XORNADAS DO 23 E 24 DE XANEIRO

28 de Xaneiro de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-PAZOS (3-2)

Alineacións:

Furia: Santi (0), Pincho (1), Rañó (1), Nevero (2), Nena (2), Moncho (1), Ferro(1), Manolito (2), Rubén (2), Tito (1), Álvaro (2)—-Patxi (2), Paja (2), Xabi (2), Perreta (2), Klá (1).

Pazos: Fran, Iván, Xosé Manuel, Noel, Gustavo, Alberto, Fabián, Manuel, Adrián, David, Rubén—-Suárez e Serxio.

Colexiado: Manuel  Ferreiro Antelo. Non tivo problemas, aínda que se complicou as cousas contra o final do encontro.

Incidencias: Moi boa entrada, e cun público moi entregado ós seus equipos, pero con moi bo rollo entre as afeccións. Nun día perfecto para asistir ó fútbol, así da gusto ir ó campo.

Obxetivo cumplido. Con máis sufrimento do esperado, pero os tres puntos viñeron para o peto do Furia. Un Pazos moi ordenado, e batallador; dou moitísimo traballo ó noso equipo, que tivo que traballar do lindo para levarse o encontro. Non foi un partido dos nosos chavales, que quizáis saíron algo confiados. Non fixeron o xogo dos últimos partidos, pero o importante era gañar; e cos goles de Álvarito, do Pazos en propia porta e o de Tito “in extremis” conseguirono. E agora ven o importante. Logo de vencer estes últimos catro encontros na casa, chega a hora da verdade. Así xa o domingo hai un enfrontamento clave contra o Sar, ás 4 da tarde en Extramundi. Si se quere seguir con ilusión, hai que conseguir un bo resultado. Soñar é gratis; así que afección….¡¡¡¡A ANIMAR Ó EQUIPO NESTES MOMENTOS!!!

XUVENÍS: FURIA-A GOLADA (1-0)

Alineacións:

Furia: Carlitos (2), David (2), Pepe (2), Quique (1), Borja (1), Adriansinho (1), Pó (2), Carlos Potel (0), Brais (1), Felipe (2), Diego Fernández (3)—-Paco (2), Pascolo (1) e Serxio (1).

A Golada: Carlos, Xesús, Rubén, Xoan, Diego, Serxio, César, Méndez, Héctor, Marcos, Stefan—-Isaac, Ricardo, Xaquín, Dani e García.

Colexiado: Anxo Domínguez Vidal. Sen complicacións. Boa arbitraxe.

Incidencias: Pouco público no campo.

Suman e seguen. Parece que os chavales olvidáronse da súa mala xeira, e agora parece que incluso a sorte lles sorrí. Nun partido igualado, novamente Diego Fernández, cun fabuloso zapatazo colaba o balón por toda a escadra e dáballe os tres puntos ó equipo; logo eso sí dunha xogada xenial de Paco, que fixo o mellor partido desta temporada. O vindeiro sábado ás 6 e media da tarde viaxan ó outro lado do río, para enfrontarse ó Dodro. Alí poderían seguir cos bos resultados. A ver si é así.

CADETES: CORDEIRO-FURIA (4-2)

Alineación:

Furia: Adrián (1), Álex Rial (0), Jonny (0), Miguel (2), Álex Barreiro (0), Adrián Santos (0), Xosé (0), Dani Castro (1), Anxo (1), Lucas (1), Antón (2)—-Kevin (1).

Incidencias: Boa entrada, nun derbi que resultou moito máis espectacular e animado que o da primeira volta.

Un dos peores encontros realizados polo noso equipo durante toda a temporada, e así o Cordeiro levouse o derbi merecidamente. Aínda que o Furia presionou cando se puxo 3-2 cos goles de Lucas e Adrián Santos, non foi capaz de remontar, e un gol postreiro do Cordeiro fixo xustiza no marcador. A ver si o próximo domingo o fan mellor, a pesar de que teñen un desplazamento complicado, a Bertamiráns, á casa do líder; ás 11 e media da mañán. Sorte.

ALEVÍNS: DESCANSARON

O próximo sábado ás 12 e media en Campaña, volven á competición enfrontándose o Val do Ulla.

BENXAMÍNS: SAN MAMEDE-FURIA (9-4)

Alineacións:

San Mamede: Román, Darío, Fabián, Damián, Alex, Iago, Brais, Nico, Yosebán, Damián e Breixo.

Furia: Jonathan (1), Nerea (2), Leandro (1), Anxo (2), Xabi Domínguez (1), Xosé Antonio (1), Xosé (1), Brais (1) e Franco (1)

Colexiado: Xosé Luis Fernández Froiz. Sen problemas.

Incidencias: Bastante público.

Superioridade do equipo local, pero un partido que acabou cun marcador mais abultado do que merecían. Deron a cara en todo momento e o encontro foi moi igualado. Os goles do Furia foron anotados por Anxo (2), Leandro e Nerea. O próximo sábado ás 3 da tarde, xogan en Campaña fronte ó Bertamiráns B.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 14, 16 E 17 DE XANEIRO

19 de Xaneiro de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-LESTEDO (4-1)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Pincho (2), Rañó (2), Nevero (2), Nena (1), Moncho (2), Ferro (2), Xabi (1), Tito (3), Manolito (2), Perreta (2)—–Paja (1), Rubén (2), Klá (1) e Patxi (2).

Lestedo: Óscar, Fernando, Xose, César, vicente, Marcos, David, Xoan, Pepe, Fernández, David—–Grela, Sebastián e Luis

Colexiado: Vicente Fiel. Sen problemas, aínda que foi moi protestado por unha bronca que lle votou a Tito, sen xeito nin maneira.

Incidencias: Pouco público en Campaña, o que se está convertindo en habitual (Ánimo afección), pero moi bullangueiro.

Suma e segue. A racha triunfal do equipo nesta segunda volta está sendo espectacular, o que fai albergar esperanzas ós afeccionados de que se poida conseguir unha remontada que sería histórica. Aínda que o xogo non foi tan espectacular como en encontros pasados, o equipo de Mac demostrou a súa amplia superioridade física, técnica e táctica sobre o Lestedo. Incluso poderíamos dicir que o resultado foi corto, xa que ós goles de Tito (2)(que onte fixo un gran encontro), Manolito (de penalti) e de Ferro puideron ser moitos máis e polo tanto conseguir outra goleada de escándalo. Pero é igual, o importante son os tres puntos. O vindeiro domingo, ás 4 e media, outra vez en Campaña, xogamos contra o Pazos. Hai que gañar e así afrontar con posibilidades reais os vindeiros encontros contra os equipos de arriba e poder loitar por todo. Ánimo rapaces que ata o rabo todo é toro.

XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (0-1)

Alineacións:

San Mamede: Santi, Dani, Alberte, Rodrigo, Diego, Pepe, Miguel, Víctor, Adrián, Rubén, Aitor—–David e Óscar.

Furia: Carlos (2), Quique (1), Pepe (2), Pipe (2), Borja (2), Adriansinho (1), Pó (0), David (1), Ferro (2), Rubén (2), Diego Fernando (1)—–Paco (1), Jonathan (0), Potel (0), Serxio (0) e Brais (s.p.)

Colexiado: Bruno Iglesias. Sen problemas. Bo chaval.

Incidencias: Pouco público.

Por fin se truncou a mala racha. Un gol de Diego Fernández devolveu ó equipo á senda da victoria. Xa era hora de saír do bache. O equipo non fixo un partido espectacular, pero si foi moi serio e práctico. Gran labor de conxunto onde o destacado foi precisamente iso: o equipo. O vindeiro sábado (con horario sen confirmar) reciben ó A Golada en Campaña. Bo rival para seguir colleitando puntos. Moita sorte.

CADETES: DESCANSARON

O vindeiro domingo ás 11 da mañá, celébrase outro gran derbi, por suposto contra o Cordeiro. Un encontro que semella vai estar moi igualado, pero que pode servir para que o equipo se afiance na terceira praza da clasificación.

ALEVÍNS: FURIA-FLAVIA (1-7)

Equipo alevín que se enfrontou ó Flavia o pasado xoves

De pé (de esquerda a dereita): Xabi -adestrador-, Ismael, Samuel, Manu, Alex, Serxio e Borja.

Aniñados (de esquerda a dereita): Brais, Anxo, Salva, Leandro, Xoan Manuel e Franco.

