II PARTIDO BENÉFICO: AMIGOS DO YENKA-AMIGOS DE KAÑOTA

23 de Decembro de 2009 por furiaac

Este vindeiro sábado vólvese a celebrar o xa tradicional partido benéfico do día dos Santos Inocentes. Este ano será un magnífico encontro entre os amigos do Yenka, contra os amigos de Kañota (que naris e que cabesa, mamaíña). O encontro será arbitrado por un magnífico “trípode arbitral”. Como xa sabedes todos os participantes e tamén o público asistente terá que dar a simbólica cantidade de 2 euriños; e como o ano pasado todo o recaudado será utilizado en comprar alimentos para Cáritas de Vilagarcía. Unha iniciativa que non ten parangón, e que este ano copiaron para facer o partido de amigos de Kanouté contra os amigos de Serxio Ramos. Dende aquí animarvos a tod@s a participar, porque é unha boa causa e tamén é un día para botarse unhas risas.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (4 votes cast)
II PARTIDO BENÉFICO: AMIGOS DO YENKA-AMIGOS DE KAÑOTA10.0104

Posteado en Resultados

Unha Resposta

  1. amigo do Yenka

    Aínda que este ano non poderemos contar ca presencia de Capi, que vai pasar o Nadal en Punta Cana, xa está confirmada a participación do mozo de Paloma como estrela invitada

Deixa un comentario

Aviso: Está activada a moderación dos comentarios e pode retrasar o teu comentario. Non é preciso que o envies outra vez.

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan