Antonio (1)—– Xabi Domínguez (1) e Brais (1).

Tordoia: Adrián, Pablo, Manuel, Xoan, Xosé Manuel, Brais, Álvaro—-Nicolás, Iván, Ánxela, Andrea e Martín.

Colexiado: Ricardo Silva Pérez. O partido foi un mero trámite, aínda que con algún error de bulto.

Incidencias: Bastante público que animou moito ós rapac@s, nunha tarde moi soleada, aínda que fría.

Primeira derrota dos nosos pequechos. O encontro foi moi parecido ó primeiro que disputaron na casa. Unha primeira metade con moitos fallos defensivos, e que fixo que foran cun 0 a 3 ó descanso. Aínda que na segunda metade parecía que ían poder remontar novamente, non tiveron tempo material, e a pesar dos dous goles de Anxo; o equipo visitante acabou levándose os tres puntos. De tódolos xeitos os nos@s amosaron unha vez máis a súa capacidade de reaccióon. O próximo fin de semana, enfróntanse ó Flavia, posiblemente en Pazos.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

I CAMPIONATO DE PÓKER DO FURIA

11 de Decembro de 2009 por furiaac

Incrible o éxito que tivo este primeiro campionato de póker, que organizou o noso clube, e que se celebrou o pasado luns 7 de decembro, na Casa de Cultura de Campaña. Foron 90 os participantes, e non puido haber máis porque o local non permitía máis aforo, pero arredor doutras 20 persoas quedáronse sen poder participar. Un ambiente excepcional, destacando por enriba de todo o saber estar e a corrección tanto dos xogador@s  como do público asistente. Partidas interesantísimas e unha final digna de que fose retransmitida pola televisión. Suliñar que a organización do torneo foi espléndida, todo gracias sobre todo os irmáns Cotón; e tamén hai que mencionar o saber facer dos “crupiers” das dúas mesas finais: Mac Busto e Xabi Cotón, que estiveron fantásticos. Non nos queda máis que agradervos a tod@s a vosa participación.

 A final estivo chea de emoción e foi digna de ver

 

O “crupier” Mac, estivo a altura de calquera gran casino.


 O ambiente e a organización foron espectaculares: Aquí Paco, exercendo de “xefe de sala”

O cadro de honor deste campionato foi o seguinte:

    CAMPIONA….Laura de Cuntis

SUBCAMPIÓN….Miguel de Noia

3º….Edu de Catoira

4º…. O Cañero de Boiro (Bar Piñeiros)

5º….Fernando de Santa Comba

6º….Gabriel de Rianxo

7º…. Pepe de Rianxo

8º…. Flores de Valga

9º…. Suso de Rianxo

 Do noso concello quedaron tamén moi ben clasificados os seguintes (ademais tendo en conta que a vencedora, Lauriña, case se pode considerar da terra):

8º ….Flores de Valga

13º…. Pablo o Panadeiro de Cordeiro

14º…. Linchú de Valga

16º…. Deivi de Valga

17º…. Roger de Campaña

 

A flamante vencedora cos seus galardóns: Laura

O segundo e orgulloso clasificado: Miguel de Noia

Un feliz e dignísimo terceiro: Edu de Catoira

Completando o cadro de honra, como 4º: O Cañero de Boiro do Bar Piñeiros

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.9/10 (8 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 5,6 E 8 DE DECEMBRO

11 de Decembro de 2009 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-TERRAS DO ULLA (7-3)

Alineacións:

Furia: Santi (1), Paja (2), Klá(2), Rañó (1), Nena (2), Xabi (2), Pincho (2), Manolito (3), Rubén Lorenzo (1), Tito (2), Álvaro (2)—Po (2), Flores (3), Pipe (1)

Terras do Ulla: David, López, Xosé, Moisés, Roberto, Alberto, Cristian, Borja, Víctor, Esteban, Xosé Antonio—-Xabier, Salvador, Xoan

Colexiado: Manuel Tanoira Tourís. Moi polémico e moi protestado. Non estivo fino. Pódeo facer moito mellor. Non influiu no resultado.

Incidencias: Partido disputado en Campaña, ante bastante público, que animou moito o equipo.

Partido interesantísimo. Ó descanso o equipo visitante daba a sorpresa ó irse cun resultado de 0-2, o que facía prever outra debacle do Furia no seu feudo. Pero na segunda metade o equipo púxose ás pilas e con dous goles de Xabi, dous auténticos golazos de Flores, e outros tres marcados por Pincho, Tito e Álvaro, déronlle o primeiro triunfo como local ó noso equipo; algo que agradeceu a parroquia local. A segunda metade do equipo foi para enmarcar.

AFECCIONADOS: RECESENDE-FURIA (1-0)

Alineacións:

Recesende: Luis, Alberto, Xesús, Xulio, David, Gustavo, Carlos, Ángel, Osvaldo, Méndez, Iglesias— Rubén, García, Paco, Seoane.