Faltan: Noelia e Ricardiño

Alineacións:

Furia: Borja (1), Salva (1), Manu (1), Serxio (1), Samuel (1), Ismael (1), Brais (1), Xoan Manuel (2), Álex (1), Leandro (1) e Anxo (1).

Flavia: Lucas, Noel, Marcos, Esteban, David, Xosé, Álex, Dani, Pablo e Marcos Sanmartín.

Colexiado:Rodríguez Varela. Simplón e con poucas gañas.

Incidencias: Encontro celebrado o xoves, con moito público nas bancadas.

Superioridade manifesta do equipo padronés, que se levou con xustiza os tres puntos, e que demostrou que será un dos candidatos a pelexar polos postos altos da clasificación. Os chavales loitaron o indecible, pero moitos erros tanto defensivos como en ataque fixeron que o tanteador fose tan abultado. Teñen que correxir esas pequenas cousas e así poderán conseguir mellores resultados en breve. O gol do noso equipo foi anotado por Serxio Rico. O vindeiro fin de semana descansan.

BENXAMÍNS: DESCANSARON.

A vindeira xornada desprázanse a San Mamede para medirse ó equipo local e romper unha pequena racha negativa que están atravesando. Ánimo “peques”. O partido será ás 12 da mañá.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (1 vote cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADAS DO 6, 9 E 10 DE XANEIRO

12 de Xaneiro de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: FURIA-PRAÍÑA (9-0)

Alineacións:

Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Rañó (2), Nevero (2), Moncho (2), Ferro(3), Xabi (3), Rubén (1), Perreta (2), Tito (2)—-Pincho (1), Santi (s.p.), Flores (2), Klá (1), Manolito (2)

Praíña: Víctor, Xacobe, Borja, Xulián, Pepe, Álex, Alberto, Pedro, Víctor Manuel, Dani, Rubén—-Manolo, Marcos e Adrián.

Colexiados: Árbitro: Manuel Blanco

Árbitros asistentes: Pepe González e Rafael Vicente.

Sen nengún tipo de complicacións, como o encontro

Incidencias: Pouco público nos graderíos de Campaña, pero os que estiveron asistiron a unha goleada histórica do Furia.

Velo para crelo. Goleada escandalosa do Furia ante un equipo que na primeira volta nos goleara por 5 a cero. Parece incrible, pero o resultado foi moi xusto. O noso equipo foi unha auténtica apisonadora e non lle dou respiro ó equipo rival, que foi do peoriño que pasou por Campaña. O noso equipo realizou un xogo incluso a cachos preciosista e de moito toque. Os goles foron marcados por Tito (2), Xabi , Flores, Perreta, Paja, Ferro (2) e Manolito.

AFECCIONADOS: FURIA-CABO DE CRUZ B (4-2)

Alineacións:

Furia: Peixe (2), Pincho (2), Klá (2), Manolito (2), Nevero (1), Moncho (2), Ferro (3), Perreta (1), Xabi (3), Rubén (2), Álvaro (2)—–Nena (2), Lilu (1), Flores (1).

Cabo de Cruz B: Bernardino, Manolo, Ricardo, Amí, Admián, David, Manuel, Diego, Marcos, Óscar, Mario—-Fernández e Andoni.

Colexiado: Manuel Taboada Doval. Sen problemas, pero castigou con cartóns con máis dureza ó Furia que ós visitantes.

Incidencias: Tarde dun frío intensísimo, chegando incluso a caer folerpas de neve durante o encontro. Pode ser esa unha das razóns da pouca asistencia de público, pero o que foi animou con gañas ó equipo.

Novamente un partido grande do noso equipo. A pesar de comezar perdendo o encontro, en todo momento demostraron que eran moi superiores.  Cun xogo de toque por momentos espectacular, sobre todo dirixidos por Xabi Cotón (que está nunha forma espectacular), por Moncho e tamén polo gran Manolito que nos estamos a atopar nas últimas xornadas. Dous bos estiletes polas bandas como son os xuvenís Ferro e Rubén, e cunha gran labor de todo o resto do equipo, conseguiron remontar e incluso parecía que ían volver a golear como a xornada anterior. Con goles de Rubén, Ferro (2) e Alvarito (que volvía despois da súa inxusta sanción) doblegaron a un peleón Cabo de Cruz. O camiño a seguir e ese. Sabemos que é difícil, pero hai que tentalo ata ó final. Así o vindeiro domingo ás 4 da tarde, volven a xogar na casa fronte á outro rival en teoría asequible como o Lestedo. Pero non hai que fiarse e conseguir os tres puntos en xogo. Como se comenta polos propios xogadares, outra final máis.

