AFECCIONADOS: FURIA-BIDUIDO (1-1)
Alineacións:
Furia: Peixe (1), Pincho (1), Patxi (0), Rañó (1), Paja (1), Xabi (0), Ferro (1), Tito (0), Lilu (1), Rubén (1), Toñito (1)—-Nevero (1), Flores (0) e Malekinho (1).
Biduido: Eduardo, Alberto, Xabi, Marcos, Gustavo, Miguel, Pablo, Suárez, Borja, Miguel Anxo, Vieites—-Rubén, Esteban, Noya.
Colexiado: Árbitro: Manuel Blanco Dios
Árbitro asistente: Alberto Figueira Blanco.
Árbitro asistente: Álex Álvarez Ramallo.
Sen complicacións. Boa arbitraxe do trío arbitral.
Incidencias: Boa tarde de fútbol. Non moito público, pero animoso; aínda que quedou xeado co gol visitante no desconto.
Novo tropezo do equipo de maiores en campo propio. Os mesmos erros de sempre e a mesma mala sorte de sempre. A pesar de non xogar excelente, o equipo dominou durante todo o encontro, púxose por diante no marcador cun gol de Lilu e fallou innumerables ocasións para sentenciar o encontro. E como sempre, cando xa parecía que o 1 a cero sería o resultado definitivo, no minuto 93, unha xogada a balón parado, terminou co empate do equipo visitante. Un empate que non merecía pero que conseguiron. Un novo xerro de auga fría para as aspiracións do equipo, pero como sempre dicimos dende aquí, hai moita liga por diante e o que non se poden perden son as ilusións. O vindeiro domingo teñen que visitar ó Rois. Un partido sempre difícil, pero que os nosos teñen que sacar adiante, si ou si.
XUVENÍS: BIDUIDO-FURIA (6-0)
Alineacións:
Biduido: Pablo, Adrián, Xosé Manuel, David, Santi, Xosé Ramón, Alexandre, Fran, Ramón, Paco, Yordan—–Aaron e Efrén.
Furia: Christian (2 ), Quique (1), David(1), Borja (2), Pipe (2), Brais (0), Dani (1), Pepe (1), Adrián (0), Pó (0), Pascolo (0)—–Carlos (0), Paco (1), Diego (1), Serxio (1), Álex (1)
Colexiado: Santiago Rivas Rodríguez. Sen complicacións.
Incidencias: Pouco público e moi frío.
Parece que os chavales están nun profundo bache. É certo que tiñan moitas baixas, pero aínda así non se pode caer nesta falta de motivación, que eles mesmos teñen que arreglar nas súas cabeciñas. Esperemos que sexa pasaxeiro, e que o vindeiro sábado, en Campaña, ás 12 da mañá, fronte ó Bertamiráns, ofrezan un novo triunfo á súa afección.
CADETES: DESCANSARON.
O vindeiro domingo pola mañán, desplázanse a Tordoia, para medirse ó equipo local, nun partido moi importante e que pode poñelos ou non en posición de aspirar a algo.
ALEVÍNS: PRETEMPORADA.
BENXAMÍNS: FURIA-TORDOIA (2-4)
Alineacións:
Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Franco (1), Anxo (2), Leandro (1), Nerea (1), Xosé Antonio (1)—– Xabi Domínguez (1) e Brais (1).
Tordoia: Adrián, Pablo, Manuel, Xoan, Xosé Manuel, Brais, Álvaro—-Nicolás, Iván, Ánxela, Andrea e Martín.
Colexiado: Ricardo Silva Pérez. O partido foi un mero trámite, aínda que con algún error de bulto.
Incidencias: Bastante público que animou moito ós rapac@s, nunha tarde moi soleada, aínda que fría.
Primeira derrota dos nosos pequechos. O encontro foi moi parecido ó primeiro que disputaron na casa. Unha primeira metade con moitos fallos defensivos, e que fixo que foran cun 0 a 3 ó descanso. Aínda que na segunda metade parecía que ían poder remontar novamente, non tiveron tempo material, e a pesar dos dous goles de Anxo; o equipo visitante acabou levándose os tres puntos. De tódolos xeitos os nos@s amosaron unha vez máis a súa capacidade de reaccióon. O próximo fin de semana, enfróntanse ó Flavia, posiblemente en Pazos.

