AFECCIONADOS: FURIA-PRAÍÑA (9-0)
Alineacións:
Furia: Peixe (1), Paja (2), Patxi (2), Rañó (2), Nevero (2), Moncho (2), Ferro(3), Xabi (3), Rubén (1), Perreta (2), Tito (2)—-Pincho (1), Santi (s.p.), Flores (2), Klá (1), Manolito (2)
Praíña: Víctor, Xacobe, Borja, Xulián, Pepe, Álex, Alberto, Pedro, Víctor Manuel, Dani, Rubén—-Manolo, Marcos e Adrián.
Colexiados: Árbitro: Manuel Blanco
Árbitros asistentes: Pepe González e Rafael Vicente.
Sen nengún tipo de complicacións, como o encontro
Incidencias: Pouco público nos graderíos de Campaña, pero os que estiveron asistiron a unha goleada histórica do Furia.
Velo para crelo. Goleada escandalosa do Furia ante un equipo que na primeira volta nos goleara por 5 a cero. Parece incrible, pero o resultado foi moi xusto. O noso equipo foi unha auténtica apisonadora e non lle dou respiro ó equipo rival, que foi do peoriño que pasou por Campaña. O noso equipo realizou un xogo incluso a cachos preciosista e de moito toque. Os goles foron marcados por Tito (2), Xabi , Flores, Perreta, Paja, Ferro (2) e Manolito.
AFECCIONADOS: FURIA-CABO DE CRUZ B (4-2)
Alineacións:
Furia: Peixe (2), Pincho (2), Klá (2), Manolito (2), Nevero (1), Moncho (2), Ferro (3), Perreta (1), Xabi (3), Rubén (2), Álvaro (2)—–Nena (2), Lilu (1), Flores (1).
Cabo de Cruz B: Bernardino, Manolo, Ricardo, Amí, Admián, David, Manuel, Diego, Marcos, Óscar, Mario—-Fernández e Andoni.
Colexiado: Manuel Taboada Doval. Sen problemas, pero castigou con cartóns con máis dureza ó Furia que ós visitantes.
Incidencias: Tarde dun frío intensísimo, chegando incluso a caer folerpas de neve durante o encontro. Pode ser esa unha das razóns da pouca asistencia de público, pero o que foi animou con gañas ó equipo.
Novamente un partido grande do noso equipo. A pesar de comezar perdendo o encontro, en todo momento demostraron que eran moi superiores. Cun xogo de toque por momentos espectacular, sobre todo dirixidos por Xabi Cotón (que está nunha forma espectacular), por Moncho e tamén polo gran Manolito que nos estamos a atopar nas últimas xornadas. Dous bos estiletes polas bandas como son os xuvenís Ferro e Rubén, e cunha gran labor de todo o resto do equipo, conseguiron remontar e incluso parecía que ían volver a golear como a xornada anterior. Con goles de Rubén, Ferro (2) e Alvarito (que volvía despois da súa inxusta sanción) doblegaron a un peleón Cabo de Cruz. O camiño a seguir e ese. Sabemos que é difícil, pero hai que tentalo ata ó final. Así o vindeiro domingo ás 4 da tarde, volven a xogar na casa fronte á outro rival en teoría asequible como o Lestedo. Pero non hai que fiarse e conseguir os tres puntos en xogo. Como se comenta polos propios xogadares, outra final máis.
XUVENÍS: FURIA-CALLOBRE (1-3)
Alineacións:
Furia: Carlitos (1), Quique (1), Pepe (1), Pipe (2), Borja (1), Pascolo (1), Potel (1), David (1), Brais Kuriña (1), Malekinho (2), Adrián (1)—–Paco (1), Serxio (1) e Po (1)
Callobre: Marcos, Xoan, Adrián, Bieito, Estebo, Gabri, Iván, Serxio, Rubén, Xurxo, Miguel—-Martiño, Diego, Campos e Domínguez.
Colexiado: Francisco Piñeiro Prol. Formidable actuación, como sempre.
Incidencias: Ambiente frío nunhas bancadas moi despoboadas.
Están de capa caída. Aínda que tiveron un prometedor inicio, o equipo veuse abaixo na segunda metade. Mal van as cousas para o equipo xuvenil, que prometían moitas alegrías, pero que por unhas cousas ou outras, están comezando a defraudar a afección. O máis reseñable do encontro o gol de Pipe. Teñen que reaccionar e os chavales poden facelo. Ánimo rapaces, e a remontar o vo. O vindeiro sábado, viaxan a San Mamede, onde se enfrontarán o equipo local.
CADETES: FURIA-BASTAVALES (3-3)
Alineacións:
Furia: Adrián Casal (2), Álex Rial (1), Jonny (1), Álex Barreiro (1), Miguel (1), Adrián Santos (2), Xose (1), Dani (2), Lucas (2), Brais (2), Anxo (1)—– Samuel (2), Kevin (1).
Bastavales: Xulián, Iago, Adrián, David, Xaquín, Toni, Álex, Diego, Darío, Gabri, Estebo—-Iván, Carlos e Noia.
Colexiado: Vicente Fiel. Na súa liña.
Incidencias: Casi 20 persoas. Moito frío.
Unha vez máis, os chavales perderon dous puntos nos últimos minutos; pero hai que considerar que esta vez o resultado foi xusto; xa que na primeira metade; aínda que o Furia se adiantou cun golazo de Dani Castro, o Bastavales gozou de ata 5 ocasións clarísimas de gol. Pero unhas veces o porteiro Adrián e outras a falta de puntería, fixeron que o resultado fose así ó remate dos primeiros 45 minutos. Na segunda parte un partido de ida e volta. O Bastavales empatou, e aínda que o Furia se adiantou dúas veces máis no marcador con dous goles de Adrián Santos, o empate definitivo chegaría cun gol en propia porta do propio Adrián Santos; que facía xustiza. O vindeiro domingo descansan.
ALEVÍNS: CORDEIRO-FURIA (7-3)
Alineacións:
Cordeiro: Suso, Rubén, Jonathan, Alberto, Roberto, Bruno, Touceda, Brais, Antón, Roi, Tomás e Damián.
Furia: Borja (2), Salvador (1), Manu (2), Serxio (1), Samuel (1), Ismael (1), Brais (1), Xoan (1), Álex (1) e Anxo (1).
Colexiado: Pola non comparecencia do colexiado, dirixiu o encontro un afeccionado do Furia.
Incidencias: Bastante público, nunha mañán moi fría. Notouse que era un derbi.
Primeiro encontro, e para empezar un derbi. Veuse que o Furia aínda está sin rodar e que o Cordeiro ten máis fondo de banquiño. Os goles do Furia foron anotados por Samuel (2) e Álex. Este xoves, ás 17:45, xogan en Campaña, fronte ó Flavia. Sorte.
BENXAMÍNS: VAL DO ULLA-FURIA (3-1)
Alineacións:
Val do Ulla: Dani, Xabier, David, Marcos, Navia, Pablo, Pedro, Óscar, Álex, Fran, Brais, Franklin e Borja.
Furia: Jonathan (1), Xabi (1), Leandro (1), Nerea (1), Xabi Domínguez (1), Toni (1), Brais (1), Franco (1) e Anxo (1).
Colexiado: Xosé Luis Miguélez. Pouco pelo.
Incidencias: Menos de 7000 persoas e moito frío.
Unha mágoa. O resultado é engañoso, porque os tres goles do Val do Ulla, foron tres regalos da defensa do Furia. Despois do tres a un o Furia embotellou, ó equipo contrario, pero a falta de tempo impediulle remontar.
O vindeiro fin de semana, descansan.