XUVENÍS: FURIA-CALLOBRE (1-3)

Alineacións:

Furia: Carlitos (1), Quique (1), Pepe (1), Pipe (2), Borja (1), Pascolo (1), Potel (1), David (1), Brais Kuriña (1), Malekinho (2), Adrián (1)—–Paco (1), Serxio (1) e Po (1)

Callobre: Marcos, Xoan, Adrián, Bieito, Estebo, Gabri, Iván, Serxio, Rubén, Xurxo, Miguel—-Martiño, Diego, Campos e Domínguez.

Colexiado: Francisco Piñeiro Prol. Formidable actuación, como sempre.

Incidencias: Ambiente frío nunhas bancadas moi despoboadas.

Están de capa caída. Aínda que tiveron un prometedor inicio, o equipo veuse abaixo na segunda metade. Mal van as cousas para o equipo xuvenil, que prometían moitas alegrías, pero que por unhas cousas ou outras, están comezando a defraudar a afección. O máis reseñable do encontro o gol de Pipe. Teñen que reaccionar e os chavales poden facelo. Ánimo rapaces, e a remontar o vo. O vindeiro sábado, viaxan a San Mamede, onde se enfrontarán o equipo local.

CADETES: FURIA-BASTAVALES (3-3)

Alineacións:

Furia: Adrián Casal (2), Álex Rial (1), Jonny (1), Álex Barreiro (1), Miguel (1), Adrián Santos (2), Xose (1), Dani (2), Lucas (2), Brais (2), Anxo (1)—– Samuel (2), Kevin (1).

Bastavales: Xulián, Iago, Adrián, David, Xaquín, Toni, Álex, Diego, Darío, Gabri, Estebo—-Iván, Carlos e Noia.

Colexiado: Vicente Fiel. Na súa liña.

Incidencias: Casi 20 persoas. Moito frío.

Unha vez máis, os chavales perderon dous puntos nos últimos minutos; pero hai que considerar que esta vez o resultado foi xusto; xa que na primeira metade; aínda que o Furia se adiantou cun golazo de Dani Castro, o Bastavales gozou de ata 5 ocasións clarísimas de gol. Pero unhas veces o porteiro Adrián e outras a falta de puntería, fixeron que o resultado fose así ó remate dos primeiros 45 minutos. Na segunda parte un partido de ida e volta. O Bastavales empatou, e aínda que o Furia se adiantou dúas veces máis no marcador con dous goles de Adrián Santos, o empate definitivo chegaría cun gol en propia porta do propio Adrián Santos; que facía xustiza. O vindeiro domingo descansan.

ALEVÍNS: CORDEIRO-FURIA (7-3)

Alineacións:

Cordeiro: Suso, Rubén, Jonathan, Alberto, Roberto, Bruno, Touceda, Brais, Antón, Roi, Tomás e Damián.

Furia: Borja (2), Salvador (1), Manu (2), Serxio (1), Samuel (1), Ismael (1), Brais (1), Xoan (1), Álex (1) e Anxo (1).

Colexiado: Pola non comparecencia do colexiado, dirixiu o encontro un afeccionado do Furia.

Incidencias: Bastante público, nunha mañán moi fría. Notouse que era un derbi.

Primeiro encontro, e para empezar un derbi. Veuse que o Furia aínda está sin rodar e que o Cordeiro ten máis fondo de banquiño. Os goles do Furia foron anotados por Samuel (2) e Álex. Este xoves, ás 17:45, xogan en Campaña, fronte ó Flavia. Sorte.

BENXAMÍNS: VAL DO ULLA-FURIA (3-1)

Alineacións:

Val do Ulla: Dani, Xabier, David, Marcos, Navia, Pablo, Pedro, Óscar, Álex, Fran, Brais, Franklin e Borja.

Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Leandro (1), Nerea (1), Xabi Domínguez (1), Toni (1), Brais (1), Franco (1) e Anxo (1).

