XORNADAS DO 19 E 20 DE DECEMBRO E LOTERÍA DO NEN@
LOTERÍA D@ NEN@ DO FURIA.
Xa está a venda a tradicional lotería do Nen@ do Furia. Como tódolos anos temos tódalas terminacións, e calquera pode solicitar un lote con tódolos números. A xogar e por suposto
¡¡¡¡QUE TOQUE!!!!

AFECCIONADOS: ROIS-FURIA (0-1)
Alineacións:
Rois: Manolo, Feans, Carlos de Aurelio, Rodrigo, Tucho, Carlos, Rafa, Pedro, Pepe, Paco, Suso—-Pepe Morales, Iván, Pepe Rivas e Xoan Ramón.
Furia: Peixe (1), Pincho (1), Patxi (2), Nena (2), Nevero (1), Xabi (1), Moncho (1), Manolito (3), Rubén (2), Perreta (1), Toñito (1)—-Lilu (2), Ferro (1), Klá (1) e Malekinho (2).
Colexiado: Rafael Vicente González. Demasiado ocupado doutras cousas. Na súa liña. Amosou cartóns por algunha mínima protesta e logo non os amosou cando houbo algunha falta que si o merecía. De tódolos xeitos non influiu no marcador. É un bo chaval.
Incidencias: Día xélido, pero a pesar de todo, bastante público no campo de Extramundi.

Afeccionados do Furia en Extramundi desafiando as baixas temperaturas. Para ser chulo hai que pasar frío!!
Partido práctico do Furia, que acadou o seu obxetivo. Non foi o mellor encontro, pero esta vez sí, conseguiron manter a vantaxe dun gol, sen maiores sobresaltos. Inconmensurable outra vez Manolito, que está atravesando un gran momento de forma. A destacar como non, a volta ó equipo de Moncho, logo do seu paso polo Flavia. Benvido de novo. É un gran reforzo para esta segunda volta. O equipo está un pouco lexos dos postos de prestixio, pero si se centran e non volven a cometer os erros “tontos” da primeira xeira, seguro que terán aínda moito que dicir no campionato. Ánimo que se pode. Como todo o fútbol, o vindeiro fin de semana, terán o seu merecido descanso.
Estadísticas da primeira volta


XUVENÍS: FURIA-BERTAMIRÁNS (1-4)
Alineacións:
Furia: Carlitos (1), David (1), Pepe (1), Quique (1), Pipe (1), Brais Kuriña (1), Ferro (2), Diego Fernando (1), Rubén Lorenzo (1), Malekinho (1), Pó (1)——Carlos Potel (1), Paco (1), Borja (1), Serxio (1) e Dani Castro (1)
Bertamiráns: Estebo, Dani, Héctor, Anxo, Santi, Pepe, Xoan Carlos, Miguel, Manu, Fraga, Héctor Rei—-Brais, Anxo Lista, Víctor, Alberto e Serxio
Colexiado: Pepe Raíces Souto. Sen facerse notar. Impecable.
Incidencias: Pouco público. Quizais influiu que o partido fose ás 12 da mañá, aínda que tivese lugar en Campaña.
Están de capa caída. É preocupante, que un equipo que parecía aspirar a algo máis, atravese un bache tan grande de xogo e resultados. A pesar do gol inicial de Ferro, o equipo veuse abaixo co empate visitante; e a partir dese instante, o Bertamiráns foi o dono e señor do encontro. Desexamos que este pequeno parón navideño, faga reflexionar ós chavales e na reanudación do campionato, as cousas vaian moito mellor.
CADETES: TORDOIA-FURIA (3-2)
Alineacións:
Tordoia: Adrián, Xoan, Pepe, Pallas, Anxo, Fernando, Chinas, Diego, Samuel, Cancela, Pepe Rodríguez—–Iván e Paco
Furia: Adrián Casal (2), Alex Rial (2), Jonny (2), Alex Barreiro (2), Miguel (2), Brais (2), Xose (1), Dani (2), Lucas (2), Adrián Santos (2), Anxo (2)—–Antón (2)
Colexiado: O colexiado sintiuse indisposto, e o encontro tivo que ser asubiado por un afeccionado, que fixo o que puido, pero que non influeu para nada no resultado final
Incidencias: Pouco público, debido en gran parte, que cando se iniciou o encontro ás 11 e media da mañán do domingo, había unha temperatura de -4.
A pesar das baixas temperatura, asistimos a un partidazo de fútbol, entre dous equipos que amosaron que están entre os máis fortes da categoría. Notouse que o encontro era moi decisivo para os dous conxuntos, porque se entregaron a tope durante os 80 minutos. Enorme partido do Furia, que posiblemente fixese un dos mellores encontros da temporada, aínda que ó final o fútbol fose inxusto en canto ó marcador. Por dúas veces se adiantou o Furia no taboleiro con goles de Anxo (que debutaba) e de Dani Castro. Pero o Tordoia empatou primeiro, no último minuto da primeira metade, e logo conseguía darlle a volta ó encontro, cun postreiro gol tamén, no último minuto do encontro. Unha mágoa, pero os chavales demostraron que teñen moitas gañas e que a canteira do Furia, volve a dar bos resultados. Tamén descansan polo Nadal.
BENXAMÍNS: FLAVIA-FURIA (9-1)
Alineacións:
Flavia: Aarón, Miguel, Rubén, Abel, Manuel, Alberto, Pedro, Álex, Alonso, Antón.
Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Leandro (2), Nerea (2), Toni (1), Xabi Domínguez (1), Xosé (1), Brais (1), Franco (1) e Anxo (3).
Colexiado: Ánder Martínez. Sen complicacións
Incidencias: Pouca xente en Pazos, cunha temperatura moi fría.
O resultado xa o dí todo. O Flavia hoxe por hoxe, é moi superior ó noso equipo, que a pesar de todo pelexou o indecible durante todo o encontro.Bo plantexamento táctico do equipo de “Controlín” tanto defensivamente como en ataque. O gol do equipo foi anotado unha vez máis por Anxo. Tamén descansan nestas datas. Que os Reis Magos e Papá Noel vos traian moitos regalos. Descansan, para esperar polos Reis.
E DENDE TODA A MASA SOCIAL DO FURIA, E DENDE ESTA PÁXINA, DESEXÁMOSVOS A TOD@S…..
¡¡¡¡ BO NADAL, FELIZ ANO NOVO E QUE O PASEDES
MOI BEN NESTAS FESTAS!!!
Posteado en Resultados