Furia: Peixe (2), Paja(2), Patxi (3), Rañó (3), Nena (2), Xabi (3), Rubén Lorenzo (2), Manolito (3), Tito (2), Perreta (2), Álvaro (2)—-Lilu (2) e Jorge (1).

Colexiado: Xosé M. Romero Rama. Impresentable e desastroso. O que fixo onte no campo de fútbol non ten nome. Poderíase dicir que cometeu un “atraco” en toda regra, e pareceu que incluso con “alevosía”. Facia ben tempo, que non se vía un arbitraxe tan malo, e aínda por encima todo en contra dun solo equipo.  Este señor (si é que merece este calificativo), non debería volver a pisar un terreo de xogo, ou polo menos nun que esté o Furia. Eso esperemos.

Incidencias: Encontro disputado en A Devesiña, Recesende. Bastante público, por parte das dúas afeccións. Si antes dicíamos que o colexiado fora un desastre, o mesmo podemos dicir da afección do Recesende: maleducados, chulos, ignorantes e despois do que se viu no terreo de xogo, os mal@s eran os afeccionad@s do Furia. Máis lles valería comezar a aprender un pouco de educación e a saber recoñecer cando o seu equipo se ve favorecido claramente pola arbitraxe. Realmente lamentable a actitude deste público. Indignante.

Quizáis no mellor partido da temporada  que fixo o Furia no que vai de temporada, veu un “señor” e virloulle a posibilidade dos tres puntos e de poñerse ben arriba na táboa. Partidazo de todo o equipo, que se sentiu impotente ante semellante energúmeno, e ante o xogo marrulleiro dos contrarios. Foi unha pena, pero non lle hai nada que facer. Non se pode dar volta atrás. O domingo, reciben ó Biduido, en Campaña, ás 4 da tarde. Queda tempo para todo. Non vos desanimedes.

XUVENÍS: FURIA-ORTOÑO (SUSPENDIDO)

Partido suspendido na segunda metade, co resultado provisional de 6 a 0 para os visitantes. Decidirá o comité de Competición se se ten ou non que reanudar.

O vindeiro sábado visitan ó Biduido, ás 4 da tarde.

CADETES: FURIA-DUBRA (3-0)

Alineacións:

Furia: Christian (2), Alex Rial (2), Jonny (1), Adrián Casal (2), Miguel (2), Alex Barreiro (2), Samuel (2), Dani Castro (2), Lucas (2), Brais (2), Adrián Santos (2)—-Fran (1), Antón (1), Kevin (1), Álvaro (1) e Xose (2).

Dubra: Serxio, David, Xoan Ramón, Baleato, Fernando, Rubén, Diego, Adrián, Pablo, Esteban, Martín—-Alberto, Micael, Marcos, Marco e Carracedo.

Colexiado: Roberto Bentrón Estévez. Ben en liñas xerais. Non tivo complicacións.

Incidencias: Partido celebrado en Campaña. Pouco público, pero que asistiu á primeira vitoria do Furia Cadete.

E chegou. A primeira vitoria dos cadetes, logo de dous meritorios empates. Nun partido serio e ben xogado en todo momento, os rapaces conseguiron os tres puntos con goles de Lucas e Samuel, na primeira metade e de Adrián Santos na segunda. Bo partido do equipo en conxunto. E hai que destacar que xa é o terceiro partido consecutivo que o equipo non encaixa ningún gol, o que fala moi ben da liña defensiva e do porteiro, aínda que todo o equipo e o que sabe gardar ben a súa porta. Este fin de semana tócalle descanso.

ALEVÍNS: PONTECESURES-FURIA(6-2)(AMISTOSO)

Partido que non tivo moita historia, e no que os goles do Furia foron marcados por Samuel, ámbolos dous.

BENXAMÍNS: DESCANSARON.

O vindeiro sábado ás 3 da tarde, volven os pequechos a competir. Desta volta ante o Tordoia, en Campaña. Oxalá siga a boa xeira de resultados. Moita sorte.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

II CAMPIONATO DE TRUCO E XORNADAS DO 28 E 29 DE NOVEMBRO

1 de Decembro de 2009 por furiaac

II CAMPIONATO DE TRUCO DO FURIA:

Gran éxito de participación de novo no II Campionato de Truco, e ademais con bo rollito entre todos os participantes. Dende o Furia agradecer a participación de todos e todas, e felicitar a todas as parellas que conseguiron postos de honra tanto no campionato oficial como na repesca.

Rivais pero amigos. Moi bo ambiente, e como se pode observar houbo moita participación feminina neste campionato.

Vista panorámica dunha parte da sala de xogo, con dous dos participantes desmellorados pola influencia das castañas(??)

AFECCIONADOS: BUGALLIDO-FURIA (1-3)

Alineacións:

Bugallido: Pepe, Pablo, Xabier, Serxio, Mera, Paco, Antón, Manuel, Miguel, David, Xesús—–Dani.