Colexiado: Xosé Luis Miguélez. Pouco pelo.

Incidencias: Menos de 7000 persoas e moito frío.

Unha mágoa. O resultado é engañoso, porque os tres goles do Val do Ulla, foron tres regalos da defensa do Furia. Despois do tres a un o Furia embotellou, ó equipo contrario, pero a falta de tempo impediulle remontar.

O vindeiro fin de semana, descansan.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.7/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

XORNADA DO 2 E 3 DE XANEIRO-10

5 de Xaneiro de 2010 por furiaac

AFECCIONADOS: RIBASAR- FURIA (1-1)

Alineacións:

Ribasar: Jorge, José, David, Ismael, Salvador, Oscar, Daniel, Dante, Anxo, Miguel e Javier… Rafa.

Furia: Peixe (3), Paja (1), Patxi (2), Rañó (2), Nena (3),  Moncho (2),  Pincho (2),  Tito (1), Rubén (2), Perreta (1), Manolito (3)—-Nevero (1) e Santi  (1).

Colexiado: Segundo Tubío. Moi discutido o seu labor polo Furia A.C., que quedou con 9 xogadores sobre o terreo de xogo, ademais de sufrir un inexistente penalti en contra.

Incidencias: Campo dos Chans. Un barrizal no terreo de xogo e abundante público nos graderíos.

Partido moi disputado. Adiantouse o Furia cun golazo de Manolito. Puido marcar o 0-2 Perreta a porta baleira, pero non tivo sorte de cara ó gol. No tramo final do partido, o ex-xogador do Furia Anxo Pardal atopouse con balón mal despexado e marcou o gol do empate.

Máis información nos boletins horarios e na páxina do Ribasar

Este mércores xogaremos en Campaña ás 16:00 contra un histórico: o Praíña.

XUVENÍS: MILLADOIRO-FURIA (2-2)

Alineacións:
Milladoiro: Paco, Borja, Marcos, Javier, Suso, Batista, Alberto, Darío, Ismael, Adrián, Josué, Iago

Furia: Adrián Casal (3), Potel (1), Pepe (2), Pipe (2), Borja (2), Serxio (1), Brais Curiña (1), Adriánsinho (1), Pó (2), Maleko (3), Diego Fernando (1) — Adrián Santos (2)

Colexiado: Miguel Piñeiro Rial. Boa arbitraxe

Incidencias: Campo de Framán (Bugallido). Impracticable. Case 10 espectadores.

Partido moi duro, rozando o mal gusto deportivo por parte dos xogadores do Milladoiro, que máis que xogar ó fútbol adicáronse a molestar ós xogadores do Furia.

Próximo partido:  Sábado 9 ás 16:00 en Campaña contra o Callobre

BENXAMÍNS: DESCANSARON

Próximo partido: Domingo 10 ás 11:00 en Campaña fronte ó Bastavales

ALEVÍNS

Comeza a liga o vindeiro fin de semana. Os nosos estraránse o sábado ás 11:00 en Campaña co Cordeiro

BENXAMÍNS: DESCANSARON

Próximo partido: Sábado ás 15:30 en Santa Cruz de Ribadulla contra o Val do Ulla

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 9.5/10 (2 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

CEA FIN DE ANO

5 de Xaneiro de 2010 por furiaac

Aqui podemos ver ás mozas vestidas, para a ocasión, de Versace e de Carolina Herrera cada cal máis presumida.

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 8.7/10 (3 votes cast)

Posteado enResultados | No Comments »

II PARTIDO BENÉFICO

4 de Xaneiro de 2010 por furiaac

Despois do rotundo éxito deportivo, económico e social do II Partido Benéfico chegou a hora de investir o recadado en magníficas viandas que foron doadas a Cáritas en Vilagarcía. Como ven sendo habitual, os comerciantes de da praza de abastos de Padrón sumáronse á nosa iniciativa solidaria aportando o seu gran de area.

Na praza en Padrón

Coas simpáticas traballadoras de Cáritas

Bo proveito!

VN:F [1.8.0_1031]
Rating: 10.0/10 (1 vote cast)

Posteado enResultados | No Comments »

 
1996-2009 Furia A.C. Feito con wordpress por oviguan