Incrible o éxito que tivo este primeiro campionato de póker, que organizou o noso clube, e que se celebrou o pasado luns 7 de decembro, na Casa de Cultura de Campaña. Foron 90 os participantes, e non puido haber máis porque o local non permitía máis aforo, pero arredor doutras 20 persoas quedáronse sen poder participar. Un ambiente excepcional, destacando por enriba de todo o saber estar e a corrección tanto dos xogador@s  como do público asistente. Partidas interesantísimas e unha final digna de que fose retransmitida pola televisión. Suliñar que a organización do torneo foi espléndida, todo gracias sobre todo os irmáns Cotón; e tamén hai que mencionar o saber facer dos «crupiers» das dúas mesas finais: Mac Busto e Xabi Cotón, que estiveron fantásticos. Non nos queda máis que agradervos a tod@s a vosa participación.

 A final estivo chea de emoción e foi digna de ver

 

O «crupier» Mac, estivo a altura de calquera gran casino.


 O ambiente e a organización foron espectaculares: Aquí Paco, exercendo de «xefe de sala»

O cadro de honor deste campionato foi o seguinte:

    CAMPIONA….Laura de Cuntis

SUBCAMPIÓN….Miguel de Noia

3º….Edu de Catoira

4º…. O Cañero de Boiro (Bar Piñeiros)

5º….Fernando de Santa Comba

6º….Gabriel de Rianxo

7º…. Pepe de Rianxo

8º…. Flores de Valga

9º…. Suso de Rianxo

 Do noso concello quedaron tamén moi ben clasificados os seguintes (ademais tendo en conta que a vencedora, Lauriña, case se pode considerar da terra):

8º ….Flores de Valga

13º…. Pablo o Panadeiro de Cordeiro

14º…. Linchú de Valga

16º…. Deivi de Valga

17º…. Roger de Campaña

 

A flamante vencedora cos seus galardóns: Laura

O segundo e orgulloso clasificado: Miguel de Noia

Un feliz e dignísimo terceiro: Edu de Catoira

Completando o cadro de honra, como 4º: O Cañero de Boiro do Bar Piñeiros