XORNADAS DO 14, 16 E 17 DE XANEIRO
AFECCIONADOS: FURIA-LESTEDO (4-1)
Alineacións:
Furia: Peixe (1), Pincho (2), Rañó (2), Nevero (2), Nena (1), Moncho (2), Ferro (2), Xabi (1), Tito (3), Manolito (2), Perreta (2)—–Paja (1), Rubén (2), Klá (1) e Patxi (2).
Lestedo: Óscar, Fernando, Xose, César, vicente, Marcos, David, Xoan, Pepe, Fernández, David—–Grela, Sebastián e Luis
Colexiado: Vicente Fiel. Sen problemas, aínda que foi moi protestado por unha bronca que lle votou a Tito, sen xeito nin maneira.
Incidencias: Pouco público en Campaña, o que se está convertindo en habitual (Ánimo afección), pero moi bullangueiro.
Suma e segue. A racha triunfal do equipo nesta segunda volta está sendo espectacular, o que fai albergar esperanzas ós afeccionados de que se poida conseguir unha remontada que sería histórica. Aínda que o xogo non foi tan espectacular como en encontros pasados, o equipo de Mac demostrou a súa amplia superioridade física, técnica e táctica sobre o Lestedo. Incluso poderíamos dicir que o resultado foi corto, xa que ós goles de Tito (2)(que onte fixo un gran encontro), Manolito (de penalti) e de Ferro puideron ser moitos máis e polo tanto conseguir outra goleada de escándalo. Pero é igual, o importante son os tres puntos. O vindeiro domingo, ás 4 e media, outra vez en Campaña, xogamos contra o Pazos. Hai que gañar e así afrontar con posibilidades reais os vindeiros encontros contra os equipos de arriba e poder loitar por todo. Ánimo rapaces que ata o rabo todo é toro.
XUVENÍS: SAN MAMEDE-FURIA (0-1)
Alineacións:
San Mamede: Santi, Dani, Alberte, Rodrigo, Diego, Pepe, Miguel, Víctor, Adrián, Rubén, Aitor—–David e Óscar.
Furia: Carlos (2), Quique (1), Pepe (2), Pipe (2), Borja (2), Adriansinho (1), Pó (0), David (1), Ferro (2), Rubén (2), Diego Fernando (1)—–Paco (1), Jonathan (0), Potel (0), Serxio (0) e Brais (s.p.)
Colexiado: Bruno Iglesias. Sen problemas. Bo chaval.
Incidencias: Pouco público.
Por fin se truncou a mala racha. Un gol de Diego Fernández devolveu ó equipo á senda da victoria. Xa era hora de saír do bache. O equipo non fixo un partido espectacular, pero si foi moi serio e práctico. Gran labor de conxunto onde o destacado foi precisamente iso: o equipo. O vindeiro sábado (con horario sen confirmar) reciben ó A Golada en Campaña. Bo rival para seguir colleitando puntos. Moita sorte.
CADETES: DESCANSARON
O vindeiro domingo ás 11 da mañá, celébrase outro gran derbi, por suposto contra o Cordeiro. Un encontro que semella vai estar moi igualado, pero que pode servir para que o equipo se afiance na terceira praza da clasificación.
ALEVÍNS: FURIA-FLAVIA (1-7)
Equipo alevín que se enfrontou ó Flavia o pasado xoves
De pé (de esquerda a dereita): Xabi -adestrador-, Ismael, Samuel, Manu, Alex, Serxio e Borja.
Aniñados (de esquerda a dereita): Brais, Anxo, Salva, Leandro, Xoan Manuel e Franco.
Faltan: Noelia e Ricardiño
Alineacións:
Furia: Borja (1), Salva (1), Manu (1), Serxio (1), Samuel (1), Ismael (1), Brais (1), Xoan Manuel (2), Álex (1), Leandro (1) e Anxo (1).
Flavia: Lucas, Noel, Marcos, Esteban, David, Xosé, Álex, Dani, Pablo e Marcos Sanmartín.
Colexiado:Rodríguez Varela. Simplón e con poucas gañas.
Incidencias: Encontro celebrado o xoves, con moito público nas bancadas.
Superioridade manifesta do equipo padronés, que se levou con xustiza os tres puntos, e que demostrou que será un dos candidatos a pelexar polos postos altos da clasificación. Os chavales loitaron o indecible, pero moitos erros tanto defensivos como en ataque fixeron que o tanteador fose tan abultado. Teñen que correxir esas pequenas cousas e así poderán conseguir mellores resultados en breve. O gol do noso equipo foi anotado por Serxio Rico. O vindeiro fin de semana descansan.
BENXAMÍNS: DESCANSARON.
A vindeira xornada desprázanse a San Mamede para medirse ó equipo local e romper unha pequena racha negativa que están atravesando. Ánimo “peques”. O partido será ás 12 da mañá.
Posteado en Resultados