Furia: Peixe (3), Paja (2), Rañó (2), Nena (3), Manolito (3), Xabi (2), Pincho (1), Tito (2), Lilu (2), Perreta (2), Álvaro (2)—-Flores (1)

Colexiado: Antonio Vázquez Dieste. Totalmente desapercibido o que fala ben da súa labor.

Incidencias: Campo Municipal de Framán-Bugallido. Catro amigos xogando ó tute.

O Furia fixo un partido moi serio. En seguida se lle puxo de cara ó encontro, xa que no minuto 15 gañaba por 2 a cero, gracias ós tantos anotados por Álvaro e Manolito de penalti. Pero ó final da primeira metade o Bugallido marcou un auténtico golazo de cabeza, acurtando a diferencia. A segunda metade transcurriu tensa pola incerteza do resultado, con ocasións por ambos bandos, pero ás ocasións do Bugallido foron todas moi ben resoltos por Peixe. Finalmente Perreta, dou tranquilidade ó equipo co terceiro tanto, no último minuto do encontro. Resultado importante, pero que haberá que refrendar o próximo domingo, en Campaña, cando se enfronten ó Terras do Ulla, ás 4 da tarde. Un partido que a afección espera con ansia, para ver a primeira victoria na casa; e que debe servir para encaramarse definitivamente nos postos de privilexio da clasificación; pero no que hai que ter moito ollo; xa que os visitantes veñen de gañarlle ó Praíña no último partido.

XUVENÍS: SP. ESTRADA-FURIA (4-0)

Alineacións:

Sp. Estrada: Dani, Iván, Fermín, Xabi, Antón, Gonzalo, Enrique, Roberto, Lamiño, Iván, Mato—-Rubén e Ricardo.

Furia: Carlos (2), Quique (2), Pepe (1), Pipe (2), Borja (2), Adriansinho (1), Rubén (1), Po (1), Brais Kuriña (1), Malekinho (1), Ferro (1)—– David (1), Potel (1), Diego Fernando (1) e Paco (1).

Colexiado: Óscar Enríquez. Boa labor, aínda que un pouco casero.

Incidencias: Campo Municipal de Figueroa. Pouco público.

Partido sen historia, onde o Sp. Estrada demostrou o por qué lidera a clasificación; aínda que o resultado é enganoso polo abultado, xa que o Furia dou batalla durante todo o encontro. O próximo sábado, ás 4 da tarde, teñen outro partido moi complicado fronte ó Ortoño, en Campaña.

CADETES: FURIA-BERTAMIRÁNS (0-0)

Alineacións:

Furia: Cristián (2), Alex Rial (2), Jonny (1), Brais (2), Adrián Casal (2), Miguel (3), Xose (1), Dani (2), Samuel (1), Lucas (2), Adrián Santos (2)—-Melanie (1) e Manu (1).

Bertamiráns: Mateo, Pepe, Rubén, Cristian, Santi, Xacobe, Nicolás, Iago, Adrián, Carlos, Xabier—- Diego, Marcos, Alberto, Álvaro e Mario.

Colexiado: Logan San Pedro. Arbitraxe correcto, pero ten tido días mellores.

Incidencias: Bastante público.

Bo partido dos dous equipos. Moi táctico e con moita loita sobre todo no medio campo. O Bertamiráns moveu mellor a pelota, pero sen embargo as mellores ocasións foron para o Furia (sobre todo unha de Lucas). O resultado foi xusto, e cabe destacar a labor do centro do campo e da defensa do Furia, cun Miguel que está inconmensurable nos últimos encontros. O vindeiro martes día 8, xogan o partido atrasado (polas inclemencias meteorolóxicas) contra o Dubra. Será ás 11 da mañá, en Campaña.

ALEVÍNS: AMISTOSO

O vindeiro venres 4, os chavales xogan un partido amigable en Porto, contra o Pontecesures, as 5 da tarde.

BENXAMÍNS: ROIS-FURIA (0-2)

Alineacións:

Rois: Serxio, Iker, Santi, Dani, Gabriel, Martín, Brais, Manuel, Xaquín, Samuel, Alex e Nicolás.

Furia: Jonathan (3), Xabi Martínez (2), Anxo (3), Antonio (2), Xabi Domínguez (2),  Brais (2) e Franco (3).

Colexiado: Jonathan Losas Otero. Impresionante o arbitraxe do noso veciño. Augúraselle un gran futuro no mundo do arbitraxe, ó igual que seu tío Paco Otero no mundo da caza.

Incidencias:Pouco público pero escollido, nunha mañá de moito frío.

Gran desplegue táctico, sobre todo defensivo; e en dous contragolpes o “crack” Anxo, marcou dous golazos que lle deron a primeira victoria do equipo. Maravilloso arranque de temporada, que nadie agardaba, pero que realmente se están merecendo os rapaces. O próximo encontro xogarase o vindeiro sábado 12 de Decembro, en Campaña, contra o Tordoia, ás 3 da tarde. Este fin de semana descansan.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan